martes, 5 de maio de 2026

OBRADOIRO PRÁCTICO DE EMERXENCIAS DOMÉSTICAS PARA FAMILIAS, XOVES 7 MAIO de 17.30h a 19.30h

Ningún comentario:


👉 O vindeiro XOVES 7 DE MAIO de 17.30h a 19.30h na Biblioteca da escola terá lugar:


➡️ OBRADOIRO PRÁCTICO DE EMERXENCIAS DOMÉSTICAS PARA FAMILIAS ⬅️

¿Saberías qué facer ante unha emerxencia na casa?
Algunha vez tiveches que curar unha ferida "fea"?
¿Sabes cómo reaccionar se a túa crianza se atraganta ou se queima na cociña?

Ás veces, uns segundos de calma e saber qué facer marcan toda a diferenza.

Dende a AFA A Rúa queremos convidarvos a un obradoiro práctico e esencial para todas as familias.

Aprenderemos a actuar ante:
-  Hemorraxias e queimaduras.
- Atragantamentos.
- Perdas de coñecemento.
- Como chamar a emerxencias e protocolo PAS.
- Repaso de RCP.
- E moitas outras cousas mais...

👉 Imparte: Borja Barranco

Contaremos coa sorte de aprender dun gran profesional. Borja é Enfermeiro e Técnico de emerxencias con 25 anos de experiencia, voluntario en Cruz Vermella e Protección Civil, e instrutor oficial de Primeiros Auxilios e RCP...

👉 Inscrición: Non é preciso inscribirse, só vir con ganas de aprender!

6M - Mobilizacións de toda a comunidade educativa galega, MÉRCORES 6 DE MAIO ÁS 19.00h, Praza do Concello, Cangas

Ningún comentario:


 

6M - Mobilizacións de toda a comunidade educativa galega.

En loita polo ensino público galego.

O mércores 6 de maio ás 19h dende a Praza do Concello de Cangas toda a comunidade educativa encherá as rúas mostrando a unidade e transversalidade necesarias para loitar polo ensino público e mudar a realidade que se vive nas aulas dos centros educativos. O mesmo tempo que en Cangas levaranse a cabo mobilizacións en máis de 20 localidades repartidas por todo o territorio galego.

Convocan numerosos colectivos, como son a  Federación de ANPAS A Gameliña, FANPO, FAVALMI, FOANPAS, Federación de ANPAS Redondela, Federación de ANPAS provincial de A Coruña outras Federacións de ANPAS comarcais, as ANPAS de varios centros, as Asembleas Abertas do Ensino Público, sindicatos de profesorado (CIG, CUT, STEG, Solidariedade Obreira e CNT) e sindicatos de estudantado (Fervenza e Erguer) así como outros colectivos como AGOEP e NEG.

Animamos a todas as persoas a acudir a esta manifestación na loita polo ensino das nosas crianzas.
Podedes acompañar con carteis, tambores ou o que queirades para que as nosas reclamacións sexan escoitadas.

mércores, 29 de abril de 2026

SÁBADO 2 DE MAIO ás 16.00h , LEVAR O MAIO Á ROMARÍA DE FAUSTO

Ningún comentario:

 Prezadas familias,


Como nos últimos anos a comunidade educativa do CEIP A RÚA elaborará o seu Maio 🌿🌺🌸


👉 O PRIMEIRO: MONTAR A ESTRUTURA: solicitamos colaboración para o vindeiro Mércores 29 de Abril de 16:30 a 18:00.

👉 O SEGUNDO: RECOPILAR ORNAMENTOS:
Fiúncho, flores, xestas e demáis que traeremos ó cole os días 29 e 30 de Abril.

👉 O TERCEIRO: ENGALANAR O MAIO: O Xoves 30 de Abril, as familias que podan colaborarán co alumnado nesta fermosa tarefa de 10 a 14 horas.

👉 CUARTO.....e non menos importante...ACOMPAÑAR E PRESENTAR O NOSO MAIO na Romaría do Fausto:
Sábado 2 de Maio.

🚶‍♂🚶🚶‍♀PERCORRIDO🚶‍♂🚶🚶‍♀

16.00h Ceip A Rúa, O Cañoto,  A Cruz, As Gruncheiras, Os Barreiros, A Retirosa, A Videira, Mundiñeiro, Camiño da Raposa, A Rosada e
17.00h O muíño de Fausto

Quen queira pode vir acompañada dun instrumento tradicional para amenizar o percorrido🥁🪈🎼.

