mércores, 9 de setembro de 2015

Semana de cine no Auditorio de Cangas con pelis para @s cativ@s

Ningún comentario:
Semana de Cine organizada polo "Cine club Cangas" titulada "Cinemas Ocultos", dende o sábado 12 ata o domingo 15 deste mes. 

Destacamos estas propostas para @s cativ@s:

  • SÁBADO 12 de setembro: "A tropa de trapo no país onde brilla o sol" (Alex Colls. Galicia, 2014; Animación para menores de sete anos; Versión en galego)
  • DOMINGO 13 de setembro: "A canción do mar " (Song of the Sea). (Tom Moore. Irlanda, 2014; Animación. De 6 anos en diante. Versión dobrada en español)
  • VENRES  18 de setembro: "Maimiño" (Ernesto Padrón.  Coprodución galego-cubana 2015. Animación para nenos de todas as idades. Versión orixinal en galego)
  • SÁBADO 19 de setembro: "A illa de Giovanni" (Mizuho Nishikubo. Xapón, 2014; Versión en español; Animación)

martes, 8 de setembro de 2015

Mensaxe das "Plataformas en Defensa da Sanidade Pública do Morrazo" de adherencia á "Rede de Cidades Refuxio"

Ningún comentario:
Conscientes da catástrofe humanitaria que se está a vivir nas fronteiras europeas, as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública do Morrazo (Cangas, Bueu, e Moaña) vimos de presentar -esta mañán- por rexistro, nos 3 concellos da comarca, un escrito no que, ademáis de "poñernos a disposición dos nosos Concellos para que esta acollida sexa nas mellores condicións e respetuosa coa dignidade das persoas", solicitamos:
  • Se adhiran á Rede de Cidades Refuxio, como xa fixeron máis de 55 cidades españolas (Barcelona, Madrid, Valencia ou A Coruña, entre outras) mobilizando tódolos recursos (institucionais e sociais) dispoñibles, ademáis de inmobles municipáis que reúnan as condicións para esta  acollida.
  • Facilite o rexistro de persoas que  están dispostas á acollida (Rexistro xa anunciado polo Concello de Cangas que debe ser extensible ao resto de Concellos da comarca)
  • Co fin de dinamizar e implicar á codadanía, se convoque con carácter URXENTE unha reunión con tódolas plataformas sociais, ONG’s, asociacións (veciñais, ANPAS, etc.) e calquera outra entidade cívica para colaborar e paliar esta situación extrema que se está a vivir en Europa."

(*)En adxunto, carta aos Alcaldes de Bueu e Cangas e á Alcaldesa de Moaña. "Somos un pobo solidario e esta traxedia humanitaria nos incumbe a todos e a todas"

Gratos pola atención prestada, 

Atentamente, as Plataforma​s​ en Defensa da Sanidade Pública d​o Morrazo​
655 082 249​ (Carmen Nores - Cangas)​
​654 983 756 (Fernando Otero - Bueu)
687 870 864 (Paco Ferreira - Moaña)​


Visita a web da Plataforma

luns, 7 de setembro de 2015

Aula Matinal traballando dende o día 10

Ningún comentario:
Informámosvos, que o vindeiro xoves día 10, dará comezo o servizo de Aula Matinal, de luns a venres e de 08.00 a 09.30. Adxuntamos novamente a circular coa información. As familias interesadas neste servizo, por favor que se poñan en contacto con nós para poder informar dos nenos e nenas usuari@s.
Contactanos: 666428157 //657082962

Calendario escolar oficial 2015-2016

Ningún comentario:



mércores, 2 de setembro de 2015

Como solicitar as axudas da Xunta de Galicia para comprar material escolar (curso 2015-16)

Ningún comentario:
O próximo mércores 2 de setembro e ata o 2 de outubro, comezará o prazo para que as familias poidan solicitar as axudas para a compra de material escolar. Trátase dun cheque de ata 50 euros destinado ás familias coas rendas máis baixas e que pretende beneficiar entre 60.000 e 70.000 familias galegas cuxa renda por membro da familia non supere os 5.400 euros.


