Amosando publicacións coa etiqueta Confederación de Anpas Galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Confederación de Anpas Galegas. Amosar todas as publicacións

martes, 25 de agosto de 2020

Manifesto ANPAS GALEGAS para o inicio Curso 2020/2021

Ningún comentario:

https://www.anpasgalegas.gal/2020/08/manifesto-de-anpas-galegas-para-o-inicio-do-curso-2020-2021/

 

MANIFESTO DE ANPAS GALEGAS PARA O INICIO DO CURSO 2020-2021

mércores, 15 de abril de 2020

martes, 20 de setembro de 2016

Solicitude de apertura dun prazo extraordinario para solicitar axudas...

Ningún comentario:

Pola orde que se mostra abaixo, a  Federación de Asociacións de Nais e Pais dos Centros Públicos de Cangas “A GAMELIÑA”, así como os demais nais e pais firmantes desta solicitude na plataforma CHANGE.ORG, consonte o exposto nos parágrafos precedentes,

SOLICITAMOS ao Conselleiro de Educación:

Que previos os trámites que correspondan,pola Conselleria se acorde abrir un prazo extraordinario para solicitar as axudas establecidas na Orde do 27 de abril de 2016,  que remate o 31 de outubro de 2016, ou no prazo dun (1)mes dende a sua publicación no DOGA.

En Cangas do Morrazo, a 17 de setembro de 2016.

SR. CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DA XUNTA DE GALICIA,  D. ALFONSO RUEDA VALENZUELA

A Federación de Asociacións de Nais e Pais dos Centros Públicos de Cangas,  con NIF 36.537.900, ante a sede do citado órgano comparece e fai constar que:

PRIMEIRO.- A Orde do 27 de abril de 2016 pola que se se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17, estableceu que:
1.- O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).
2.- O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2017. 
3.- O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2016/17, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun  (1) mes desde a formalización da matrícula.


venres, 20 de maio de 2016

Chamamento ás familias de terceiro de primaria...

Ningún comentario:
Transcribimos a carta enviada pola federación de ANPAS de Compostela, adicada a todalas familias con nen@s en terceiro de primaria, que estarán sometidas á proba "reválida" os días 24 e 25 deste mes:
"...Prezadas familias de terceiro de primaria,

Os pasados días 11, 12 e 13 de maio as familias galegas que teñen fillos e fillas en sexto de primaria decidiron masivamente que non fosen á escola eses días para non ter que facer as probas de avaliación , o que coñecemos como reválidas de sexto.
No Ensino Público, no noso, calculamos ao redor dun 80 % o número de familias de toda Galicia que tomaron esa decisión. Na nosa Federación consolidamos esa marca, a non asistencia foi exactamente do 80,72 % , e houbo moitos centros como o López Ferreiro ou o Apóstolo Santiago en Compostela, ou o colexio de Dodro ou o do Meson do Vento onde non asistiu ningún neno eses días a clase, pero os casos de non asistencia de máis do 80 % son xa a tónica xeral desas xornadas.
Agora temos por diante unha nova convocatoria de reválidas para os nenos e nenas de terceiro de primaria, os vosos fillos e fillas; a Administración pretende avalialos de competencias lingüísticas en galego e castelán, e de competencias matemáticas, queren examinalos nun día do que levan todo o ano formándose e sendo avaliados de forma continua.

mércores, 27 de abril de 2016

Carta de rexeitamento das reválidas de 3º e 6º de primaria proposta pola Confederación de ANPAS Galegas.

Ningún comentario:
Dende a Confederación de ANPAS Galegas s informa o seguinte:

"ANIMAMOS ÁS FAMILIAS A SUMARSE Á INSUBMISIÓN Á REALIZACION DESTAS PROBAS SOBRE OS NOSOS FILLOS E FILLAS, non os enviando ao colexio durante as horas, ou días, da súa realización

• Chamamos ás familias para que manifesten o seu rexeitamento, a través da presentación do escrito que se acompaña.

• Expresamos publicamente o noso rexeitamento como confederación, e invitamos a todas as federacións de ANPAS e a todas as ANPAs a que o fagan así en todos os foros que teñan ao seu alcance, páxinas web, redes sociais, taboleiros de anuncios, difusión aos seus socios,…

• Esiximos nova e constantemente a derrogación da LOMCE, non queremos esa Lei, e non pararemos de dicilo."

martes, 5 de abril de 2016

Enquisa aberta de CEAPA sobre acoso escolar

Ningún comentario:
Co fin de coñecer en maior profundidade a incidencia e gravidade dos casos de acoso escolar, así como as respostas ofrecidas tanto desde os centros educativos como desde as familias, CEAPA vai realizar un estudo interno entre as súas Confederacións, Federacións e as súas ANPAs.

Para iso, elaboramos un cuestionario anónimo a cumprimentar polas familias con distintas preguntas relacionadas sobre o acoso escolar.