⏰O roteiro ten unha duración aproximada de 45 minutos.⏰

Agardámosvos!!!

mércores, 15 de abril de 2026

OBRADOIRO XOVES 16 EMERXENCIAS DOMÉSTICAS APRAZADO!!

Ningún comentario:

🔖🔖AVISO IMPORTANTE 🔖


Sentimos comunicar que nos vemos na obriga de aprazar o obradoiro de primeiros auxilios previsto para mañá.

A persoa encargada de impartir a sesión tivo un imprevisto de forza maior que lle impide asistir.

En canto teñamos unha nova data confirmada, informarémosvos de inmediato para retomar a actividade.

Grazas pola vosa comprensión.




martes, 14 de abril de 2026

UN ANO MAIS, PARTICIPAMOS NA ROMARÍA DO MUIÑO DO FAUSTO .

Ningún comentario:

 UN ANO MÁIS.....CHEGA O DÍA E CHEGA A ROMARÍA!!!!!

E a fin de semana do 2 e 3 de Maio temos festa na veciñanza: a ROMARÍA DO MUIÑO DO FAUSTO  .

Como nos últimos anos a comunidade educativa do CEIP A RÚA participa co seu Maio
 

 O PRIMEIRO: MONTAR A ESTRUTURA: solicitamos colaboración para o vindeiro Mércores 29 de Abril de 16:30 a 18:00.
 

 O SEGUNDO: RECOPILAR ORNAMENTOS:
Nos vindeiros días recibiredes instruccións por parte do centro para recopilar fiúncho, flores e demáis....
 

 O TERCEIRO: ENGALANAR O MAIO: O Xoves 30 de Abril, as familias que podan colaborarán co alumnado nesta fermosa tarefa.
 

 CUARTO.....e non menos importante...ACOMPAÑAR E PRESENTAR O NOSO MAIO na Romaría do Fausto.
Nos vindeiros días achegaremos máis detalles sobre a andaina que sae do Ceip a Rúa o Sábado 2 de Maio e acompaña o Maio ata o muíño. 


Afinade os instrumentos tradicionais para amenizar o percorrido!!!


OBRADOIRO PRÁCTICO DE EMERXENCIAS DOMÉSTICAS PARA FAMILIAS, XOVES 16 DE ABRIL de 17.30h a 19.30h

Ningún comentario:




👉 O vindeiro XOVES 16 DE ABRIL de 17.30h a 19.30h na Biblioteca da escola terá lugar:


➡️ OBRADOIRO PRÁCTICO DE EMERXENCIAS DOMÉSTICAS PARA FAMILIAS ⬅️

¿Saberías qué facer ante unha emerxencia na casa?
Algunha vez tiveches que curar unha ferida "fea"?
¿Sabes cómo reaccionar se a túa crianza se atraganta ou se queima na cociña?

Ás veces, uns segundos de calma e saber qué facer marcan toda a diferenza.

Dende a AFA A Rúa queremos convidarvos a un obradoiro práctico e esencial para todas as familias.

Aprenderemos a actuar ante:
-  Hemorraxias e queimaduras.
- Atragantamentos.
- Perdas de coñecemento.
- Como chamar a emerxencias e protocolo PAS.
- Repaso de RCP.
- E moitas outras cousas mais...

👉 Imparte: Borja Barranco

Contaremos coa sorte de aprender dun gran profesional. Borja é Enfermeiro e Técnico de emerxencias con 25 anos de experiencia, voluntario en Cruz Vermella e Protección Civil, e instrutor oficial de Primeiros Auxilios e RCP...

👉 Inscrición: Non é preciso inscribirse, só vir con ganas de aprender!

REUNIÓN PARA A MELLORA DOS BAÑOS DO COLE, MARTES 14 ÁS 18.30

Ningún comentario:

 Benqueridas familias!


Seguimos adiante ca iniciativa de mellora do espazo dos baños do cole 🪜🧰🪛....

