martes, 4 de decembro de 2018

Menú Decembro

Ningún comentario:


Acendido navideño Cangas

Ningún comentario:


 Mañá mércores día 5 ás 19:30H terá lugar o Acendido navideño na nosa vila.
Non o perdades!!!





luns, 3 de decembro de 2018

IV CONCURSO DE POSTAIS NAVIERA NABIA

Ningún comentario:



Ola de novo Piratas !!!
 
Como dicta a tradición, lanzamos o noso "IV Concurso de Postais"
 
Tedes as regras para participar.
 
E agora, si, aquí está o formulario de rexistro. Lembrade que tedes que seguir todos os pasos.
 
Unha vez recibidos os formularios de inscrición, volo confirmaremos a través deste correo electrónico.
 
Agardamos todas as tarxetas postais !!
Preparados, listos a debuxar !!!!!!!

pd. aproveitamos para lembrarvos as viaxes que temos para escolares, apurade, reserva a túa viaxe e non vos quededes sen praza.
 


Regras para participar:


Formulario Rexistro:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeZsdWkdGJSMZpi4umk4roObhNC7VoEqtnJ1uxLKmH9yATstA/viewform

ENREDOS DE NADAL

Ningún comentario:
https://cangas.gal/portal-cidadan/noticia/gl/461









O Concello de Cangas a través das Concellarías de Ensino e Deportes, Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, e Xuventude e Voluntariado organiza o programa “ENREDOS DE NADAL 2018”, que ten coma obxectivos principais:

  • Fomentar a igualdade de oportunidades
  • Crear un lugar de encontro entre rapaces e rapazas.
  • Potenciar un modelo de sostenibilidade social.
  • Promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral da cidadanía.
  • Xerar unha rede de servizos sociocomunitarios diversos e flexibles.
  • Desenvolver actividades para nenos e nenas fóra do horario escolar, en períodos vacacionais, tendo en conta a perspectiva de xénero.

Dirixido a: Nenos/as de 4 a 12 anos .
  • Grupo de 4-6 anos
  • Grupo 7-10 anos
  • Grupo 11-12 anos

Datas:
  • 1ª quenda: 26/27/28
  • 2ª quenda: 31/2/3/4
  • Actividade completa: 26/27/28 decembro e 31/2/3/4 de xaneiro
Horarios:
Actividades 9:00 – 14:00

Actividades a desenvolver:
Talleres, xogos cooperativos,dinámicas de grupo, comedor.

Lugares: CEIP Nazaret // CEIP Espiñeira (se xuntamos un número para facer grupo)

Prezo: Actividades de mañá: 5 €/día
Inscrición : ata o mércores 12 de decembro

Información e inscrición: Casa da Xuventude Rúa Real 29, teléfono 986392171



NOTA: A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade porá a disposición dos veciños/as de Cangas axudas para uunidades familiares que por escasez de recursos económicos non poden afrontar o custo das actividades de verán. Para máis información dirixirse a Centro Municipal de Benestar Social- 986392266



martes, 6 de novembro de 2018

II Romaría MAGOSTO NA RÚA

Ningún comentario:
 O noso cole está a organizar a II Romaría Magosto de CEIP A Rúa, será o próximo día 12 de Novembro. O cole solicita a nosa participación.
a Idea é facer unha romaría tradicional, coa castaña, os productos de outono e a música galega coma protagonistas. Hai previstas varias actividades coa intención de que os nenos e nenas vaian pasando por todas. Podedes colaborar de diversas formas:

  • Axudando a asar castañas
  • organizando xogos populares
  • aportando o voso talento como músicos de música tradicional galega
  • elaborando doces típicos do outono para compartir entre todos
  • Participando nalgún dos obradoiros seguintes
                          1- Obradoiro de baile galego
                          2- Obradoiros de oficios e artesanías tradicionais
                          3- Obradoiro de manualidades con castañas e landras
                          4- Obradoiros que vós propoñades e que teña coa temática do Magosto
En función das vosas propostas, elaborarase o programa das actividades e poranse en contacto con vós para organizalo.