asociarse

¿Como fago socia á miña familia?   


Se o prefires, podes descargar a Solicitude de inscrición á Afa A Rúa e enviarnos a imaxe (fotografía / escaneo) á nosa dirección de correo: afa.arua@gmail.com

  • A cuota anual para o curso 25/26 é de 18€ por familia, que se abona mediante transferencia bancaria na conta do BANCO SANTANDER con número: ES36 0049 7823 02 2910029753.  Tende en conta que cambiamos de sucursal e número de conta, para que vos fixedes os que xa teñades feito pagos os anos previos.
  • CONCEPTO: Cuota Familia Apelido-1 Apelido-2 (apelidos do/a alumno/a).
  • AINDA QUE VOS TEÑADES ASOCIADO ANOS PREVIOS LEMBRADE QUE CADA ANO É NECESARIO PAGAR UNHA NOVA COTOA E ENCHER UN NOVO FORMULARIO DE INSCRICIÓN.

 

 
Aviso:
 As familias que teñan fill@s escolarizados noutros centros incluídos na Federación de ANPAS Galegas realizarán un único pago. 
    Aínda que o pago non se realice no CEIP A Rúa, deberán cubrir igualmente a folla de inscrición e achegar o xustificante bancario para poder contabilizalos como socios/as. 

                                 ¿Por qué é importante facerse socio?

    Para facer comunidade.
    Para poder manter e aumentar presenza na vida escolar da nosa cativada, non só como observadores senón como partícipes.
    En moitos casos, como no das subvencións, que nos permiten como AFA levar a cabo moitas actividades, obradoiros.... o número de familias socias é un aspecto importante no baremo final de puntuación que decide se estas axudas nos chegan ou non....