Así que quedades convidados ao unha reunión para tratar e organizar este tema
📌 O vindeiro martes 14 ás 18:30 na biblioteca da escola

Ideal se tedes algúnha experiencia en pintura, decoración....pero o máis importante sen dúbida ter motivación! 💪💪

👉 Se non podedes asistir a esta reunión pero estades interesadas ou interesados en colaborar podédesvos pór en contacto con nós no correo da AFA: afa.arua@gmail.com ou no correo do cole ceip.arua@edu.xunta.es.

Moitas grazas por axudarnos a facer o espazo da nosa cativada máis agradable!!

Saúdos
AFA A RÚA

sábado, 21 de febreiro de 2026

Manifestación EN LOITA POLO ENSINO PÚBLICO, mércores 25 de febreiro, ás 19.30h, diante do Concello de Cangas

Ningún comentario:

 

O 25 F as 19:30 ! A túa presenza importa! 


Vén con toda a familia e amizades, difunde e comparte.
Esto é polos nenos e nenas e polo futuro da sociedade.
Convocan : Federacióna de ANPAs ,familias e Asambleas Ensino Público do profesorado. https://asembleasensino.gal

 

Para máis información, adxuntamos o documento de demandas e reivindicacións da Federación de ANPAS A Gameliña.

 

A FEDERACIÓN DE ANPAS A GAMELIÑA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

 
Documento de demandas e reivindicacións


A Federación de ANPAS A Gameliña, en representación das familias do ensino público,
manifesta a súa firme defensa dun sistema educativo público galego universal,
inclusivo, gratuíto e de calidade, que garanta a igualdade de oportunidades para todas as
crianzas e mocidade, con independencia da súa situación económica, social ou lugar de
residencia.


Reafirmamos o noso compromiso cun ensino público forte e formulamos as seguintes
demandas prioritarias, que constitúen condicións mínimas para garantir o dereito á
educación en igualdade:


1. Atención á diversidade e ensino inclusivo
Existe un problema estrutural grave na atención á diversidade, derivado da insuficiencia
de recursos, da súa mala distribución e da ausencia dunha planificación estable e
transparente.


Demandamos:

  • Recuperación e ampliación das prazas de atención preferente, garantindo o acceso real do alumnado con necesidades educativas específicas.
  •  Creación de recursos estruturais estables, evitando que programas extraordinarios como o Plan MEGA se utilicen para cubrir carencias permanentes de persoal.
  •  Restitución dun programa de acompañamento similar ao RAOGAL, con financiamento estable, continuidade e cobertura suficiente.
  •  Dotación de recursos específicos de atención á diversidade en todas as etapas educativas, incluída a Formación Profesional básica, media e superior.
  • Cobertura efectiva das prazas de orientadores/as, PT e AL, especialmente cando asumen funcións directivas ou titorías, garantindo que non se perda atención directa ao alumnado.
  • Estabilidade do profesorado especialista (PT e AL), favorecendo a continuidade educativa do alumnado con maiores necesidades.
  • Redución das rateos de orientadores, PT e AL. Que o alumnado NEE e NEAE compute de maneira diferenciada para o establecemento das rateos por aula.
  •  Establecemento dun sistema de dotación de persoal personalizado por centro educativo, baseado no número real de alumnado con NEAE e NEE (con diagnóstico oficial ou con dificultades acreditadas), e non unicamente no volume total de matrícula.
  •  Dotación suficiente de coidadoras e persoal de apoio, respectando as funcións propias de cada perfil profesional e evitando a substitución de persoal docente especializado por persoal asistencial.
  • Transparencia plena por parte da Consellería respecto aos datos reais de necesidades educativas, recursos dispoñibles e avaliacións pendentes.
  • Desenvolvemento dun plan integral, estable e suficientemente financiado de ensino inclusivo, con criterios claros de equidade.


2. Baixada de rateos e reforzo de persoal

Os actuais rateos profesor/a–alumnado dificultan unha atención individualizada,
reducen a eficacia pedagóxica e incrementan a carga laboral do profesorado, afectando
directamente á calidade do ensino.
Esiximos:

  •  Redución real e inmediata das rateos en todas as etapas educativas.
  •  Aplicación efectiva e inmediata do acordo Xunta–sindicatos, sen implantación progresiva nin adiamentos.
  •  Baixada automática das rateos cando haxa alumnado con NEAE.
  •  Aumento do cadro de persoal para garantir a aplicación real da redución de rateos.


