Informámosvos que das actividades ofertadas pola Anpa, non se realizaran por falta de grupo minimo as seguintes: Teatro e expresión corporal, Taller ludico en inglés para primaria, Taller infantil e Obradoiro musical.
A actividade de Taller ludico en inglés para infantil, comenzará o vindeiro martes dia 7 de outubro.
Balonman, tamén ten grupo, avisaremosvos para unificar un dia que sexa axeitado para a maioria.
Quedan pendentes Futbito e Danza Moderna
Boa fin de semana
O vindeiro martes 23 de setembro, a partir das 16;30h, a asociación de capoeira “Caposolto”, realizará un taller para nais, pais e fillos no pavillón do CEIP A Rua. Estades todos convidados a participar.
Coa finalidade de poñer en marcha as actividades extraescolares do curso 2014-2015 rogámosvos que devolvades, por medio dos vosos fill@s, o formulario debidamente cumprimentado antes do 26 de setembro, co nome do alumn@, curso e actividades xestionadas pola Anpa nas que esté interesado en participar. Os neno@s poden deixar o formulario no buzón da ANPA.
Dende a Concellería de Xuventude remitimos a información da actividade anual de Obradoiros infantís que se desenvolverán na Casa da Xuventude dende outubro de 2014 a maio de 2015.
Un ano máis os Obradoiros Infantís abren as súas portas a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos en horario de tarde, de 17.00 a 20.00 hs.