Informamos a tódolos pais e nais que queiran seguir sendo soci@s ou iniciarse como soci@s da A.N.P.A este curso 2011/2012, que o importe da cota anual é de 15€ por familia, e que a forma de pago farase mediante ingreso bancario nunha oficina de Caixanova, no seguinte nº de conta: 2080 0079 96 00 40001135.
No ingreso porase en concepto COTA ANPA, NOME DO NENO E O CURSO.
Lembrámosvos que, beneficiaranse coa subvención da ANPA para a excursión de fin de curso de 6º de primaria, os alumnos que foran soci@s durante os dous anos do ciclo, é decir, 5º e 6º.
Este ano como novidade, decirvos que o estar adscritos como anpa á Federacion de Anpas de Centros Públicos de Cangas. As familias, que teñan nen@s matriculad@s en primaria e secundaria, unicamente deberán pagar unha cota anual en calquera dos centros, e dicir, se tedes un fillo matriculado no Ies Rodeira e outro no Ceip A Rúa, con pagar unha das dúas cotas, xa seriades soci@s. Unicamente deberedes presentar unha copia dos recibos de pago da cota, para que a anpa do centro teña constancia.
