martes, 5 de maio de 2026

6M - Mobilizacións de toda a comunidade educativa galega, MÉRCORES 6 DE MAIO ÁS 19.00h, Praza do Concello, Cangas


 

6M - Mobilizacións de toda a comunidade educativa galega.

En loita polo ensino público galego.

O mércores 6 de maio ás 19h dende a Praza do Concello de Cangas toda a comunidade educativa encherá as rúas mostrando a unidade e transversalidade necesarias para loitar polo ensino público e mudar a realidade que se vive nas aulas dos centros educativos. O mesmo tempo que en Cangas levaranse a cabo mobilizacións en máis de 20 localidades repartidas por todo o territorio galego.

Convocan numerosos colectivos, como son a  Federación de ANPAS A Gameliña, FANPO, FAVALMI, FOANPAS, Federación de ANPAS Redondela, Federación de ANPAS provincial de A Coruña outras Federacións de ANPAS comarcais, as ANPAS de varios centros, as Asembleas Abertas do Ensino Público, sindicatos de profesorado (CIG, CUT, STEG, Solidariedade Obreira e CNT) e sindicatos de estudantado (Fervenza e Erguer) así como outros colectivos como AGOEP e NEG.

Animamos a todas as persoas a acudir a esta manifestación na loita polo ensino das nosas crianzas.
Podedes acompañar con carteis, tambores ou o que queirades para que as nosas reclamacións sexan escoitadas.

Ningún comentario: