Amosando publicacións coa etiqueta Matrícula. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Matrícula. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de marzo de 2020

Prazo Matricula

Ningún comentario:
        

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN AMPLIOU PROVISIONALMENTE O PRAZO DE PRESENTACIÓN TELEMÁTICA E PRESENCIAL DE SOLUCITUDES DE ADMISIÓN, QUE FINALIZARÁ UNHA SEMANA DESPOIS DO REINICIO DAS CLASES.





TAMÉN RECOMENDA A UTILIZACIÓN PREFERENTE DA MODALIDADE TELEMÁTICA PARA A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES.

martes, 25 de febreiro de 2020

Solicitude admision curso 2020/2021

Ningún comentario:
Do 1 ao 20 de marzo terá lugar o periodo de matriculación nos centros públicos de infantil e priemaria do Concello de Cangas.
Aqui vos deixamos toda a información:

https://cangas.gal/portal-cidadan/noticia/gl/724



Foto de Concello de Cangas do Morrazo.


martes, 1 de marzo de 2016

Algúns datos para o novo curso 2016-17 (La Voz)

Ningún comentario:
Neste artículo tedes algunha pista de cómo se prevé que funcione o curso que ven...

  • ..:"Educación amplía o banco de libros a 6 cursos e deixa o cheque escolar en 4"...
  • ..."O próximo curso haberá préstamo de 3º a 6º de primaria e en dous anos da ESO"...
  • ..."Os nenos que empezan o cole o próximo curso teñen desde hoxe e ata o día 20 para pedir praza"...
  • ..."As listas de admitidos e excluídos, antes do 25 de abril"...

luns, 29 de febreiro de 2016

DOG da adxudicación de prazas nas escolas infantís privadas ou concertadas...

Ningún comentario:

...a Consellería conta co programa do Bono concilia, consistente nunha axuda económica directa ás familias para o pagamento total ou parcial dunha escola infantil privada da súa elección. Esta axuda está destinada a aquelas familias que non obtivesen praza nunha escola pública ou financiada con fondos públicos e marcasen a opción do bono concilia na súa solicitude, e a aquelas outras que residan en localidades que carezan de prazas públicas....

...O prazo para a presentación de solicitudes de renovación de praza será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia"...

venres, 12 de febreiro de 2016

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior.

Ningún comentario:
Convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior para o ano 2016.

Pode consultar a Orde do 2 de febreiro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2016 na seguinte ligazón:

Ten máis información sobre as probas de acceso e detallada por grao en:

Na seguinte ligazón poderase consultar o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional.

xoves, 10 de decembro de 2015

Información dos cursos de natación na piscina "A Balea" de Cangas

Ningún comentario:
A piscina de Cangas "A Balea" ofrece cursos para tódolos socios do Anpa do cole "A Rúa". A duración do curso comprende o período escolar. Impartiranse clases 2 días a semana, cunha duración de 45 min. cada unha.

Os horarios correspondentes ós diferentes cursos son os seguintes:
INFANTIL (3, 4 e 5 anos) ---------- 16:15 a 17:00 h. (elixir 2 días de luns a venres)
1º, 2º e 3º (6, 7 e 8 anos) --------- 17:00 a 17:45 h. (elixir 2 días de luns a venres)
5º e 6º (9 e 10 anos) ---------------- 17:45 a 18:30 h. (elixir 2 días de luns a venres)
PREZO MATRICULA: 20,20 €
COTA MENSUAL: 10,10 € 

Tódolos interesados neste curso, que dará comezo en Xaneiro, terán que facer unha pre-inscrición no Anpa, para confirmar a dispoñibilidade nos días solicitados, xa que hai grupos limitados.

Tódolos interesados que nos fagan chegar os seguintes datos a través do mail anpa.arua@gmail.com, a través do buzón do cole, o respondendo á mensaxe do Tokapp:

NOME ALUMNO:
CURSO:
DIAS SOLICITADOS (2):
PERSOA DE CONTACTO:
TELÉFONO:

Despois da pre-inscrición, unha vez confirmados os grupos, cada pai/nai/titor legal cubrirá a folla do curso nas instalacións da piscina, axuntando a seguinte documentación: DNI pai/nai/ titor e certificado de conta bancaria, para a domiciliación dos pagos. 

O primeiro mes e matrícula pagarase en recepción da piscina a primeira semana do mes, de 19 a 21 horas, e domiciliaranse os seguintes.

Tamén informamos que este servizo é soamente para socios do Anpa e se algún "no socio" esta interesado, deberá dirixirse á piscina directamente.

xoves, 24 de setembro de 2015

Aviso: remata o prazo de inscrición nas actividades do ANPA

Ningún comentario:
Esta entrada é só para avisar que o día luns 28 ás 14:00, remata o prazo de inscrición ás actividades ofertadas polo ANPA. Animádevos, que hai algúns grupos aos que lles falta moi pouco para completar a cota mínima necesaria...

martes, 3 de marzo de 2015

Matrícula para o curso 2015-2016...

Ningún comentario:
Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2015/2016... 

venres, 28 de febreiro de 2014

MATRÍCULA 2014-2015

Ningún comentario:
Comeza o período de matrícula para o curso 2014-2015
Os postos escolares vacantes están publicados no taboleiro de anuncios do centro.