xoves, 29 de outubro de 2009

PILATES PARA PAIS E NAIS

Ningún comentario:
Informamos que a actividade de pilates para pais e nais dará comezo o vindeiro mércores dia 4 de novembro, de 19:00 horas a 20:00 horas.

Tod@s os interesad@s en realizar a actividade deberan levar un par de calcetins gordiños e unha bufanda longa ou fular, dos que chegan case ós pés.

Animádevos!!

mércores, 28 de outubro de 2009

O SAMAÍN

Ningún comentario:
FELIZ ANINOVO!!!

A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta e a súa festa en honor dos defuntos, marcando a transición do outono o inverno...

O SAMAÍN

A festa do Samaín, marcaba para os celtas o comezo dun novo ano.

Esta antiga festividade céltica foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espiritos dos defuntos, que nesta data, terian autorización para camiñar entre os vivos.

Polo Samaín era costume baleirar nabos de grande tamaño - posteriormente cabazas - para porlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición ten continuidade nas festas de Halloween, exportada ós Estados Unidos por irlandeses a finais do século XIX, ainda que en Galicia segue a celebrarse o samaín.

Ver mais en www.xuvecurtis.com

xoves, 22 de outubro de 2009

Concurso Fotográfico

Ningún comentario:

La "Liga Española de la Educación" junto a "Rayuela" la web de los Derechos de la Infancia os invita a participar en un concurso de Fotografía con el tema ¿Saludable?

El objetivo de este concurso consiste en fomentar, reconocer, difundir y favorecer hábitos de vida saludables a través de las imágenes fotográficas que los participantes capten en su vida cotidiana.

Para conocer las bases PINCHA AQUÍ

Para bajarte los anexos para poder participar PINCHA AQUÍ

Publicado en rayuela.org

martes, 20 de outubro de 2009

III XORNADAS DE ABSENTISMO ESCOLAR E CONVIVENCIA

Ningún comentario:
Dende o gabinete da alcaldía convidannos a asistir a esta xornada, que terá lugar o xoves 22 de outubro as 19:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello de Cangas.
Programa de actividades
III XORNADAS SOBRE ABSENTISMO ESCOLAR E CONVIVENCIA NO CONCELLO DE CANGAS


Xoves 22 de outubro de 2009

Salón de plenos Concello Cangas


venres, 9 de outubro de 2009

ESCOLA DE PAIS E NAIS NO CEIP A RÚA

Ningún comentario:



Invitamos a todos os pais e nais do alumnado do CEIP A Rúa a participar o vindeiro martes, día 13 de outubro, ás 17:30, no CEIP A Rúa, nunha reunión informativa sobre o programa das ESCOLAS DE PAIS E NAIS que pretendemos levar adiante durante este curso e que están organizadas polo departamento de prevención do Ilmo. Concello de Cangas.

Unha escola de pais e nais trata os temas que máis nos preocupan sobre a educación e relación cos nosos fillos e fillas, e permite compartir os nosos puntos de vista cos doutros pais e nais.

Temos aquí unha boa oportunidade para aprender e resolver moitas dúbidas acerca da educación dos nosos fillos e fillas.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!


Publicado por CEIPARUA en 21:43
Etiquetas: Departamento de Orientación, Informacion a familias

ENQUISA (sistema gratuidade libros de texto)

Ningún comentario:
O pasado xoves día 8 de outubro, fixemos por fín o reconto da enquisa, que enviamos a tódalas familias do cole o pasado día 28 de setembro, e o resultado foi o seguinte:

Dun total de 160 familias que formamos parte do Ceip A Rúa, devolvéronse 89 enquisas, das cales 80 decían estar dacordo co sistema anterior de gratuidade por préstamo e 9 decían estar dacordo co sistema actual de gratuidade por renda.

Tanto a representación de profesores coma da Anpa que estivo no reconto, quedamos moi satisfeitos coa alta participación.

Gracias a tod@s os que participaron, xuntos podemos!!

mércores, 7 de outubro de 2009

NOTA INFORMATIVA E NOVA ACTIVIDADE

Ningún comentario:

Informamos de que por non chegar a facer grupo suficiente de nen@s e pais/nais, este ano non se realizarán as seguintes actividades:

Lingua de signos, manualidades, animación á letura, gaita e percusión, balonmán, batuka para pais e nais, informática para pais e nais e patinaxe para pais e nais.

Ademáis algunhas actividades sufren pequenos cambios horarios, que son os seguintes:
- Diverfit, os xoves, pasa ó horario de 16:45 a 17:45
- Futbol, os venres, tamén se adianta de 16:45 a 17:45

Respecto ó voluntariado para facer gardas nas actividades, queremos felicitar e agradecer a tódolos pais que xa están apuntados. Animamos a todos os pais e nais que teñen o seu fill@ nalgunha actividade, que se una o noso voluntariado, cantos mais sexamos, menos gardas teremos que facer, ainda que sabemos que moitos de vos ainda que quixerades non podedes.