I Xornada Formativa "Xestión de ANPAS" (16 de abril no Salón de Plenos do Concello de Cangas)

Ningún comentario:
Desde a Federación de ANPAS de Centros Públicos de Cangas "A Gameliña", poñémonos en contacto con vostedes para trasladarlles o programa da actividade I Xornada Formativa "Xestión de ANPAS" que imos a desenvolver o vindeiro sábado 16 de abril no Salón de Plenos do Concello de Cangas, e que terá como destinatarios/as ás nais e pais das ANPAS dos Centros de Ensino do Morrazo.
A participación na xornada e aberta e de balde, previa inscrición.
Por favor pregamos que lle deades a maior difusión posibel.

martes, 22 de marzo de 2016

II Xornadas de Igualdade e Educación organizado por FOANPAS (9/4/16)

Ningún comentario:
En Vigo no Museo do Mar. A recepción e entrega de materiais será ás 10:00. Aquí tedes o díptico cos destaques da xornada:


xoves, 29 de outubro de 2015

Xornada informativa sobre a aplicación da LOMCE (6/11/15 ás 18:30 no concello de Cangas)

Ningún comentario:

Dende a Federación de ANPAS de Centros Públicos de Cangas, damos traslado desta invitación para asistir á xornada informativa sobre a aplicación da LOMCE que imos celebrar o venres día 6 de novembro ás 18:30h no Salón de Plenos do Concello de Cangas.

Pregámosvos ao mesmo tempo, que lle deades a este evento a maior difusión posíbel para que poda chegar ao maior número de persoas interesadas.
Con esta xornada queremos seguir contribuíndo a que entre todos e todas sigamos abrindo espazos de diálogo e intercambio de experiencias para facer a maior defensa posíbel do ensino público e de calidade.
Agardamos contar coa vosa presenza.

luns, 19 de outubro de 2015

A Federación de ANPAS inclúe ao IES Rodeira...

Ningún comentario:
O pasado mércores, en reunión ordinaria da Federación de Anpas, aprobouse a solicitude de entrada do IES Rodeira na mesma. Polo tanto, as familias que teñades fillos/as nos dous centros, se queredes, con pagar unha das dúas cotas é suficiente. Por exemplo, se pagache a cota da anpa do Ceip A Rúa e tes un fillo/a no instituto, este/a xa seria socio/a da anpa do IES Rodeira, sen necesidade de ter que pagar a outra cota e viceversa.

Se alguén pagou a cota da anpa do instituto, por favor deixade unha copia do recibo no buzón da anpa, co nome do irmán/a que este cursando no cole, para ter notificación de que xa sodes socios.

Por suposto, agradecemos que paguedes a cota na anpa do cole, pois somos máis pequenos.

domingo, 14 de xuño de 2015

Web de recollida de firmas para reclamar voltar ao sistema de empréstito Universal

Ningún comentario:


"O Ensino público debe ser gratuíto, e non o será en tanto esa gratuidade non alcance á todalidade da atención que precisa a infancia e xuventude para se formar, sexan infraestruturas, sexa profesorado, sexan o material didáctico que teña que utilizar.

E a gratuidade non pode ter matices, gratuíto implica que todo o mundo ten dereito a non volver a pagar por participar do Ensino Público, xa pagamos cando tributamos, e xa o facemos dun xeito diferente segundo as nosas rendas porque teoricamente os impostos gravan dun xeito progresivo"...

martes, 19 de maio de 2015

Reunión informativa sobre a reválida de 3º (21/05/15 ás 17horas)

Ningún comentario:
ESTIMADAS FAMILIAS:

Dende a Federación de ANPAS A Gameliña (ANPAS de A RÚA, CASTRILLÓN, ESPIÑEIRA, O HIO, NAZARET, SAN ROQUE e MARÍA SOLIÑO) convocamos a tódolos nais e pais a unha reunión informativa sobre a REVALIDA DE 3º.

No comedor do CEIP Nazaret o Xoves 21 de maio as 17 horas.

Contaremos coa asistencia dos representantes en materia de educación dos sindicatos STEG e CIG.

Dada a IMPORTANCIA do tema a tratar rogamos a asistencia de tod@s.

Un cordial saúdo.

domingo, 17 de maio de 2015

Campaña de recollida de firmas para rexeitamento da reválida (Confederación de Anpas Galegas)

Ningún comentario:

"...A Confederación ANPAS GALEGAS oponse á realización da Reválida de 3º de Primaria (27 e 28 de maio) e apoia calquera decisión das familias que exprese o seu rexeitamento a esta proba, mesmo a de non enviar aos seus fillos e fillas ao colexio nos días nos que se programe...." (premede aquí para seguir lendo...).

mércores, 29 de abril de 2015

I XORNADA DE CONVIVENCIA da comunidade escolar (ANPAS, nais, pais, nenos/as, mestres/as, etc) (8, 9 e 10 de Maio)

Ningún comentario:
Adxúntase información da I Xornada de convivencia que organizamos para os días 8, 9 e 10 de maio, en Patos -Nigrán, estades convidados así que se  algún/ha quere asistir, contactade con Foanpas.

Un saúdo
FOANPAS


venres, 3 de outubro de 2014

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca unha concentración o 8 de outubro diante da Consellaría de Educación

Ningún comentario:
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público acordou convocar unha concentración para o próximo 8 de outubro en Santiago ás 11:horas, diante da Consellaría de Educación, contra os recortes e para pedir unha maior dotación de profesorado nos centros.

xoves, 13 de marzo de 2014

A LOMCE pretende que haxa colexios A, B, C, e Z

Ningún comentario:
A Confederación de Anpas Galegas está en contra do sistema de elección dos directores dos centros educativos que recolle a LOMCE. Segundo o colectivo, "se lle dean as voltas que se lle dean, a realidade é que a administración educativa vai nomear a máis do 50% dos electores do director. Eso é tanto como escoller o director directamente". Así o explicaba nunha entrevista este mércores en Radio Obradoiro o vicepresidente de Anpas Galegas.