O 25 F as 19:30 ! A túa presenza importa!
Vén con toda a familia e amizades, difunde e comparte.
Esto é polos nenos e nenas e polo futuro da sociedade.
Convocan : Federacióna de ANPAs ,familias e Asambleas Ensino Público do profesorado. https://asembleasensino.gal
Para máis información, adxuntamos o documento de demandas e reivindicacións da Federación de ANPAS A Gameliña.
A FEDERACIÓN DE ANPAS A GAMELIÑA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO
Documento de demandas e reivindicacións
A Federación de ANPAS A Gameliña, en representación das familias do ensino público,
manifesta a súa firme defensa dun sistema educativo público galego universal,
inclusivo, gratuíto e de calidade, que garanta a igualdade de oportunidades para todas as
crianzas e mocidade, con independencia da súa situación económica, social ou lugar de
residencia.
Reafirmamos o noso compromiso cun ensino público forte e formulamos as seguintes
demandas prioritarias, que constitúen condicións mínimas para garantir o dereito á
educación en igualdade:
1. Atención á diversidade e ensino inclusivo
Existe un problema estrutural grave na atención á diversidade, derivado da insuficiencia
de recursos, da súa mala distribución e da ausencia dunha planificación estable e
transparente.
Demandamos:
- Recuperación e ampliación das prazas de atención preferente, garantindo o acceso real do alumnado con necesidades educativas específicas.
- Creación de recursos estruturais estables, evitando que programas extraordinarios como o Plan MEGA se utilicen para cubrir carencias permanentes de persoal.
- Restitución dun programa de acompañamento similar ao RAOGAL, con financiamento estable, continuidade e cobertura suficiente.
- Dotación de recursos específicos de atención á diversidade en todas as etapas educativas, incluída a Formación Profesional básica, media e superior.
- Cobertura efectiva das prazas de orientadores/as, PT e AL, especialmente cando asumen funcións directivas ou titorías, garantindo que non se perda atención directa ao alumnado.
- Estabilidade do profesorado especialista (PT e AL), favorecendo a continuidade educativa do alumnado con maiores necesidades.
- Redución das rateos de orientadores, PT e AL. Que o alumnado NEE e NEAE compute de maneira diferenciada para o establecemento das rateos por aula.
- Establecemento dun sistema de dotación de persoal personalizado por centro educativo, baseado no número real de alumnado con NEAE e NEE (con diagnóstico oficial ou con dificultades acreditadas), e non unicamente no volume total de matrícula.
- Dotación suficiente de coidadoras e persoal de apoio, respectando as funcións propias de cada perfil profesional e evitando a substitución de persoal docente especializado por persoal asistencial.
- Transparencia plena por parte da Consellería respecto aos datos reais de necesidades educativas, recursos dispoñibles e avaliacións pendentes.
- Desenvolvemento dun plan integral, estable e suficientemente financiado de ensino inclusivo, con criterios claros de equidade.
2. Baixada de rateos e reforzo de persoal
Os actuais rateos profesor/a–alumnado dificultan unha atención individualizada,
reducen a eficacia pedagóxica e incrementan a carga laboral do profesorado, afectando
directamente á calidade do ensino.
Esiximos:
- Redución real e inmediata das rateos en todas as etapas educativas.
- Aplicación efectiva e inmediata do acordo Xunta–sindicatos, sen implantación progresiva nin adiamentos.
- Baixada automática das rateos cando haxa alumnado con NEAE.
- Aumento do cadro de persoal para garantir a aplicación real da redución de rateos.
3. Gratuidade real e efectiva do ensino público
A educación pública debe ser verdadeiramente gratuíta, sen custos ocultos nin cargas
indirectas para as familias.
Demandamos:
- Gratuidade total e efectiva en todas as etapas educativas.
-Inclusión na gratuidade de:
o Libros de texto.
o Material escolar ordinario.
o Material específico requirido polas diferentes materias ou ensinanzas.
4. Equidade no acceso á educación
Todas as nenas e nenos deben ter dereito a unha educación de calidade sen importar a
súa contorna social, económica ou xeográfica.
Reclamamos:
- Recursos e apoios adaptados ás necesidades reais de cada alumnado.
- Igualdade efectiva no acceso aos servizos complementarios.
- Xestión pública directa dos servizos, garantindo equidade e calidade.
5. Transporte escolar gratuíto
- Gratuídade do transporte escolar tamén nas ensinanzas postobrigatorias
- (Bacharelato e Ciclos Formativos).
- Implantación de liñas regulares adaptadas aos horarios de entrada e saída dos
- IES.
- Garantía de acceso en igualdade de condicións, evitando discriminacións
- económicas.
6. Comedores escolares de xestión directa
- Implantación de comedores escolares de xestión directa en todos os centros
- públicos de primaria.
- Alimentación saudable, equilibrada e de calidade.
- Control público dos menús e das condicións do servizo.
- Igualdade nas contías económicas.
- Criterios sociais xustos e transparentes nas bonificacións.
- Igualdade de condicións entre centros de xestión directa e indirecta.
- O comedor escolar é un servizo educativo e social esencial para garantir conciliación e
- equidade.
7. Saúde física e mental do alumnado
- Creación dun equipo estable de especialistas en saúde mental (psicoloxía clínica, psiquiatría infantil e xuvenil, traballo social especializado) que dea atención directa aos centros educativos.
- Implantación da figura da enfermeira escolar en todos os centros.
- Coordinación profesional específica para atender situacións de especial vulnerabilidade (protocolos por risco suicida, TCA, trastornos graves da conduta, etc.).
8. Mellora e mantemento das infraestruturas
educativas
Esiximos centros seguros, accesibles e dignos:
- Plans de mantemento preventivo.
- Investimento suficiente en rehabilitación e modernización.
- Eliminación de barreiras arquitectónicas.
- Garantía de seguridade en peches, portais, muros, patios e zonas comúns.
- Mantemento de cubertas, cornixas, chan, fontanaría, calefacción, placas solares e
- baños.
- Espazos limpos, saudables e funcionais (limpeza, desbroces, control sanitario,
- adaptación de aulas, ximnasios e zonas de lecer).
9. FP básica:
- Garantía de que a Formación Profesional Básica non funcione como un “caixón desastre” onde se derive alumnado sen os apoios necesarios, dotando estes ciclos dos profesionais especializados precisos (orientación, PT, AL e outros perfís de apoio) para atender adecuadamente ás crianzas e mocidade que os cursan, asegurando unha intervención educativa real, individualizada e inclusiva.
10. Persoal Coidador:
- Dotación suficiente de persoal coidador en todos os centros educativos, atendendo ás necesidades reais do alumnado e garantindo cobertura inmediatadas baixas ou ausencias.
- Recoñecemento claro das súas funcións asistenciais, centradas na atención á autonomía persoal (hixiene, mobilidade, alimentación e acompañamento básico), asegurando que este persoal non substitúa nin supla funcións propias do profesorado especialista.
- Planificación estable e estrutural das prazas de persoal coidador, evitando contratacións parciais, tardías ou insuficientes que vulneren os dereitos do alumnado con necesidades de apoio á autonomía persoal.
Conclusión
As nosas demandas non son privilexios, senón condicións mínimas para garantir o
dereito á educación en igualdade.
Facemos un chamamento ás administracións competentes para que adopten medidas
concretas e urxentes que dean resposta a estas reivindicacións.
Defender o ensino público é defender o futuro das nosas crianzas e da sociedade
galega.

Ningún comentario:
Publicar un comentario