Prezadas familias,
Como nos últimos anos a comunidade educativa do CEIP A RÚA elaborará o seu Maio 🌿🌺🌸
👉 O PRIMEIRO: MONTAR A ESTRUTURA: solicitamos colaboración para o vindeiro Mércores 29 de Abril de 16:30 a 18:00.
👉 O SEGUNDO: RECOPILAR ORNAMENTOS:
Fiúncho, flores, xestas e demáis que traeremos ó cole os días 29 e 30 de Abril.
👉 O TERCEIRO: ENGALANAR O MAIO: O Xoves 30 de Abril, as familias que podan colaborarán co alumnado nesta fermosa tarefa de 10 a 14 horas.
👉 CUARTO.....e non menos importante...ACOMPAÑAR E PRESENTAR O NOSO MAIO na Romaría do Fausto:
O Sábado 2 de Maio.
🚶♂🚶🚶♀PERCORRIDO🚶♂🚶🚶♀
16.00h Ceip A Rúa, O Cañoto, A Cruz, As Gruncheiras, Os Barreiros, A Retirosa, A Videira, Mundiñeiro, Camiño da Raposa, A Rosada e
17.00h O muíño de Fausto
Quen queira pode vir acompañada dun instrumento tradicional para amenizar o percorrido🥁🪈🎼.
⏰O roteiro ten unha duración aproximada de 45 minutos.⏰
Agardámosvos!!!


