Amosando publicacións coa etiqueta Comedor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Comedor. Amosar todas as publicacións

xoves, 27 de agosto de 2020

INFORMACIÖN COMEDORES

Ningún comentario:

INFORMACIÓN SOBRE APERTURA DE PRAZO PARA PREINSCRICIÓN 2020-2021 DOS COMEDORES ESCOLARES XESTIONADOS POLO CONCELLO DE CANGAS.

Debido a situación actual por mor da pandemia da COVID-19, e tendo en conta o protocolo da Xunta de Galicia, a capacidade dos comedores escolares pode reducirse, polo que nalgún caso podería contar con dobre quenda de comida (priorizando na 1ª quenda os escolares de infantil e primeiros cursos de primaria) .

Tendo en conta as posibles solicitudes de comedor e as restricións que poden derivarse da situación sanitaria, é posible que se restrinxa o número de usuarios/as do comedor polo que de ser necesario estableceranse uns criterios de admisión. En todo caso terán a praza garantida o alumnado con beca (axuda de comedor) e preferencia as familias nas que traballen as persoas responsables legais do menor no horario de comedor. No caso de que haxa máis solicitudes que prazas dispoñibles, poderanse acordar o establecemento doutros criterios de admisión.

As solicitudes entregadas en prazo e forma e que non obtiveran praza quedarán en lista de agarda ata que se produza unha vacante. Admitiranse as solicitudes fora deste prazo e durante o resto do curso, pero neste caso, a admisión no comedor escolar estará condicionada a existencia de prazas vacantes. En todo caso terán preferencia as solicitudes presentadas no prazo establecido.

Todas estas medidas estarán vinculadas a evolución da pandemia, e as directrices que marquen as autoridades sanitarias e educativas, que poderán chegar incluso a suspensión do servizo.

1.- Centros escolares:

      Ceip A Rúa, Ceip Espineira-Aldán, Ceip Hio, Ceip Nazaret

2.- Prazo :

     O prazo de presentación de solicitudes de preinscrición será entre o 26 de agosto e o 3 de setembro.

Presentarase a correspondente solicitude (Anexo I). Neste momento non será necesario achegar ningunha documentación complementaria. O concello de Cangas poderá requirir as familias a presentación daqueles documentos que sexan necesarios para verificar o cumprimento dos criterios de admisión.

Toda a información así como o formulario de solicitude estará dispoñible na páxina web do concello de Cangas.

Ademais poderán enviarse as solicitudes de información ao correo ensino@cangas.gal.

sábado, 1 de febreiro de 2020

Comedor: Horario de recollida

Ningún comentario:

    Para un mellor funcionamento de servizo do comedor, rogamos que se respeten os horarios de recollida d@s cativ@s.
     Ademais recordamos que ante calquer incidencia, se pode chamar ó 606812497. Así deste xeito, podemos avisar á moitoras directamente se nos imos retrasar na recollida, etc..
    Tamén vos recordamos que únicamente deixarán o neceser do aseo dental no centro, os alumnos de educación infantil.@s nen@s de primaria seguirán traéndoo e levándoo diariamente.

Un saúdo,

Menú Febreiro

Ningún comentario:









https://www.dropbox.com/s/tlsdhidzxo09qjr/BASAL%20GENERICO%20FEBRERO%2020.20200131135238.pdf?dl=0

venres, 6 de decembro de 2019

luns, 4 de novembro de 2019

sábado, 5 de outubro de 2019

Menú Mes Outubro

Ningún comentario:

   Aqui vos deixamos o menú correspondente ó mes de Outubro.
Saúdos

Foto de ANPA A Rúa.

sábado, 22 de xuño de 2019

AVISOS: COMEDOR E VALES LIBROS E MATERIAL

Ningún comentario:


Aqui vos deixamos a información sobre os comedores escolares xestionados polos concellos de Cangas para o curso 2019/2020:

                As familias que precisen o servizo do comedor o curso que vén, deberán recoller a solicitude de preinscripción en conserxería e entregala antes do 30 de Xuño ou no Centro Municipal de Benestar Social a partires do 1 de xullo.



https://www.dropbox.com/s/wdhw3y0kcfi9bcv/Preinscrici%C3%B3n%20comedores%20escolares%202019-2020.20190620115316.pdf?dl=0&raw=0

https://www.dropbox.com/s/m5oge7o2x7yqhmw/Nota%20informativa%20comedores%20escolares.20190620115235.pdf?dl=0&raw=0


Lembramos tamén os prazos para a recollida dos vales dos programas de libros de texto e axudas para material:
Do 1 ao 5 de Xullo de 11:00H a 13;00H ou do 2 ao 6 de setembro de 11:00 a 13:00H 

martes, 19 de marzo de 2019

Charla informativa Servizo de comedor

Ningún comentario:
                 Boas tardes familias, este mércores día 20 ás 18:30h terá lugar  unha reunión informativa do servizo do comedor.

O comedor é responsabilidade do Concello e as ANPAS teñen a labor de supervisar o servizo.

                 Asistirán responsables do concello que falarán da situación actual do servizo, a inmediata licitación para o vindeiro curso, número de prazas, prezos do menú... , representantes da ANPA que explicarán os controis que estamos levando a cabo... controis de temperaturas, calidade do menú, organización dentro do comedor... , a dirección do colexio e as monitoras do comedor.

                 O responsable de velar polo correcto funcionamento do comedor é o consello escolar, por este motivo, aprobáronse unhas normas de convivencia para este curso 2018/2019. Enviamos documento para o voso coñecemento e tamén hai unha copia na entrada do colexio para consultar.

 Se eres usuaria/o ou se podes chegar a selo, achégate!!!

 https://www.dropbox.com/s/6ubgcreejtkznnp/Normas_convivencia_Aprobadas.20190318123842.pdf?dl=0



Saúdos

ANPA A RÚA