
Informámosvos que o 16 do 10 deste mes, presentóuse por rexistro unha instancia no Concello de Cangas expoñendo certas deficiencias do noso cole que requiren un arranxo máis pronto que tarde. Este requerimento está relacionado con outra instancia xa depositada, tamén por rexistro, e transmitida en persoa ao concellal Xoán Carlos Chillón Iglesias.
As deficiencias atopadas son:
- Señalización zona escolar.
- Desescombro aparcadoiro.
- Repintado pasos peóns
- Reparación parque infantil.
- Colocación de canastas de Baloncesto.
- Limpeza de beirarúas.
Coa base do documento aprobado no Consello Escolar do CEIP A Rúa, a ANPA do CEIP A Rúa, a A.VV. "Santo Domingo da Pedreira" e a A.VV. "Fonte de Cornilló" acordamos exixir ás Administracións competentes a realización dunha reforma integral do patio deste colexio.
A raíz da reunión extraordinaria do día 16/09/14, suxeríronse unhas reformas que se consideran necesarias. 
