xoves, 4 de xuño de 2015

Mostra de teatro infantil o 6 de xuño en Cangas

Ningún comentario:
A Federación de ANPAS "a Gameliña" organiza a "mostra de teatro infantil", o 6 de Xuño no Auditorio Municipal de Cangas. 

Aquí a ligazón do cartel...

Ruta de sendeirismo para o día 14 de Xuño co-organizada pola nosa ANPA...

Ningún comentario:
Invitámoste a gozar dunha ruta de sendeirismo o vindeiro 14 de xuño. É unha actividade pechada só para as familias do Ceip Domaio e Ceip A Rúa. Os nenos deberán ir acompañados por un adulto. Esperámoste alí!! e non esquezas a túa viseira!! 

Aquí tedes a ligazón da proposta...

Interesantes artigos que falan do novo sistema de préstamo de libros da Xunta...

Ningún comentario:
Un bo resumo é o esquema que está no debuxo adxunto (ao clicar no debuxo ides á noticia) e neste párrafo do artigo do periódico "praza.gal":
..."Foi unha das grandes controversias provocadas polo PP tras o seu retorno á Xunta e agora, seis anos máis tarde, transita polo terreo da rectificación parcial. No ano 2009 o presidente da Xunta e o daquela novo conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, defenderon con vehemencia a supresión do préstamo de libros de texto a toda a comunidade escolar do ensino público. Segundo Feijóo e Vázquez aquel "café para todos" provocaba un "moi elevado gasto" que inzaba de "carga burocrática" as direccións dos centros e, aínda por riba, impedía a creación do que daban en chamar "bibliotecas familiares" mediante a acumulación de manuais en cada fogar. Por todo aquilo implantaron a denominada "gratuidade solidaria", un modelo de axudas parciais que agora vai convivir cun novo sistema de préstamo semellante ao noutrora deostado dende a Consellería de Educación"...

mércores, 3 de xuño de 2015

Axudas para libros de texto no curso 2015-2016

Ningún comentario:
Publicouse a Orde do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16.
O prazo de presentación de solicitudes para o alumnado matriculado no ano académico 2015/16 nas ensinanzas e cursos obxecto desta convocatoria é o seguinte:
* Para o alumnado de educación primaria e educación especial: un mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
* Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, o prazo será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2016.
Pódese descargar a solicitude na seguinte ligazón:

Orde do 22 de maio de 2015

martes, 2 de xuño de 2015

Festa de fin de curso 2015 (o 06/06/15)

Ningún comentario:
O 6 de xuño temos festa no cole!!!!!!!!!!!!!!!!!
estades tod@s convidad@s!!!!!!!!!!!!

  • PODEDES VIR DISFRAZADOS OU CON ALGÚN ELEMENTO PIRATA.
  • TEDES QUE SER PUNTUAIS, XA QUE PARA LEVAR A CABO A GIMKANA TEMOS QUE FORMAR GRUPOS.


venres, 29 de maio de 2015

Enquisa para cubrir e solicitar subvención de actividades á Xunta...

Ningún comentario:

Necesitamos que cubrades a enquisa adxunta. E anónima e é para adxuntar na solicitude de subvención de actividades. O nome da actividade é Aula Matinal. Deixádeo no buzón o antes posible. Moitas grazas.

Maria 

Aquí a ligazón...

FESTA DE FIN DE CURSO 2015

Ningún comentario:

A Xunta Directiva, estamos a organizar a festa de fin de curso e necesitamos da vosa colaboración para levalo a cabo. Mañá venres, estaremos no cole a partir das 5, se vos podedes achegar xenial!!

Contamos con vos!!. Un saúdo.

martes, 26 de maio de 2015

Ofertas de Ludoteca, Campamentos de Día e campamentos de externo para o verán 2015 do Concello de Cangas

Ningún comentario:
..."A Concellería de Xuventude de Cangas abre a prazo para inscribirse nos campamentos de verán 2015 nas diferentes modalidades. A partir do martes día 26 de maio todos e todas as interesadas podedes recoller a vosa solicitude na Casa da Xuventude. As prazas son limitadas e terán preferencia os nenos e nenas do Concello de Cangas..."

Aquí a ligazón con toda a información

sábado, 23 de maio de 2015

Menús Xuño 2015

Ningún comentario:

Cross San Roque (para o 7/06/15)

Ningún comentario:

Adxuntase Informacion Cross San Roque, a anpa recollera as inscripcions de nenos/as soci@s ata o dia 28 de maio. Aceptanse inscripcións no mesmo dia.

Saúdos


Documento de recollida de firmas pola "reválida"

Ningún comentario:
Importante!! Adxuntase documento para recollida de firmas, pola reválida. Asinalo e totalmente voluntario, pero cantos mais sexamos, máis forza faremos. Unha vez asinado deixao no buzon da anpa antes do mércores. Gracias!! e desculpade por case non ter tempo. Se podedes difundilo. Gracias dende a Federación de Anpas!!

venres, 22 de maio de 2015

Resolución do Consello Escolar do Noso Cole do día 19/05/15

Ningún comentario:
O Consello Escolar do CEIP A Rúa, reunido en sesión extraordinaria o día 19 de maio de 2015, despois de debater sobre as inquedanzas que a Proba de Avaliación Individualizada de 3º de Educación Primaria está causando na comunidade educativa, aprobou por unanimidade a presente resolución:

Considerando que:
Entre as moitas medidas prexudiciais para o desenvolvemento educativo que contempla a LOMCE, e que foi manifestado en múltiples ocasións por todo tipo de profesionais do sector educativo e pedagóxico, figuran no artigo 20.3 as chamadas “avaliacións diagnósticas externas” comunmente chamadas “reválidas”. No presente ano académico 2014-15 o alumnado que realiza 3º curso de Educación Primaria, de tan só 8 anos de idade, vai ser sometido a unha destas probas.
Nós queremos manifestar o noso total rexeitamento destas avaliacións diagnósticas externas polas seguintes razóns: