Benqueridas familias!
Un ano máis comezan as xornadas de portas abertas no noso centro, para que todas aquelas persoas interesadas podan coñecer tanto as instalacións como o proxecto educativo.
Dende esta AFA queremos dar a benvida por adiantado a todos aqueles e aquelas que estedes considerando A Rúa como o lugar para que as vosas crianzas comecen ou continúen a súa andanza educativa.
Falarvos desta pequena comunidade educativa, na que todas as familias e cativada se coñecen....e non só polo nome...senón moito máis alá.
E pórnos dende xa á vosa disposición para todas aquelas dúbidas ou consultas que se vos ocurran, no noso correo electrónico: afa.arua@gmail.com.

Ningún comentario:
Publicar un comentario