mércores, 24 de setembro de 2025

SÁBADO 4 DE OUTUBRO - EXCURSIÓN Ó "PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPRESTRE" DE CAMPO LAMEIRO

Ningún comentario:
Benqueridas familias,

Lembrámosvos que a nosa AFA foi seleccionada dentro do programa “+convivencia” correspondente ás subvencións e axudas da Deputación de Pontevedra. A finalidade deste programa é crear espazos de participación para as entidades da provincia de Pontevedra onde poidan compartir experiencias e poñer en valor o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural de proximidade.

Concedéronnos unha axuda de 1.190 euros para organizar una excursión e dar a coñecer lugares da nosa provincia.

🗓 Data: sábado 4 de outubro de 2025.

🪦Lugar: Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (Pontevedra).

🗿A actividade organizada inclúe unha visita guiada pola área arqueolóxica e un obradoiro🪏

⏰Horarios⏰

🚌Saída do bus: 09,45h do CEIP A Rúa

🚙Volta: 19,00h Campo Lameiro

👭👫Plazas: 50 persoas

💰Custo: 3 euros por persoa

📄Para anotarse, achegaremos o enlace a un formulario que se colgará HOXE MÉRCORES 24 ÁS 16:00h

A admisión farase por orde de inscrición.

🗒🗒 INSCRICIÓNS 🗒🗒

INSCRICIÓN EXCURSIÓN

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfEa6_LcZpV6b3qEiqONFQ-sFU19ZNawN2YVqmOAInB4pgoKQ/viewform?usp=header

🧾Como?

Formulario que se publicará  pola canle do Telegram da AFA  e no noso blogue https://anpaarua.blogspot.com/

Luns 29: recibiredes confirmación de inscrición se é o caso ou en lista de agarda se existe.

Pagamento: luns 29 de setembro ó mércores 1 de outubro.

O método de pago farase por transferencia bancaria á conta da AFA, especificando nomes das crianzas e familiares a cargo.

NÚMERO DE CONTA BANCO SANTANDER: ES36 0049 7823 02 2910029753

luns, 22 de setembro de 2025

MÓLLATE POLOS RÍOS- 21 setembro 2025

Ningún comentario:
Pois este ano, co gallo da limpeza simultánea de ríos en toda Galiza, vólvemonos xuntar un grupiño de familias para coidar do tramo do rego do Saíñas, a rentes da escola. Traballamos a reo, pero non tanto coma outros anos, porque xa se vai notando que, ao darlle continuidade á actividade, a cantidade de lixo que sacamos non vai sendo tanta (por máis que sigan a aparecer bolsas do leite do pleistoceno). Tamén se notou o traballo previo do obradoiro da Escola Taller para acondicionar o espazo, pois nesta ocasión non había empezos- en forma de matas enormes de silveiras- para avanzar todo ao longo do tramo escollido. 

Moitas grazas a tod@s por participar!





xoves, 11 de setembro de 2025

XA SOMOS AFA!!!!! BENVIDOS O CURSO 2025/2026!!!!

Ningún comentario:
Benqueridas familias,

Como moit@s sabedes, a finais do derradeiro curso 2024/2025 esta AFA celebrou Asemblea para votar o cambio de denominación da asociación: de ANPA A RÚA(Asociación de Nais e Pais de Alumnos) a AFA A RÚA (Asociación de Familias de Alumnado A RÚA), e así se aprobou, dende entón XA SOMOS AFA.

Achegamos documento con recordatorio das canles de Contacto (pois o mail cambiou), benvida para este novo curso que cheira aínda a estrea, e outras información importantes.

¡VÉMONOS NA RÚA!