Amosando publicacións coa etiqueta presentacion. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta presentacion. Amosar todas as publicacións

mércores, 24 de xaneiro de 2018

Comunicado de presentación do novo equipo directivo da nosa ANPA 2017/2018

Ningún comentario:
Estimadas familias,
Como todos sabedes, o día 14/1/17 renovouse a Xunta Directiva da Anpa A Rúa, e a modo de presentación, invitámosvos a participar nas actividades e proxectos que se van a levar a cabo.
Somos un grupo de nais e pais comprometidos coa educación dos nosos fillos e coa mellora da comunidade educativa en xeral. O actual Equipo Directivo, está formado por 16 membros, e comezamos esta nova etapa con moito ánimo e ilusión.
Dicir que sen a colaboración dos socios os nosos proxectos carecerían de sentido, xa que as apartacións de todos os socios, tanto en axuda humana como económica (15 €/ anuais/familia), fan que todo isto sexa posible.
Como mostra, indicar que a Festa de Fin de Curso e o Cross Escolar supoñen un grande esforzo humano e económico, do cal se benefician todas as familias do cole (tanto socios coma non socios).
Aproveitamos a ocasión, para agradecer:
  • A dirección do centro e o profesorado, así coma a todo o persoal non docente, pola súa colaboración.
  • A Xunta Directiva cesante, que facilita a transición e nos aporta a súa experiencia.
  • A todas as familias que forman parte da Anpa, e a todas as persoas que colaborar cando se solicita a súa axuda.
Como conclusión, queremos animar a todas as familias do cole, a PARTICIPAR DESTA ASOCIACIÓN, xa que así todos poderemos beneficiarnos da súa actividade, sendo máis xusto para todas as familias.
Un saúdo ,

A Xunta Directiva, Anpa a Rúa

domingo, 21 de xaneiro de 2018

Presentación da nova Xunta Directiva 2017 / 2018

Ningún comentario:

Estimadas familias,

Como todos sabedes, o día 14/11/17 renovouse a Xunta Directiva da Anpa A Rúa. Somos un grupo de nais e pais comprometidos coa educación dos nosos fillos e coa mellora da comunidade educativa en xeral. O actual Equipo Directivo, está formado por 16 membros, comezando esta nova etapa con moito ánimo e ilusión:
  • Presidenta: Iris Cordeiro
  • Vicepresidenta: Cristina Martínez
  • Secretaria: Carol Estival
  • Tesoureira: Sandra Martínez
  • Vogais: Belén Puime, Isabel Rodríguez, María Fernández, Angela Santomé , Marian Garrido , Gonzalo Martínez , Milagros Chapela, Iria Grandal, Beatriz Fernández, Eva Pereira, Pablo Otero, Paula Fajardo.
     Un saúdo.