Tódalas familias que asistiron a ruta de sendeirismo o pasado dia 14 de Xuño, están convidadas a plantar as árbores que quedaron pendentes na ruta, este domingo 28 ás 11:00 horas en Chan d'Arquiña.
Un saúdo.
Tódalas familias que asistiron a ruta de sendeirismo o pasado dia 14 de Xuño, están convidadas a plantar as árbores que quedaron pendentes na ruta, este domingo 28 ás 11:00 horas en Chan d'Arquiña.
Adxuntamos notificación da actividade extraescolar AULA MATINAL, para o vindeiro curso 2015/2016. Esta actividade dará comezo O PRIMEIRO DÍA DE CLASE e rematará o ÚLTIMO DÍA DE CLASE, favorecendo así a conciliación da vida familiar e laboral.
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2015/06/16/neandertales-regresan-chan-arquina/1260550.html ...Vexo que tiñamos un "infiltrado" do mundo da prensa... un éxito, en definitiva...
O presidente da Confederación Anpas Galegas, Javier Sánchez, lembrou hoxe en Ferrol que o vindeiro luns 15 de xuño terán lugar varias concentracións nas que, ademais de reivindicar o sistema de préstamo universal dos libros de texto e o material escolar, se protestará pola implantación, por parte da consellería de Educación, do sistema de axudas mínimas e o ficticio fondo solidario. Esta mobilización, convocada pola Confederación de ANPAS galegas comezará ás 20:00 horas en varias localidades galegas, e, entre elas, en Cangas.
A Federación de ANPAS "a Gameliña" organiza a "mostra de teatro infantil", o 6 de Xuño no Auditorio Municipal de Cangas.
Invitámoste a gozar dunha ruta de sendeirismo o vindeiro 14 de xuño. É unha actividade pechada só para as familias do Ceip Domaio e Ceip A Rúa. Os nenos deberán ir acompañados por un adulto. Esperámoste alí!! e non esquezas a túa viseira!!
Publicouse a Orde do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16.
O 6 de xuño temos festa no cole!!!!!!!!!!!!!!!!!