ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E AULA MATINAL


Actividades extraescolares no CEIP A RÚA. 

        Dende a AFA A RÚA somos moi conscientes da importancia da actividades extraescolares para o alumnado e as súas familias a todos niveis:
  • Axudan á conciliación das familias.
  • Permiten vivir o centro de forma máis lúdica e diferente.
  • Fomentan a relación entre alumando de diferentes cursos.
  • Amplían e diversifican a ensinanza vital (artística, deportiva, contacto ca natureza e a contorna...).
        E por este motivo colaboramos e colaboraremos sempre na posta en marcha destas actividades todos os anos con esforzo e cariño.
        Porén para dotar esta colaboración do marco que precisaba, xa dende o ano pasado tanto a proposta inicial como a aprobación do horario definitivo se fai no Consello Escolar do Centro. En "outras informacións importantes" podedes atopar enlace a un documento explicativo de cómo se organiza formalmente a posta en marcha das actividades extraescolares no noso centro.

        As extraescolares no noso centro están en marcha dende o 1 de Outubro e, según a empresa, poderán desenvolverse ata o final do curso, o 19 de Xuño.

    Tedes a continuación o horario das actividades que teñen grupo constituído, para aquelas persoas interesadas en realizar incricións a partir deste momento, porse en contacto directamente cos monitores de actividade, eles pasarán directamente a inscrición.
    Todas as actividades teñen todavía prazas excepto música e movemento e xardinería, que teñen os cupos completos.

OFERTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2025/2026

Premendo no enlace obterás as seguintes informacións:
- Calendario semanal.
- Breve descrición das actividades
- Alumnado para o que se oferta.
- Prezos.


Horarios Definitivos Extraescolares 2025/2026 

     











______________________________________________

Outras Informacións Importantes:



______________________________________________

Aula Matinal Curso 2025/2026

    O servizo da aula matinal está en funcionamento todos os días lectivos a partir das 08:00.  Existe a posibilidade, se hai máis de 3 familias que o demandan, dunha quenda especial ampliada de dúas horas (de 7:30 a 9:30).
 
    Presta o servizo a empresa DOBLE ERRE EDUCA 

    Para solicitar praza ou calquer consulta sobre o servizo
  • Por whatsapp no teléfono 694.23.03.00.
  • Por correo electrónico: dobleerrecreaciones@gmail.com.