luns, 16 de novembro de 2020
luns, 2 de novembro de 2020
Obradoiro radio onda feminista
Ola Familias!
sábado, 31 de outubro de 2020
domingo, 25 de outubro de 2020
Subnvención Igualdade ANPA A RÚA
A ANPA A RÚA obtivo uha axuda económoca dede 3772 eur destinada a actividades de promoción da igualdade e de prevención e loita contra a violencia de xénero, financiada pola secretaría Xeral da Igualdade da XUnta de Galicia en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero. Polo cese imprevisto do curso pasado debido á actual pandemia do COVID-19 as actividades aprazáronse a este novo curso e levaranse a cabo durante os meses de Outubro e Novembro de manera telemática. Achegamosun resumo das actividades que forman parte do proxecto.
A Asociación AGAREXO comezará o obradoiro de onda feminista co alumnado de forma telemática o próximo luns 26 de outubro.
Iremos informando das diferentes actividades a través do facebook do ANPA e do blog do cole.
Saúdos
ANPA A RÚA
https://drive.google.com/file/d/1ImguUlL78fGkRgCMRdZwrCW-PxkqdEU1/view?usp=sharing
xoves, 10 de setembro de 2020
mércores, 9 de setembro de 2020
luns, 31 de agosto de 2020
Convocatoria asamblea Extraordinaria o 2 de Setembro
Ola familias:
O vindeiro Mércores 2 de setembro celebrarase unha Asamblea xeral Extraordinaria ás 19:00H en primeira convocatoria e ás 19:30H en segunda convocatoria.
A orde día será o seguinte:
1- Explicación da situación actual: Protocolo da Consellería de Educación, e a imposibilidade de levar a cabo as extraescolares e a aula matinal. Asistirá á asamblea o equipo directivo do CEIP a rúa para contarnos un pouco máis da implantación do protocolo do noso cole.
2- Petición para saber se as familias secundarían unha folga, non enviando ás crianzasá clase mentras non se cumplan uns mínimos sanitarios, para que así poidamos evitar ó máximo posible futuros contaxios.
3- Rogos e preguntas.
Debido á pandemia actual do COVID-19 nos reuniremos no campo de fútbol do colexio.
Porfavor, acudide tod@s con máscara e mantendo sempre as distancias de seguridade.
Agardámosvos a tod@s!!
ANPA A RÚA
xoves, 27 de agosto de 2020
INFORMACIÖN COMEDORES
INFORMACIÓN SOBRE APERTURA DE PRAZO PARA PREINSCRICIÓN 2020-2021 DOS COMEDORES ESCOLARES XESTIONADOS POLO CONCELLO DE CANGAS.
Debido a situación actual por mor da pandemia da COVID-19, e tendo en conta o protocolo da Xunta de Galicia, a capacidade dos comedores escolares pode reducirse, polo que nalgún caso podería contar con dobre quenda de comida (priorizando na 1ª quenda os escolares de infantil e primeiros cursos de primaria) .
Tendo en conta as posibles solicitudes de comedor e as restricións que poden derivarse da situación sanitaria, é posible que se restrinxa o número de usuarios/as do comedor polo que de ser necesario estableceranse uns criterios de admisión. En todo caso terán a praza garantida o alumnado con beca (axuda de comedor) e preferencia as familias nas que traballen as persoas responsables legais do menor no horario de comedor. No caso de que haxa máis solicitudes que prazas dispoñibles, poderanse acordar o establecemento doutros criterios de admisión.
As solicitudes entregadas en prazo e forma e que non obtiveran praza quedarán en lista de agarda ata que se produza unha vacante. Admitiranse as solicitudes fora deste prazo e durante o resto do curso, pero neste caso, a admisión no comedor escolar estará condicionada a existencia de prazas vacantes. En todo caso terán preferencia as solicitudes presentadas no prazo establecido.
Todas estas medidas estarán vinculadas a evolución da pandemia, e as directrices que marquen as autoridades sanitarias e educativas, que poderán chegar incluso a suspensión do servizo.
1.- Centros escolares:
Ceip A Rúa, Ceip Espineira-Aldán, Ceip Hio, Ceip Nazaret
2.- Prazo :
O prazo de presentación de solicitudes de preinscrición será entre o 26 de agosto e o 3 de setembro.
Presentarase a correspondente solicitude (Anexo I). Neste momento non será necesario achegar ningunha documentación complementaria. O concello de Cangas poderá requirir as familias a presentación daqueles documentos que sexan necesarios para verificar o cumprimento dos criterios de admisión.
