o comedor


COMEDORES ESCOLARES XESTIONADOS POLO CONCELLO DE CANGAS 

CURSO 2025/26: CEIP A RÚA

  1. O Concello de Cangas finalmente asinou ca Xunta de Galiza un novo convenio para a xestión dos Comedores Escolares cunha duración de dous anos (Ata 2027). Para poder asegurar o servizo dende o inicio de curso este 8 de Setembro, o Concello elaborou un Contrato Menor (de xestión máis áxil), do cal foi adxudicataria a empresa Alimentación Saludable Galega S.L. que, polo tanto, se fará cargo deste servizo durante uns meses. Entretanto o Concello está elaborando un Contrato Maior, con novos requisitos para adxudicar o servizo de xeito definitivo ata fin do Convenio en 2027.

  2. Os comedores escolares iniciaron a súa actividade o Luns 8 de setembro de 2025.

  3. A alta no servizo realizarase a través da  aplicación COLECHEF, tanto para altas de novo alumnado como para renovacións de alumnado xa inscrito no comedor e o aplicativo no pasado curso. (VER INSTRUCCIÓNS ADXUNTAS NO PARÁGRAFE DOCUMENTACIÓN)

  4. O prezo do comedor será de 5,26 € menú/día. 

  5. O horario do comedor será de 14:30 a 16:30 horas. Para un bo funcionamento do servizo establécense as seguintes quendas de recollida:

    • 15:30 primeira quenda. As monitoras achegan ao alumnado ao portal pequeno.

    • 16:00 segunda quenda. As monitoras achegan ao alumnado ao portal pequeno.

    • 16:30 terceira e derradeira quenda. A partir desta hora o portal queda aberto para recoller ao alumnado.

  6. Cando a persoa que recolla o/a neno/a non sexa a autorizada, deberá presentar un documento que acredite a autorización correspondente. Este documento deberán presentalo tamén as familias de 5º ou 6º de Educación Primaria que autoricen ás crianzas a voltar sos a casa.

  7. Señas de información e contacto da empresa ALIMENTACIÓN SALUDABLE GALEGA: Teléfono: 630363844 / 986453040  E-Mail: info@alimentacionsaludablegallega.net

  8. Contacto da plataforma COLECHEF en caso de dúbida ou incidencia co aplicativo: soporteapp@colechef.com. Teléfono soporte app: 942420018 

MENÚS NOVEMBRO 2025



DOCUMENTACIÓN: