Parabéns para o profesorado e ao grupo de 6º de primaria do ano pasado (2013/2014) polo premio conseguido co traballo "VIAXE POLO UNIVERSO".
O noso foi un dos centros que resultaron gañadores no primeiro Concurso de "Traballos por Proxectos", convocado pola Dirección Xeral de Centros e RRHH (da Xunta de Galicia), no contexto do "Plan LÍA" de bibliotecas escolares (Lectura, Información, Aprendizaxe) para experiencias levadas a cabo durante o curso 2013/2014.
O Auditorio municipal de Cangas acolle o sábado 29 un festival benéfico organizado por Cáritas co obxectivo de recadar fondos para axudar ás persoas e familias con menos recursos. A cita será ás 21.00 horas e polo escenario pasarán a sección xuvenil da banda de música Belas Artes, o grupo de danzas Soavela de la Asociación Cultural San Andrés do Hío, Coral Lestonnac, Asociación Mulleres de Moaña, Boombox-Escuela Urbana, escola Cha, Chá, Chá e Carlota e Xesús.
O Club Atletismo Vila de Cangas, co patrocinio do Ilmo. Concello de Cangas, a Fundación Cangas Deporte e a Deputación de Pontevedra, organizan o XLI TROFEO DE PEDESTRISMO - Memorial Pepe Cordeiro, que terá lugar o domingo, día 7 de decembro de 2014.
A Concellería de Cultura do Ilmo. Concello de Cangas xunto coa Rede de Dinamización Lingüística, da Consellería de Cultura , Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, presentan en Cangas o concerto-obradoiro infantil “Brinca vai de aquí a acolá!”, a sexta proposta de lecer en galego coa que o programa FalaRedes, pechará a edición de 2014 facendo as delicias dos nenos e nenas de 25 concellos. Esta actuación realizarase o venres 21 de novembro as 18:00 horas no Auditorio Municipal de Cangas con entrada gratuíta.
Como anteriormente non se enviara. Axúntase o escrito que se enviou inicialmente ao consello escolar coa proposta que saíu da reunión do 16 de setembro presentada por Xoán Xosé e Serxio.
Adxúntase tamén o escrito que se decidiu na reunión de onte a enviar á Consellaría de Xefatura Territorial, que non é máis que o mesmo escrito de Xoán Xosé e Serxio, pero ampliado. Achegaráselle ás asociacións de veciños para que a lean e nos comuniquen se están de acordo ou non, e así asinala e enviala.
Achegamos as bases dos distintos certames e actividades propostas dende a Concellería de Cultura e Xuventude para este NADAL 2014/15, das que se informou onte na reunión e un par de propostas mais. Podedes atopar a información tamén do bloge aquí: "
Coa base do documento aprobado no Consello Escolar do CEIP A Rúa, a ANPA do CEIP A Rúa, a A.VV. "Santo Domingo da Pedreira" e a A.VV. "Fonte de Cornilló" acordamos exixir ás Administracións competentes a realización dunha reforma integral do patio deste colexio.