xoves, 8 de outubro de 2015

Actividades para nen@s no Muncyt da Coruña neste mes

Ningún comentario:
O MUNCYT da Coruña desenvolve unha serie de programas e actividades a través de propostas divulgativas elaboradas ao redor da colección do museo e, tamén, en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas. Moitos destes espazos están adicados/adaptados para @s nen@s ("taller de chapuzas", "sábados Eureka", "didáctica de las ciencias"...)... animádevos!!!!

luns, 5 de outubro de 2015

Actividades Extraescolares 2015-16. Relación definitiva e horarios

Ningún comentario:
Informámosvos que das actividades ofertadas pola Anpa, non se realizarán por falta de grupo mínimo as seguintes: "Bailes Latinos" (8-11 anos), "Obradoiro de Escritura", "Obradoiro Musical", "Pandeireta/Gaita", "Linguaxe de Signos", "Diverciencia" (martes) e "Zumba" (martes).
  • Este venres (09/10), comenzaron as actividades de, "Taller Lúdico Alemán", "Diverciencia" e "Zumba" para adultos.
  • "Teatro" dará comezo como tiñamos previsto o LUNS, e finalmente o grupo será para todos os inscritos. (INFANTIL E PRIMARIA).
  • E tamén, a vindeira semana (semana do 5/10), comezarán o resto de actividades: "Bailes latinos" (3-7 anos), "Taller Lúdico en Inglés" (infantil e primaria), e "Balonmán".
O cadro de horarios das nosas actividades quedaría así:

Entrega de premios pinturas Ruta Senderismo 2015

Ningún comentario:
Aquí están as galardoadas. Parabéns!!!!!

mércores, 30 de setembro de 2015

Folla de inscrición para o Comedor deste ano 2015-16

Ningún comentario:
Folla de inscrición para solicitar o servizo do Comedor

Menú do comedor do mes de Outubro

Ningún comentario:
Aquí tedes a ligazón do menú de Outubro (01/10/15)

Obras e Servizos retira escombros del entorno de A Rúa, aunque carece de medios (Faro de Vigo 30/09/15)

Ningún comentario:
..."El personal de Obras e Servizos de Cangas lleva tiempo retirando escombros acumulados en las instalaciones de Granxa da Rúa, aunque los trabajos van más lentos de lo que el gobierno tripartito desea porque "carece de medios humanos e materiais suficientes", explica la concejala Mercedes Giráldez, que asegura que, a pesar de estas carencias que atribuye a las bajas médicas y a la "falta de previsión" y el "desmantelamento" de la brigada por el PP, los trabajos se están realizando desde antes de que los populares lo denunciaran publicamente a través de sus concejales Jesús Graña y Francisco Soliño"...

Publicados os listados completos de alumnos das escolas deportivas municipais

Ningún comentario:
Xa están dispoñibles os listados completos de alumnos das escolas deportivas municipais según o deporte seleccionado. Aquí a ligazón co listado completo, e aquí as ligazóns cos listados relacionados co noso cole:

venres, 25 de setembro de 2015

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL na que se tratóu o tema dos COMEDORES dos Coles de Cangas (10/08/15)

Ningún comentario:

"LUGAR: Sala de Xuntas do Concello de Cangas
DÍA: 10 de agosto de 2015
HORA DE COMEZO: 20:45 h.
HORA DE REMATE: 21:10 h."

Na proposta 6ª tedes o punto de interese relacionado cos comedores escolares:

"SERVIZOS SOCIAIS, IGUALDADE E SANIDADE-ENSINO E DEPORTE
6º.- PROPOSTA DAS CONCELLERÍAS DE SERVIZOS SOCIAIS, IGUALDADE E SANIDADE-ENSINO E DEPORTE S/APROBACIÓN DE EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DE SERVIZO DE CATERING DE COMEDORES ESCOLARES PARA OS CENTROS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA DO CONCELLO DE CANGAS"

Convocatoria Xeral Ordinaria

Ningún comentario:

Convócase Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación a celebrar o vindeiro martes dia 29 de setembro do 2015 na biblioteca do centro ás 18:45 horas, e en segunda convocatoria ás 19:00 horas.

ORDE DO DIA:
  •  Lectura e aprobación, se procede da acta anterior.
  •  Lectura e aprobación de contas
  •  Anpa, presentación. Para que sirve a Anpa.
  •  Comedor Escolar
  •  Aplicación Tokapp, medios de comunicación.
  •  Actividades extraescolares.
  •  Proxecto Muro, 25 aniversario.
  •  Visita do Concellal de Educación ao centro.
  •  Preguntas e suxestión.
A Presidenta

xoves, 24 de setembro de 2015

Aviso: remata o prazo de inscrición nas actividades do ANPA

Ningún comentario:
Esta entrada é só para avisar que o día luns 28 ás 14:00, remata o prazo de inscrición ás actividades ofertadas polo ANPA. Animádevos, que hai algúns grupos aos que lles falta moi pouco para completar a cota mínima necesaria...

martes, 22 de setembro de 2015

"Ensino y Policía Local inician en A Rúa una serie de visitas a los colegios de Cangas" (Faro de Vigo 22/09/15)

Ningún comentario:
..."El titular de la Concellería de Ensino, Xoán Chillón, y responsables de la Policía Local de Cangas iniciaron ayer una serie de visitas por los centros educativos del municipio para conocer de primera mano las necesidades de los colegios"... 
...Escombros no Parking, sinalizacións, desbrozar, e outras accións pedidas e pendentes...

venres, 18 de setembro de 2015

III Festival das Núbebes en Pontevedra (do 18 ata o 27 deste mes)

Ningún comentario:
Na súa terceira edición, o Teatro Principal será de novo un dos espazos onde se leve a cabo o Festival das Núbebes, de artes escénicas para bebés e familia. A Casa das Campás, a Casa Azul ou a Praza do Teucro serán outros dos emprazamentos. Recomendamos consultar o programa que podedes descargar en PDF neste enlace https://goo.gl/wtYM7W para coñecer os horarios, prezos e particularidades de cada actividade, xa que habéra para público infantil e familiar e para profesionais.

Os días 18, 19, 20 e 25, 26 e 27 de setembro, o festival encherá de actividades diferentes lugares da cidade de Pontevedra. O obxectivo é fermoso e sinxelo: ser o punto de encontro no que os nenos e nenas, pais e nais, avos/as... poidan aprender xuntos, compartir experiencias e gozar dun tempo de lecer en familia.

Serán dúas intensas fins de semana cheíñas de cousas bonitas pensadas especialmente para bebés de 0 a 6 anos; teatro, danza, música, obradoiros, contacontos...