martes, 25 de novembro de 2025

XOVES 27 NOVEMBRO, OBRADOIRO PARA FAMILIAS

Ningún comentario:

Benqueridas familias!

 Continuamos coas actividades dentro do proxecto "Rompendo Estereotipos para medrar en Igualdade" financiado a través da subvención Xunta de Galiza para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. 

O vindeiro xoves 27 de novembro teremos a última sesión deste proxecto para familias impartida por Patricia Canabal, psicóloga que xa traballa co alumnado no proxecto de mediación escolar. 

 Nas últimas semanas Patricia está a desenvolver actividades co alumnado, onde nenos e nenas reflexionan sobre desigualdade, empatía e novas masculinidades a través de pequenos experimentos sociais. 

 

O xoves 27 será unha sesión de 3 horas para familias, un espazo para comprender o que está a facer o alumnado e participar nesta reflexión sobre convivencia e igualdade. Tedes a posibilidade de conectarvos online, se ben os que vos inscribades neste formato non optaredes as realizar algunhas das partes prácticas. 

 

 Inscricións no formulario 

https://forms.gle/HxrosKENQzdsQvXj7 Agardámosvos!! Saúdos AFA A RÚA

mércores, 12 de novembro de 2025

MÉRCORES 12 DE NOVEMBRO, ás 17.30h, OBRADOIRO: "QUERO PODO E DECIDO" (Estereotipos e Sexualidade)

Ningún comentario:
Benqueridas familias!

Continuamos cas actividades dentro do proxecto "Rompendo Estereotipos para medrar en Igualdade" financiado a través da subvención Xunta de Galiza para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero.

Hoxe retomamos o obradoiro Quero, podo e decido (Estereotipos e sexualidade), que quedara adiado por mor da folga educativa.

O obxectivo da actividade é desmontar estereotipos vinculados co amor e a sexualidade, a violencia de xénero e o consentimento, así como dotar a familias e comunidade educativa de ferramentas para traballar os aspectos fisiolóxicos e afectivoemocionais cos adolescentes.

A metodoloxía do obradoiro é LEGO SERIOUS PLAY.

Realizarase unha sesión co alumnado de 3° ciclo pola mañá, e o obradoiro adicado a nais/país/titores pola tarde.

Pola propia metodoloxía do obradoiro e, por recomendación da ponente, non existirá neste caso a posibilidade de conectarse online.

Inscricións no formulario https://forms.gle/GrmWnQBpmRWv9pM86

Contamos con vós!!

Saúdos

AFA A RÚA

mércores, 5 de novembro de 2025

XOVES 6 DE NOVEMBRO, OBRADOIRO: "SENTIR SEN ETIQUETAS: Rompendo Estereotipos na xestión das emocións"

Ningún comentario:
Benqueridas familias!

Lembramos que o XOVES 6 de novembro hai o obradoiro na escola.

Enmarcado nas actividades dentro do proxecto "Rompendo Estereotipos para medrar en Igualdade" financiado a través da subvención Xunta de Galiza para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero.

Este obradoiro a cargo de Nuria Salgado busca reflexionar sobre cómo os estereotipos de xénero condicionan a percepción e xestión das emocións e promover a comprensión dos sentimientos sen xuízos.

Existe a posibilidade de asistencia online. Aquelas persoas que se inscriban neste formato recibirán vía mail a ligazón para a conexión.

Agardámosvos!!!

Saúdos

AFA A RÚA