3. Gratuidade real e efectiva do ensino público
A educación pública debe ser verdadeiramente gratuíta, sen custos ocultos nin cargas
indirectas para as familias.
Demandamos:

- Gratuidade total e efectiva en todas as etapas educativas.

-Inclusión na gratuidade de:
o Libros de texto.
o Material escolar ordinario.
o Material específico requirido polas diferentes materias ou ensinanzas.


4. Equidade no acceso á educación
Todas as nenas e nenos deben ter dereito a unha educación de calidade sen importar a
súa contorna social, económica ou xeográfica.
Reclamamos:

  •  Recursos e apoios adaptados ás necesidades reais de cada alumnado.
  •  Igualdade efectiva no acceso aos servizos complementarios.
  •  Xestión pública directa dos servizos, garantindo equidade e calidade.


5. Transporte escolar gratuíto

  •  Gratuídade do transporte escolar tamén nas ensinanzas postobrigatorias
  • (Bacharelato e Ciclos Formativos).
  •  Implantación de liñas regulares adaptadas aos horarios de entrada e saída dos
  • IES.
  •  Garantía de acceso en igualdade de condicións, evitando discriminacións
  • económicas.


6. Comedores escolares de xestión directa

  •  Implantación de comedores escolares de xestión directa en todos os centros
  • públicos de primaria.
  •  Alimentación saudable, equilibrada e de calidade.
  •  Control público dos menús e das condicións do servizo.
  •  Igualdade nas contías económicas.
  •  Criterios sociais xustos e transparentes nas bonificacións.
  •  Igualdade de condicións entre centros de xestión directa e indirecta.
  • O comedor escolar é un servizo educativo e social esencial para garantir conciliación e
  • equidade.


7. Saúde física e mental do alumnado

  • Creación dun equipo estable de especialistas en saúde mental (psicoloxía clínica, psiquiatría infantil e xuvenil, traballo social especializado) que dea atención directa aos centros educativos.
  •  Implantación da figura da enfermeira escolar en todos os centros.
  •  Coordinación profesional específica para atender situacións de especial vulnerabilidade (protocolos por risco suicida, TCA, trastornos graves da conduta, etc.).


8. Mellora e mantemento das infraestruturas
educativas

Esiximos centros seguros, accesibles e dignos:

  •  Plans de mantemento preventivo.
  •  Investimento suficiente en rehabilitación e modernización.
  •  Eliminación de barreiras arquitectónicas.
  •  Garantía de seguridade en peches, portais, muros, patios e zonas comúns.
  •  Mantemento de cubertas, cornixas, chan, fontanaría, calefacción, placas solares e
  • baños.
  •  Espazos limpos, saudables e funcionais (limpeza, desbroces, control sanitario,
  • adaptación de aulas, ximnasios e zonas de lecer).


9. FP básica:

  •  Garantía de que a Formación Profesional Básica non funcione como un “caixón desastre” onde se derive alumnado sen os apoios necesarios, dotando estes ciclos dos profesionais especializados precisos (orientación, PT, AL e outros perfís de apoio) para atender adecuadamente ás crianzas e mocidade que os cursan, asegurando unha intervención educativa real, individualizada e inclusiva.


10. Persoal Coidador:

  • Dotación suficiente de persoal coidador en todos os centros educativos, atendendo ás necesidades reais do alumnado e garantindo cobertura inmediatadas baixas ou ausencias.
  •  Recoñecemento claro das súas funcións asistenciais, centradas na atención á autonomía persoal (hixiene, mobilidade, alimentación e acompañamento básico), asegurando que este persoal non substitúa nin supla funcións propias do profesorado especialista.
  • Planificación estable e estrutural das prazas de persoal coidador, evitando contratacións parciais, tardías ou insuficientes que vulneren os dereitos do alumnado con necesidades de apoio á autonomía persoal.


Conclusión
As nosas demandas non son privilexios, senón condicións mínimas para garantir o
dereito á educación en igualdade.
Facemos un chamamento ás administracións competentes para que adopten medidas
concretas e urxentes que dean resposta a estas reivindicacións.
Defender o ensino público é defender o futuro das nosas crianzas e da sociedade
galega. 

