Co motivo da organización do cross do noso cole neste ano (2015), que terá lugar o 15 de marzo, solicitamos axuda para buscar colaboracións que axuden a financiar os gastos que xurdirán. Por favor, as persoas que estean dispostas a colaborar, póñanse en contacto coa ANPA.
Grazas, por anticipado...
Infórmannos dende a Anpa de San Roque, dunha actividade para adultos a partir deste mes de febreiro: Patinaxe para adultos.
Un documental recomendado do programa "tres14", onde estudan os nenos para aprender deles. Cóntanolo expertos en desenvolvemento infantil como Jordi Sunyer ou Marie Lallier. Co filósofo José Antonio Marina aprendemos a coñecer mellor os nosos pequenos...
..."Uxío no país de Patadecabra e unha obra inédita que mestura o teatro, a maxia e os monicreques a través dunha historia fantástica chea de realismo infantil. Uxío e un neno de 7 anos que procede dunha familia moi humilde. O seu soño e converterse nun gran Mago e o seu único xoguete, un libro cheo de emocionantes historias sobre un país fantástico chamado “Patadecabra”. Unha noite… durante un soño moi especial, Uxío vivirá unha máxica aventura no país de Patadecabra con todos os seus personaxes.
..."Unha viaxe pola etapa máis crítica na vida dun neno. Permanecer con vida e superar esa fase é un reto para millóns de nenos e nenas. Viaxamos por todo o mundo para abordar historias persoais e algúns aspectos clave neste camiño dende a concepción ata os primeiros dous anos"...

Aquí tedes unha explicación do trastorno obtida da Wikipedia..