Toda a información así como o formulario de solicitude estará dispoñible na páxina web do concello de Cangas.
Ademais poderán enviarse as solicitudes de información ao correo ensino@cangas.gal.
martes, 25 de agosto de 2020
Manifesto ANPAS GALEGAS para o inicio Curso 2020/2021
https://www.anpasgalegas.gal/2020/08/manifesto-de-anpas-galegas-para-o-inicio-do-curso-2020-2021/
MANIFESTO DE ANPAS GALEGAS PARA O INICIO DO CURSO 2020-2021
by ANPAS GALEGAS · 19 Agosto, 2020
A necesidade de dar resposta ás demandas das familias galegas diante das erroneas instrucións da consellaría de educación, móvenos a publicar este Manifesto de mínimos sobre como debe ser a Escola que acolla ás nosas fillas e fillos a partires do 10 de setembro próximo.
As ANPA, dende marzo deste ano temos outra función inesquecíbel que se ven sumar ás que xa tiñamos de noso: traballar por un Ensino seguro no que se poidan desenvolver o resto dos valores que o Ensino Público achega ás nosas crianzas: equidade, igualdade, non discriminación, atención á diversidade, inclusión e, ,por suposto, formación completa en contidos e valores democráticos e participativos.
Este manifesto ten que saír xa á luz, á vista da evolución da enfermidade e da inacción da nosa clase dirixente, pero está aberto ás adhesións doutros membros da comunidade educativa, coma xa o fixeron prontamente Nova Escola Galega, o Colexio de educadoras e educadores sociais de Galicia, ou a Federación de Anpa de Moaña. Agardamos que se veñan sumando outros colectivos interesados no mellor Ensino Público Galego posíbel.
É un manifesto longo, no que cómpre destacar a esixencia de mantermos o 1,5 metros de distancia de seguridade en todas as circunstancias e ámbitos, o dereito a excluír da obrigatoriedade de asistencia a clase a aquel alumnado que estea en situación de risco, ou que conviva con persoas nesta situación; ou a reclamación de que este difícil principio de curso non faga esquecer que o curso pasado rematou falsamente, e que hai que retomar as circunstancias e os contidos que quedaron parados o 13 de marzo pasado.
Facendo clik na seguinte ligazón podedes ler o manifesto completo Manifesto ANPAS GALEGAS 14 agosto 2020
martes, 28 de xullo de 2020
martes, 16 de xuño de 2020
Enredos de verán 2020
xoves, 21 de maio de 2020
Fondo solidario, Axudas de libros e material escolar

Fondo solidario, Axudas de libros e material escolar.
venres, 15 de maio de 2020
Matricula escolas infantís
¡¡Abre o prazo de matrícula para o curso 2020/21 nas escolas infantís públicas autonómicas e nas prazas concertadas!!
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/48930/mana-abre-prazo-matricula-para-curso-202021-nas-escolas-infantis-publicas-autonomicas?
martes, 12 de maio de 2020
¿Cantamos?
Deixamosvos aqui o link á web desde onde podedes descargar o meu libro "Cantamos?". contos e cancions ilustradas, apoiadas con pictogramas, para compartir coas familias."
Agradecido , quedo á vosa disposición.
Unha forte aperta
Luis Vallecillo.
https://lvallecillo.com/es/cantamos-quedate-en-casa-2/
luns, 11 de maio de 2020
Proceso admision alumnano DOG
Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado de 2º ciclo de educación infantil, primaria, educación secundaria obligatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021:
- Solicitude de praza para o vindeiro curso: Do 11 de Maio ao 18 de Maio de 2020. Isto é para o alumnado novo, quen cambia de centro.
- Formalización da matricula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 de Xullo de 2020.
- Formalización da matricula ordinaria en educación secundaria obligatoria e bacharelato: do 1 Xullo ao10 de Xullo. Prazo extraordinario do 1 ao 10 de Setembro de 2020
Tamen se recolle que nos centros de ensino a partires do 11 de Maio ten que haber persoal adminitrativo, de dirección, titores..., de xeito que xa poidan facer os trámites de admisión, chamar pra solventar dúbidas...
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200506/AnuncioG0244-050520-1_gl.html
domingo, 3 de maio de 2020
Departamento Orientacion do Cole: Propostas
PROPOSTAS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
xoves, 30 de abril de 2020
Directrices Conselleria de Educacion















