1ª FEIRA DO LIBRO "CEIP A RÚA" -- ADIADO!!
A 1ª Feira do Libro do "Ceip A Rúa" prevista para o domingo 23 de abril queda adiada até a semana de das letras galegas por mor da predicción de chuvias para este fin de semana.
A 1ª Feira do Libro do "Ceip A Rúa" prevista para o domingo 23 de abril queda adiada até a semana de das letras galegas por mor da predicción de chuvias para este fin de semana.
13 OUTUBRO 2022
16:30
Biblioteca CEIP A Rúa
O OBRADOIRO
Este obradoiro é parte das actuacións do Plan de Convivencia do cole para traballar conxuntamente, nos ámbitos familiar e escolar, a prevención da violencia e a resolución de conflitos.
As familias, ademais de ser parte fundamental na transmisión de valores e coñecementos, deben ser parte do traballo na prevención así como na detección da violencia.
O obradoiro está organizado en dúas partes:
A actividade vai ser dirixida por 2 profesionais que están actualmente a traballar na implantación de modelos deste tipo en diferentes centros educativos de Galicia.
Nestes vídeos explícase qué son as prácticas restaurativas:
ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR!
Este obradoiro forma parte dunha Actividade de Promoción da Igualdade e de prevención da violencia de xénero e está subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia á Anpa A Rúa.
Mar Penela, arquitecta e profesora experta na transformación dos espazos educativos dará esta charla para familias do Ceip A Rúa o martes 4 de outubro, na biblioteca do cole de 16:30 a 18:00.
O propósito desta formación é implicar ás familias e dar a coñecer a importancia de conerter os ESPAZOS nunha FERRAMENTA DE APRENDIZAXE e de fomentar un xogo libre non ligado aos estereotipos de xénero.
Contaremos con servizo de canguraxe para as crianzas, no que monitoras/es desenvolverán actividades no propio centro.
Esta charla forma parte dunha Actividade de Promoción da Igualdade a través dun proxecto de construción cooperativo que implica a todo o alumnado do CEIP A Rúa e está subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade.
Partillamos información da oferta de actividades extraescolares para o curso 2022/2023.
Descargade o documento nesta ligazón.
Instrucións para a inscrición nas actividades extraescolares 2022-2023
Formulario de inscrición.
[NOVO 30/09/2022] HORARIO SEMANAL DEFINITIVO das actividades
Ola familias!
Partillamos información do programa de xornadas arredor da temática da Convivencia Escolar que a Asociación Convives organiza, en liña, os vindeiros xoves deste mes de febreiro de 2022:
- 3 febreiro. 16:30 - 18:30. Bienestar y CUIdadanía [programa_Convives_03]
- 10 febreiro. 16:30 - 18:30. Ciberconvivencia [programa_Convives_10]
- 17 febreiro. 16:30 - 18:30. Participación e Convivencia [programa_Convives_17]
- 24 febreiro. 16:30 - 18:30. Inclusión y Equidad [programa_Convives_24]
As sesións desenvolveranse na plataforma Zoom, para inscribirse enche o formulario na seguinte ligazón:
https://docs.google.com/forms/
Saúdos!
Nenos e nenas participaron nun obradoiro de radio e igualdade organizado pola ANPA, realizado pola Asociación de Comunicación para o Cambio Social AGARESO e financiado pola Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. Como resultado, gravaron un programa onde reflexionaron sobre os estereotipos, os roles e a discriminación de xénero.
Para iso, achegáronse ás personaxes de debuxos máis populares, aos contos clásicos e ao formato informativo desde unha perspectiva feminista. "Por un presente en igualdade" foi un dos desexos formulados polo alumnado como unha invitación a sumarse á loita contra o machismo.
Pódese escoitar aquí:
https://www.ivoox.com/igualdade-ceip-a-rua-cangas-audios-mp3_rf_77605346_1.html
A Gameliña, Federación de Anpas de Cangas, pon a disposición das familias a Biblioteca Viva:
Para ver todos os libros, videoxogos e xogos que temos dispoñibles consulta no seguinte enlace o listado 
https://federanpasdecangas.blo
Cando elixas o que queres envia un correo solicitandoo a biblioanpas.igualdade@gmail.co
O mércores unha persoa da túa ANPA fará entrega no teu centro escolar (Sara Soage / Alicia Alonso para o CEIP A Rúa)
Os luns toca recollida do mesmo xeito que se fixo a entrega.
Actividade levada a cabo dentro da axuda recibida para a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres.
Ola familias,
Podedes consultar os protocolos de actuación ante a Covid-19 de cada unha das actividades extraescolares xestionadas pola Anpa.
Saúdos,
· Protocolo Xeral Extraescolares Anpa A Rúa
· Protocolo Fútbol Base - Futbito
· Protocolo Música e Movemento
Ola familias!
Dende a ANPA queremos lembrarvos que aínda que rematara o prazo para inscribirse nas extraescolares, si podedes inscribirvos nos grupos que aínda teñen aforo dispoñible.
As actividades que xa NON teñen prazas libres son Xadrez, Teatro e Cociña.
Deixámosvos o horario actualizado e a folla de inscrición nestas ligazóns:
· Horario
Enviade as novas inscricións a anpa.arua@gmail.com
Saúdos!
Ola familias!
Achegámosvos a folla coa información e instrucións para anotar ás nenas e nenos nas actividades extraescolares que comezan en outubro.
Debedes cumplimentar unha folla de inscrición por cada nena ou neno (que levarán para casa mañá luns 27).
Por favor, seguide as instrucións que nesta folla se detallan. Debedes entregar as inscricións entre o martes 28 ás 09:30 e o xoves 30 ás 17:00 (preferentemente a través de correo electrónico).
Unha aperta.
Xunta directiva