martes, 5 de maio de 2026
OBRADOIRO PRÁCTICO DE EMERXENCIAS DOMÉSTICAS PARA FAMILIAS, XOVES 7 MAIO de 17.30h a 19.30h
👉 O vindeiro XOVES 7 DE MAIO de 17.30h a 19.30h na Biblioteca da escola terá lugar:
➡️ OBRADOIRO PRÁCTICO DE EMERXENCIAS DOMÉSTICAS PARA FAMILIAS ⬅️
¿Saberías qué facer ante unha emerxencia na casa?
Algunha vez tiveches que curar unha ferida "fea"?
¿Sabes cómo reaccionar se a túa crianza se atraganta ou se queima na cociña?
Ás veces, uns segundos de calma e saber qué facer marcan toda a diferenza.
Dende a AFA A Rúa queremos convidarvos a un obradoiro práctico e esencial para todas as familias.
Aprenderemos a actuar ante:
- Hemorraxias e queimaduras.
- Atragantamentos.
- Perdas de coñecemento.
- Como chamar a emerxencias e protocolo PAS.
- Repaso de RCP.
- E moitas outras cousas mais...
👉 Imparte: Borja Barranco
Contaremos coa sorte de aprender dun gran profesional. Borja é Enfermeiro e Técnico de emerxencias con 25 anos de experiencia, voluntario en Cruz Vermella e Protección Civil, e instrutor oficial de Primeiros Auxilios e RCP...
👉 Inscrición: Non é preciso inscribirse, só vir con ganas de aprender!
6M - Mobilizacións de toda a comunidade educativa galega, MÉRCORES 6 DE MAIO ÁS 19.00h, Praza do Concello, Cangas
6M - Mobilizacións de toda a comunidade educativa galega.
En loita polo ensino público galego.O mércores 6 de maio ás 19h dende a Praza do Concello de Cangas toda a comunidade educativa encherá as rúas mostrando a unidade e transversalidade necesarias para loitar polo ensino público e mudar a realidade que se vive nas aulas dos centros educativos. O mesmo tempo que en Cangas levaranse a cabo mobilizacións en máis de 20 localidades repartidas por todo o territorio galego.
Convocan numerosos colectivos, como son a Federación de ANPAS A Gameliña, FANPO, FAVALMI, FOANPAS, Federación de ANPAS Redondela, Federación de ANPAS provincial de A Coruña outras Federacións de ANPAS comarcais, as ANPAS de varios centros, as Asembleas Abertas do Ensino Público, sindicatos de profesorado (CIG, CUT, STEG, Solidariedade Obreira e CNT) e sindicatos de estudantado (Fervenza e Erguer) así como outros colectivos como AGOEP e NEG.
Animamos a todas as persoas a acudir a esta manifestación na loita polo ensino das nosas crianzas.
Podedes acompañar con carteis, tambores ou o que queirades para que as nosas reclamacións sexan escoitadas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