 

 

luns, 26 de xaneiro de 2026

COMEZAN AS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NO CEIP A RÚA PARA ESTE 2026

Ningún comentario:

 Benqueridas familias!


Un ano máis comezan as xornadas de portas abertas no noso centro, para que todas aquelas persoas interesadas podan coñecer tanto as instalacións como o proxecto educativo.

Dende esta AFA queremos dar a benvida por adiantado a todos aqueles e aquelas que estedes considerando A Rúa como o lugar para que as vosas crianzas comecen ou continúen a súa andanza educativa. 

Falarvos desta pequena comunidade educativa, na que todas as familias e cativada se coñecen....e  non só polo nome...senón moito máis alá. 

E pórnos dende xa á vosa disposición para todas aquelas dúbidas ou consultas que se vos ocurran, no noso correo electrónico: afa.arua@gmail.com.




martes, 25 de novembro de 2025

XOVES 27 NOVEMBRO, OBRADOIRO PARA FAMILIAS

Ningún comentario:

Benqueridas familias!

 Continuamos coas actividades dentro do proxecto "Rompendo Estereotipos para medrar en Igualdade" financiado a través da subvención Xunta de Galiza para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. 

O vindeiro xoves 27 de novembro teremos a última sesión deste proxecto para familias impartida por Patricia Canabal, psicóloga que xa traballa co alumnado no proxecto de mediación escolar. 

 Nas últimas semanas Patricia está a desenvolver actividades co alumnado, onde nenos e nenas reflexionan sobre desigualdade, empatía e novas masculinidades a través de pequenos experimentos sociais. 

 

O xoves 27 será unha sesión de 3 horas para familias, un espazo para comprender o que está a facer o alumnado e participar nesta reflexión sobre convivencia e igualdade. Tedes a posibilidade de conectarvos online, se ben os que vos inscribades neste formato non optaredes as realizar algunhas das partes prácticas. 

 

 Inscricións no formulario 

https://forms.gle/HxrosKENQzdsQvXj7 Agardámosvos!! Saúdos AFA A RÚA

mércores, 12 de novembro de 2025

MÉRCORES 12 DE NOVEMBRO, ás 17.30h, OBRADOIRO: "QUERO PODO E DECIDO" (Estereotipos e Sexualidade)

Ningún comentario:
Benqueridas familias!

Continuamos cas actividades dentro do proxecto "Rompendo Estereotipos para medrar en Igualdade" financiado a través da subvención Xunta de Galiza para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero.

Hoxe retomamos o obradoiro Quero, podo e decido (Estereotipos e sexualidade), que quedara adiado por mor da folga educativa.

O obxectivo da actividade é desmontar estereotipos vinculados co amor e a sexualidade, a violencia de xénero e o consentimento, así como dotar a familias e comunidade educativa de ferramentas para traballar os aspectos fisiolóxicos e afectivoemocionais cos adolescentes.

A metodoloxía do obradoiro é LEGO SERIOUS PLAY.

Realizarase unha sesión co alumnado de 3° ciclo pola mañá, e o obradoiro adicado a nais/país/titores pola tarde.

Pola propia metodoloxía do obradoiro e, por recomendación da ponente, non existirá neste caso a posibilidade de conectarse online.

Inscricións no formulario https://forms.gle/GrmWnQBpmRWv9pM86

Contamos con vós!!

Saúdos

AFA A RÚA

mércores, 5 de novembro de 2025

XOVES 6 DE NOVEMBRO, OBRADOIRO: "SENTIR SEN ETIQUETAS: Rompendo Estereotipos na xestión das emocións"

Ningún comentario:
Benqueridas familias!

Lembramos que o XOVES 6 de novembro hai o obradoiro na escola.

Enmarcado nas actividades dentro do proxecto "Rompendo Estereotipos para medrar en Igualdade" financiado a través da subvención Xunta de Galiza para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero.

Este obradoiro a cargo de Nuria Salgado busca reflexionar sobre cómo os estereotipos de xénero condicionan a percepción e xestión das emocións e promover a comprensión dos sentimientos sen xuízos.

Existe a posibilidade de asistencia online. Aquelas persoas que se inscriban neste formato recibirán vía mail a ligazón para a conexión.

Agardámosvos!!!

Saúdos

AFA A RÚA