Amosando publicacións coa etiqueta CEIP a Rua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CEIP a Rua. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de marzo de 2021

COÑÉCENOS! CEIP A RÚA

Ningún comentario:

Admisión curso 2021/2022

Xa se poden facer as solicitudes de admisión nos Centros de Educación Infantil e Primaria. Coma este ano por mor da Covid non se van poder levar a cabo as xornadas de portas abertas os centros prepararon unha visita virtual para darse a coñecer. 

Neste link poderedes coñecer máis sobre o noso cole CEIP A Rúa:  

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiparua/?q=node/161




Saúdos,

ANPA A Rúa


domingo, 22 de novembro de 2020

Proxecto "CAMBIEMOS A NARRATIVA"

Ningún comentario:

 PROXECTO “CAMBIEMOS A NARRATIVA”

 

Dentro das actividades incluídas no programa “Educando en Igualdade dende a afectividade” que dende a ANPA A Rúa presentamos á convocatoria de subvencións de actividades de promoción da igualdade da Xunta de Galicia, contamos durante varias semanas co traballo da Asociación AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social). AGARESO levou a cabo un traballo a través de medios telemáticos co alumando de 5º e 6º, así como a través dun obradoiro exclusivo para familias e profesorado “obradoiro de radio Onda Feminista”.

 

Como froito deste traballo durante estas semanas elaborouse unha Guía didáctica que poderemos utilizar a partir de agora tanto dende o cole como dende a ANPA e que recolle todo o traballo levado a cabo durante todas estas sesións. Esta guía didáctica dixital permitirá que o propio profesorado ou a ANPA poidamos poñer en práctica este tipo de actividades no futuro pola nosa conta.

 

Dentro desta guía atoparedes xoias, como estas dúas cuñas de radio que o propio alumnado de 5º e 6º de primaria do noso cole creou  para presentarlle ao resto da comunidade educativa o aprendido no proceso.

 

Cuña 5º de primaria

https://drive.google.com/file/d/1N69DmMkkQftZSCeRKzwjsRUNXbwSj_WS/view?usp=drivesdk

Cuña 6º de primaria

https://drive.google.com/file/d/1N9RNJqFepgf8XWYtHYNLPn6npetmx02N/view?usp=drivesdk

 

IMPORTANTE: estas dúas cuñas emitiranse na SER de Pontevedra a partir do luns 23 de novembro. Emitiranse todos os días ata o día 30 de novembro. Este lúns colgaremos no noso facebook a información dos horarios nos que se emitirán estas pezas radiofónicas.

 


Moitas grazas a AGARESO, ó alumnado, ó profesorado e ás nais e pais que participaron nestas actividades  e proxecto.  

 

domingo, 25 de outubro de 2020

Subnvención Igualdade ANPA A RÚA

Ningún comentario:


    A ANPA A RÚA obtivo uha axuda económoca dede 3772 eur destinada a actividades de promoción da igualdade e de prevención e loita contra a violencia de xénero, financiada pola secretaría Xeral da Igualdade da XUnta de Galicia en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero. Polo cese imprevisto do curso pasado debido á actual pandemia do COVID-19 as actividades aprazáronse a este novo curso e levaranse a cabo durante os meses  de Outubro e Novembro de manera telemática. Achegamosun resumo das actividades que forman parte do proxecto.

   A Asociación AGAREXO comezará o obradoiro de onda feminista co alumnado de forma telemática o próximo luns 26 de outubro.

   Iremos informando das diferentes actividades a través do facebook do ANPA e do blog do cole.

Saúdos 

ANPA A RÚA


 https://drive.google.com/file/d/1ImguUlL78fGkRgCMRdZwrCW-PxkqdEU1/view?usp=sharing

luns, 31 de agosto de 2020

Convocatoria asamblea Extraordinaria o 2 de Setembro

Ningún comentario:

 Ola familias:

 O vindeiro Mércores 2 de setembro celebrarase unha Asamblea xeral Extraordinaria ás 19:00H en primeira convocatoria e ás 19:30H en segunda convocatoria.

A orde día será o seguinte: 

1- Explicación da situación actual: Protocolo da Consellería de Educación, e a imposibilidade de levar a cabo as extraescolares e a aula matinal. Asistirá á asamblea o equipo directivo  do CEIP a rúa para contarnos un pouco máis da implantación do protocolo do noso cole.

2- Petición para saber se as familias secundarían unha folga, non enviando ás crianzasá clase mentras non se cumplan uns mínimos sanitarios, para que así poidamos evitar ó máximo posible futuros contaxios.

3- Rogos e preguntas.

Debido á pandemia actual do COVID-19 nos reuniremos no campo de fútbol do colexio. 

Porfavor, acudide tod@s con máscara e mantendo sempre as distancias de seguridade.


Agardámosvos a tod@s!!


ANPA A RÚA

martes, 16 de xuño de 2020

Enredos de verán 2020

Ningún comentario:





Enredos de verán 2020

Do 6 de xullo ao 28 de agosto.
O Concello de Cangas dada a situación de excepcionalidade con motivo da pandemia do coronavirus COVID-19 e co fin da dar resposta ás necesidades de conciliación das familias, pretende que este ano o programa Enredos de Verán vaia dirixido preferentemente as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar.
Enlace:

domingo, 3 de maio de 2020

Departamento Orientacion do Cole: Propostas

Ningún comentario:

PROPOSTAS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Aqui vos deixamos o enlace do blog do cole coas propostas que oferta o departamento de orintación:

Horarios Saídas

Ningún comentario:
Foto de Concello de Cangas do Morrazo.

xoves, 19 de marzo de 2020

PAUTAS E RECOMENDACIÓNS PARA AS FAMILIAS DURANTE A SITUACIÓN DE ILLAMENTO POLO CORONAVIRUS COVID-19

Ningún comentario:
https://drive.google.com/file/d/1Nn4MgWK3EIeTquAWf3Edbr6EZw1o5vfI/view



   Aquí vos deixamos as pautas e recomendacións elaborados polo equipo de orientación do cole.
Tamén podedes atopar no blog do cole os enlaces coas distintas actividades elaboradas pol@s titores dos distintos cursos.
http://ceiparua.blogspot.com/

Un saudo 
 a ANPA

martes, 25 de febreiro de 2020

Solicitude admision curso 2020/2021

Ningún comentario:
Do 1 ao 20 de marzo terá lugar o periodo de matriculación nos centros públicos de infantil e priemaria do Concello de Cangas.
Aqui vos deixamos toda a información:

https://cangas.gal/portal-cidadan/noticia/gl/724



Foto de Concello de Cangas do Morrazo.


domingo, 9 de febreiro de 2020

HORTA do Cole

Ningún comentario:
Ola!
Un grupo de pais e nais vanse reunir para poñer en funcionamento a horta do cole, tod@s aqueles que queirades  participar neste proxecto,  podedes acudir tódolos sábados a partires das 16:30h na horta do cole.
Un saúdo

ANPA A RÚA.

Exposición

Ningún comentario:
Foto de ANPA A Rúa.

luns, 23 de decembro de 2019

BOAS FESTAS

Ningún comentario:
Foto de ANPA A Rúa.


Dende o ANPA desexámosvos unhas Felices Festas e un aninovo 2020 cheo de grandes sorpresas e felicidade!!!

saúdos 
ANPA A RÚA