sábado, 13 de setembro de 2014

Menús de setembro

Ningún comentario:
Relación de menús no noso comedor en setembro 2014

Reunión extraordinaria (martes 16 de setembro 2014)

Ningún comentario:
Estimad@s nais e pais,
Co inicio de curso, convocámosvos a unha reunión o vindeiro martes 16 de setembro, ás 18:45h en primeira convocatoria (ás 19h en segunda convocatoria), para explicarvos varios asuntos nos que necesitaremos da vosa axuda para que se poidan levar a cabo:
  1. Aula matinal
  2. Reforma do patio exterior
Aquelas familias que desexen usar a aula matinal e non poidan asistir á reunión, podedes comunicar o voso interese á ANPA deixando unha nota no buzón ou á dirección do centro.


A Xunta Directiva.

SINDROME DE ASPERGER: Guía práctica para a intervención no ámbito escolar

Ningún comentario:

Documento de regulamento de comedores de xestión indirecta (2014-2015)

Ningún comentario:
Instrucción 2/2014 da secretaría xeral técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 5 de xuño sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2014-2015... (ficheiro pdf)

martes, 2 de setembro de 2014

Calendario escolar 2014/2015

Ningún comentario:

...E en prensa (cincodias.com)
"...O calendario escolar fixa que os alumnos de segundo ciclo de educación infantil, educación especial educación primaria empezarán as clases o 10 de setembro de 2014 e finalizarán o 19 de xuño de 2015. Para as clases de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional as clases comezan o 15 de setembro de 2014 e terminan o 19 de xuño de 2015, ambos incluídos.

Vacacións:
  • Nadal: dende o día 22 de decembro de 2014 ata o día 7 de xaneiro de 2015, ambos incluídos.
  • Entroido: días 16, 17 e 18 de febreiro de 2015.
  • Semana Santa: dende o día 30 de marzo ata o 6 de abril de 2015, ambos incluídos..."

Material escolar 2014-15 proposto, para o noso cole

Ningún comentario:
Link do material escolar para o curso 2014/2015

Libros de texto suxeridos 2014-2015, para o noso cole

Ningún comentario:
Libros de texto publicados ata o de agora...

venres, 29 de agosto de 2014

Axudas Comedor 2014/15

Ningún comentario:
O concello de Cangas acaba de abrir o prazo de solicitude de axudas do servizo de comedor escolar para alumnado de educación Infantil e Primaria para o curso 2014-2015. A bonificación pode chegar ao 100% dependendo dos ingresos.

As familias interesadas poderán consultar as bases no propio concello, no Centro Municipal de Benestar Social e na web do concello. As solicitudes pódense recoller no Centro Municipal de Benestar Social e entregaranse no Rexistro Xeral do Concello durante o mes de xullo(do 1 ao 31, ambos inclusive).

Poderán recoller no colexio o certificado de matriculación ata o 11 de xullo.

Convocatoria bolsas necesidades educativas específicas 2014

Ningún comentario:
Informámoslles que o pasado día 19 de xullo no BOE publicouse a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Na páxina http://www.mecd.gob.es/ ademais de ter toda a información relativa á convocatoria pódense encher os datos das solicitudes e imprimilas para despois entregalas no centro educativo onde estean matriculados os alumnos (opción que recomendamos).

xoves, 1 de maio de 2014

XXVI CROSS ESCOLAR E POPULAR CEIP PLURILINGÜE TIRÁN

Ningún comentario:
A asociación de Nais e Pais “Madreboa” do C.E.I.P Plurilingüe de Tirán, coa colaboración do Concello de Moaña e o Clube de Atletismo Samertolameu, pon no seu coñecemento que o vindeiro domingo 11 de maio a partir das 10:00h da maná, vai celebrar o XXV Cross escolar e popular.

Premede aquí para ver os detalles da convocatoria...