Amosando publicacións coa etiqueta Anpa A Rua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Anpa A Rua. Amosar todas as publicacións

domingo, 27 de outubro de 2019

Xunta Directiva ANPA

Ningún comentario:



Ola familias, lembramos que hoxe remata o prazo para presentar as vosas candidaturas para formar parte da Xunta Directiva da ANPA. 



- O prazo para presentar candidaturas é dende o día 18-10-2019 ata o 27-10-2019 ámbolos dous incluídos.



Todas aquelas persoas que queiran formar parte da Xunta Directiva deben presentar as súas candidaturas enviando un mail a dirección anpaarua@gmail.com incluíndo o nome completo da persoa que se presenta, teléfono e o posto polo que presenta a súa candidatura. (Presidente/a, vicepresidente/a, secretario/a, tesoureiro/a ou vogal)



- As listas provisionais das candidaturas presentadas publicaranse no colexio e a través do TokApp. Dende o 28-10-2019 ata o 06-11-2017 ámbolos dous incluídos.



- A publicación das listas definitivas será o 07-11-2019 e nun prazo de 10 días convocarase a Asemblea Xeral Extraordinaria para levar a cabo as votacións.


Animámosvos a formar parte deste gran proxecto que loita polo benestar de tódolos nosos fillos e fillas. 

Saúdos
ANPA A Rúa

sábado, 19 de outubro de 2019

Convocatoria Eleccions Xunta Directiva

Ningún comentario:

CONVOCATORIA ELECCIÓNS XUNTA DIRECTIVA



Ola familias, como sabedes cada dous anos convócanse eleccións a Xunta Directiva da ANPA tal e como establecen os nosos Estatutos.



- O prazo para presentar candidaturas é dende o día 18-10-2019 ata o 27-10-2019 ámbolos dous incluídos.



Todas aquelas persoas que queiran formar parte da Xunta Directiva deben presentar as súas candidaturas enviando un mail a dirección anpaarua@gmail.com incluíndo o nome completo da persoa que se presenta, teléfono e o posto polo que presenta a súa candidatura. (Presidente/a, vicepresidente/a, secretario/a, tesoureiro/a ou vogal)



- As listas provisionais das candidaturas presentadas publicaranse no colexio e a través do TokApp. Dende o 28-10-2019 ata o 06-11-2017 ámbolos dous incluídos.



- A publicación das listas definitivas será o 07-11-2019 e nun prazo de 10 días convocarase a Asemblea Xeral Extraordinaria para levar a cabo as votacións.




Animámosvos a formar parte deste gran proxecto que loita polo benestar de tódolos nosos fillos e fillas.

Saúdos


ANPA A Rúa

luns, 7 de outubro de 2019

ESCOLA DE FAMILIAS

Ningún comentario:



Festa histórica: A defensa da vila

Ningún comentario:

 Dende este venres día 11 ata o domingo 13, celebrarase na nosa vila a festa Histórica: A Defensa da vila, con obradoiros representacións, xogos,actuacións...
 Aqui vos deixamos o programa


Foto de A Illa dos Ratos.
Foto de A Illa dos Ratos.

venres, 7 de xuño de 2019

Mostra Artistica 2019: Obradoiros de Arte 2019 - CEIP A RUA

Ningún comentario:

FESTA FIN DE CURSO

Ningún comentario:







A ANPA A Rúa e o CEIP A Rúa agardámosvos este sábado 8 no FESTIVAL DE FIN DE CURSO cun horario de 10:00h a 16:00h.
 A continuación detallamos o programa co desenrolo da festa: 

10:00 – 11:00 ACTIVIDADES NO PAVILLÓN:

 • Exhibición das alumnas e alumnos de patinaxe do colexio grupo dos luns. Actividade das Escolas Deportivas do Concello de Cangas dirixida pola Asociación Croke Patinaxe. 

• Exhibición das alumnas e alumnos de Taekwondo do colexio. Actividade das Escolas Deportivas do Concello de Cangas dirixida polo Clube de Taekwondo Sares TKD. 

• Exhibición das alumnas e alumnos de patinaxe do colexio grupo dos martes. Actividade das Escolas Deportivas do Concello de Cangas dirixida pola Asociación Croke Patinaxe. 

• Exhibición das alumnas de Bailes latinos do noso colexio. Actividade extraescolar a cargo da Arela.

 • Exhibición dos nenos e nenas da actividade Ximnasia Acrobática. Actividade do Concello de Cangas dirixida polo Club Flic Flac

 • Os nenos e nenas da actividade de inglés lúdico de infantil interpretarán unhas cancións. Actividade extraescolar a cargo de Migueroa Ocio educativo.

 Ao remate das actividades do pavillón , a Actividade Extraescolar de Arte fará no patio un taller colaborativo para os asistentes. 

11:00 – 16:00 ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA:

 • Estreo no colexio da curtametraxe do alumnado de 6º.

 • Exposición das fotografías deste curso. 

11:00 – 13.30 Inchable resbaladeira no patio  
10:00 – 12:00 Recollida de pratos doces, pratos salgados e pratos para intolerantes e alérxicos para o concurso culinario.
 12:00 – 12:20 O xurado elixirá os pratos gañadores. 
13:30 – 14:30 Festa da escuma. Non esquezas traer roupa de baño, calzado para mollado, gafas, unha muda e unha toalla.
 13:30 Degustación dos doces e pratos do concurso culinario e aperitivo de froita fresca a continuación entrega de premios do concurso culinario.
 14:30 – 16:00 As instalacións do colexio estarán abertas para quen queira traer a comida e quedar a comer. Os alumnos e alumnas de sexto están invitados a comer como tódolos anos pola ANPA. 
Recordamos a tódolos pais/nais ou titores que os rapaces e rapazas deberán vir acompañados e que a ANPA non se fai responsable de ningún neno ou nena. 

Os horarios marcados neste programa son estimados e a ANPA non se fai responsable das posibles modificacións que puideran existir.

 AGARDÁMOSVOS!!!!!!

https://www.dropbox.com/s/2hqjfp2whiiczn2/Festival%20Fin%20de%20curso%202018-2019%20definitivo-5.20190607172323.pdf?dl=0&raw=0

martes, 4 de xuño de 2019

IV Cross popular CABO UDRA

Ningún comentario:
Aqui vos deixamos a informacion relativa ó IV Cross popular Cabo Udra que terá lugar o próximo domingo 16 de Xuño.
As inscriccións poden ser directamente no enlace antes do 12 de Xuño, ou a través do ANPA antes do 7 de Xuño, indicando nome completo, data de nacemento, curso e DNI do participante ou pai/nai.

Un saúdo.




https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1751/iv-cross-popular--cabo-udra

VI Remo Indoor Escolar

Ningún comentario:






O próximo 22 de Xuño terá lugar o VI Remo Indoor escolar organizado polo clube de Remo vila de Cangas.