NOVA ACTIVIDADE PARA PAIS E NAIS
 
Queremos ofertar unha nova actividade, “Pilates para pais e nais”, que empezaria a partir do vindeiro mes (Novembro) e realizariase en principio os luns de 19:00 a 20:00 horas. Se estades interesad@s, cubride os vosos datos e simplemente mandar a inscripción que vos enviaremos polos vosos fill@s ou vos mesmos remitilo ó buzón da Anpa ou correo electronico actividades.arua@gmail.com

martes, 6 de outubro de 2009

SEGUIMOS CRECENDO (APA de Ribeira)

Ningún comentario:
Las APA de Ribeira se concentrarán para pedir

la gratuidad de los libros

Los colectivos de padres del municipio también han iniciado una campaña de recogida de firmas
Publicado en La Voz de Galicia 04/10/09

Ler mais

mércores, 30 de setembro de 2009

Concurso de Dibujo del Defensor del Pueblo

Ningún comentario:
El Defensor del Pueblo, en colaboración con la Fundación de Derechos Humanos de la Comunidad Valenciana y la ONG Globalización de los Derechos Humanos convocan dicho concurso, en el que pueden participar todos los escolares españoles de Primaria y Secundaria.

Bases
10 Premios que serán entregados en el Congreso de los Diputados
Tipo de trabajos: dibujos sobre Derechos Humanos
Para alumnado de Primaria y Secundaria de toda España
Plazo: hasta el 8 de noviembre de 2009

xoves, 24 de setembro de 2009

NON TEN DESPERDICIO...

Ningún comentario:
Hai un ataque ao ensino público que non se recorda en Galicia

Iso di o Sr. Vazquez, o que non di é que o ataque é por parte da conselleria de educación e non o contrario como pretende facernos crer, lede a continuación este artigo publicado na web de Confapa-Galicia

Despois dunha semana «quente», o responsable de Educación valora positivamente o inicio de curso, no que segundo el houbo máis incidencias políticas ca educativas Jesús Vázquez afirma que está a vivir un inicio de curso tranquilo. Os sindicatos non comparten a súa opinión, pero o responsable de Educación da Xunta acusa á oposición de orquestrar toda unha campaña contra o ensino público en Galicia.


A TODAS AS APAs DE CONFAPA-GALICIA

Ningún comentario:
Compañeiros e amigos:

CONFAPA-GALICIA ante as medidas levadas a cabo polo actual Goberno autonómico e máis concretamente as reformas anunciadas ou xa emprendidas polo Conselleiro de Educación, Sr. Vázquez, quere manifestar o seguinte:

Nestes últimos meses e aproveitando o período vacacional, preséntanse ante a opinión pública e baixo a premisa de “austeridade en época de crise”, unha serie de recortes orzamentarios que corresponden exclusivamente a intereses ideolóxicos e sociais, tentando modificar un sistema educativo que vai prexudicar gravemente ao ensino público.

A golpe de orde, decreto ou outras marañas legais, elimínase o sistema de préstamo de libros de texto (outra conquista das APAs) co consecuente quebranto económico para as familias, suprímense postos laborais de profesores xeneralistas e especialistas, así como os de apoio para alumnos con necesidades especiais, agrúpanse alumnos de infantil e primaria e un longo etcétera, todo iso sen criterios pedagóxicos, sen unha análise previa da situación e ignorando ás organizacións que representan á Comunidade Educativa e 


¡NON O IMOS TOLERAR!.

Como contestación inmediata a esta provocación anunciámosvos o comezo dunha serie de actuacións encamiñadas a manifestar a nosa máis rotunda oposición a calquera modificación que supoña un paso atrás na consecución dun sistema educativo igualitario, integrador e compensador de desigualdades.

Por iso, CONVOCÁMOSVOS A UNHA CONCENTRACIÓN PACÍFICA, DURANTE 10 MINUTOS Á ENTRADA DO VOSO CENTRO O PRÓXIMO DÍA 29 DE SETEMBRO (MARTES) ÁS 12 HORAS BAIXO A LEMA:

¡NIN UN PASO ATRÁS!

Sería conveniente a difusión desta convocatoria a todos os pais e profesores así como aos medios de comunicación da vosa zona.

Para calquera dúbida ou aclaración estamos á vosa disposición en horario de 16,30 a 21,00 horas, de luns a venres no teléfono 981 20 20 02 ou no noso correo confapagalicia@yahoo.esEsta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla .

Na seguridade de que continuaremos coas accións que consideremos necesarias contando, como sempre, co voso inestimable apoio, recibide un saúdo cordial.


Fdo.


Virgilio Gantes Gómez
Presidente

10º Xornada de pais e nais educando en igualdade

Ningún comentario:
O día 3 de outubro, sabado, na illa de San Simón terá lugar esta cita anual para familias que organiza o Seminario Permanente para a Educación en Igualdade. Tratase duns obradoiros nos que participan as familias durante todo un día para tratar dun xeito lúdico os valores da igualdade e o respecto.

Programa: as 10 da mañá sairán os barcos cara a Illa de San Simón, as 11 hai unha conferencia para os pais e nais sobre coeducación e un contacontos para os nenos, despois haberá obradoiros de danza e cociña, xantar, xogos, merenda-concerto e volta en barco.

Se alguén se anima que saibades que é gratuito pero hai soamente 250 prazas para toda Galicia polo que hai que apuntarse pronto no correo electrónico seminario.educacion.igualdade@xunta.es ou no teléfono 981 541618.

Publicado no blog da Anpa A Tahona