O prazo de recollida de inscricións rematará o venres, día 26 de setembro de 2014 (ás 14.00 h). As inscricións deberán formalizarse nas oficinas da Fundación Cangas Deporte, sitas na Casa da Xuventude de Cangas, de luns a venres, en horario de 09.00/14.00 h.
domingo, 14 de setembro de 2014
Programa deportivo da Fundación Cangas Deporte (2014-2015)
O prazo de recollida de inscricións rematará o venres, día 26 de setembro de 2014 (ás 14.00 h). As inscricións deberán formalizarse nas oficinas da Fundación Cangas Deporte, sitas na Casa da Xuventude de Cangas, de luns a venres, en horario de 09.00/14.00 h.
sábado, 13 de setembro de 2014
Reunión extraordinaria (martes 16 de setembro 2014)
Labels:
Anpa A Rua,
Asamblea,
Aula Matinal,
Reformas
Ningún comentario:
Estimad@s nais e pais,
Co inicio de curso, convocámosvos a unha reunión o vindeiro martes 16 de setembro, ás 18:45h en primeira convocatoria (ás 19h en segunda convocatoria), para explicarvos varios asuntos nos que necesitaremos da vosa axuda para que se poidan levar a cabo:
- Aula matinal
- Reforma do patio exterior
Aquelas familias que desexen usar a aula matinal e non poidan asistir á reunión, podedes comunicar o voso interese á ANPA deixando unha nota no buzón ou á dirección do centro.
A Xunta Directiva.
Documento de regulamento de comedores de xestión indirecta (2014-2015)
Labels:
Comedor,
Documentos
Ningún comentario:
Instrucción 2/2014 da secretaría xeral técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 5 de xuño sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2014-2015... (ficheiro pdf)
martes, 9 de setembro de 2014
luns, 8 de setembro de 2014
martes, 2 de setembro de 2014
Calendario escolar 2014/2015
...E en prensa (cincodias.com)
"...O calendario escolar fixa que os alumnos de segundo ciclo de educación infantil, educación especial educación primaria empezarán as clases o 10 de setembro de 2014 e finalizarán o 19 de xuño de 2015. Para as clases de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional as clases comezan o 15 de setembro de 2014 e terminan o 19 de xuño de 2015, ambos incluídos.

Vacacións:
- Nadal: dende o día 22 de decembro de 2014 ata o día 7 de xaneiro de 2015, ambos incluídos.
- Entroido: días 16, 17 e 18 de febreiro de 2015.
- Semana Santa: dende o día 30 de marzo ata o 6 de abril de 2015, ambos incluídos..."
venres, 29 de agosto de 2014
Axudas Comedor 2014/15
O concello de Cangas acaba de abrir o prazo de solicitude de axudas do servizo de comedor escolar para alumnado de educación Infantil e Primaria para o curso 2014-2015. A bonificación pode chegar ao 100% dependendo dos ingresos.
As familias interesadas poderán consultar as bases no propio concello, no Centro Municipal de Benestar Social e na web do concello. As solicitudes pódense recoller no Centro Municipal de Benestar Social e entregaranse no Rexistro Xeral do Concello durante o mes de xullo(do 1 ao 31, ambos inclusive).
Poderán recoller no colexio o certificado de matriculación ata o 11 de xullo.
Convocatoria bolsas necesidades educativas específicas 2014
Informámoslles que o pasado día 19 de xullo no BOE publicouse a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
Na páxina http://www.mecd.gob.es/ ademais de ter toda a información relativa á convocatoria pódense encher os datos das solicitudes e imprimilas para despois entregalas no centro educativo onde estean matriculados os alumnos (opción que recomendamos).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)