A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, fletará autobuses para a Manifestación de mañá (03/09/15)

Ningún comentario:
Dende o Morrazo fletaranse 4 autobuses.

ÚLTIMAS PRAZAS: Reserve  súa nos teléfonos: 655082249 e 607681279 en Cangas, 669330376 no Hío e 661538656 e 687870864 en Moaña.
​​As Plataformas en Defensa da Sanidade Pública​ de Cangas e Moaña puxéronse​ ao servizo dos interesados en participar na marcha un autobús para facilitar o desprazamento a​ Vigo​ ( Praza España). A recollida será en torno ao Rectorado ao finalizar.
O autobús sairá ás 18:45 da Estación de Autobuses de Cangas e ás 19:00 parará na Praza de Abastos de Moaña. O horario de regreso establecerase no propio autobusús e o prezo por ida e volta será de 3 €.

luns, 24 de agosto de 2015

Destaques das "festas do cristo" deste ano 2015 (do 27/08 ao 6/09)

Ningún comentario:

"... un programa onde non faltará a música de todo tipo creada en Galicia, verbenas, pasarrúas ou as tradicionais atraccións. Como novidade, este ano haberá programación gratuita para os máis pequenos todos os días. As festas arrincará o xoves 27 con actividades para os máis pequenos no parque de Andrea pola mañá e pola tarde..."


venres, 21 de agosto de 2015

Manifestación o 3 de Septembro en Vigo contra os recortes do novo Hospital

Ningún comentario:
A ANPA informa que a plantilla de persoal do CHUVI ten convocada unha manifestación para o día 3 de Septembro ás 20 horas dende o H. Xeral  (rúa Pizarro), contra os recortes no novo Hospital. 

Segundo a "Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública": "Recórtanse drasticamente todas as áreas asistenciais do Novo Hospital de Vigo: As camas de hospitalización convencional redúcense nun 31,8%, os  Quirófanos nun 31,4%, o Servicio de Urxencias nun 55,5% menos,  as sas de Radioloxía nun 45,7% e desaparece proxectado Laboratorio Central".

Para estar informad@s recomendamos:

martes, 18 de agosto de 2015

Xornada de divertimento na Cidade da cultura en Santiago (22 de agosto de 11 da mañá a 21 horas)

Ningún comentario:
Cidade Imaxinaria á Cidade da Cultura en Santiago. Unha xornada para gozar en familia con viaxeiros equilibristas, bombeiros malabaristas, pallasos magos, principiantes de trapecistas e ata dj’s perruqueiros… 

O vindeiro 22 de agosto de 11 da mañá a 21 horas da tarde celébrase esta nova edición centrada na esencia do circo. Diferentes espectáculos combinados con divertidos xogos para todas as idades.

II concurso de fotolectura 2015 (Bibliotecas Municipais de Cangas)

Ningún comentario:
Do 15 de xullo ao 15 de setembro nas bibliotecas públicas de Cangas:

"O Concurso ten por obxecto reflexar mediante imaxes o mundo dos libros e da lectura en calquera das súas dimensións: humana, educativa, anecdótica, cultural, recreativa, familiar, social, etc. O premio d@ gañad@r será un cheque regalo por valor de 150€, para canxear en material bibliográfico e de oficina "

sábado, 15 de agosto de 2015

Axudas Comedor Escolar 2015/16

Ningún comentario:
O servizo de Benestar Social do Concello de Cangas abre o prazo de solicitudes de axudas de comedores escolares para o vindeiro curso 2015-2016. O prazo finaliza o mércores 26 de agosto. Para máis información podedes dirixirvos aos Servizos Sociais (Rúa Andalucía nº3). Teléfonos: 986392266/67