xoves, 25 de xuño de 2015

Actividade de plantar unha árbore en Chan d´Arquiña

Ningún comentario:
Tódalas familias que asistiron a ruta de sendeirismo o pasado dia 14 de Xuño, están convidadas a plantar as árbores que quedaron pendentes na ruta, este domingo 28 ás 11:00 horas en Chan d'Arquiña.

Un saúdo.

Ofertas de ludoteca e escola de natación para nen@s neste verán

Ningún comentario:
A dirección da piscina "Aqua2O" púxose en contacto connosco para comunicarnos as promocións das que dispoñen este verán.


Campamento de Atletismo para o verán do clube de Atletismo Samertolameu 2015

Ningún comentario:
Enviamos esta información dun campamento de verán:
"...Campus de atletismo de verán nas pistas de atletismo de Moaña (A XUNQUEIRA). Adestramento impartido por persoal especializado con coñecementos técnicos e ampla experiencia no traballo con nenos e nenas. Práctica das distintas modalidades do atletismo: fondo, cross, velocidade, lonxitude, saltos, lanzamentos.... combinado con actividades lúdicas e divertidas.
IDADES: De 3 a 12 anos INSCRICIÓN: gratuita para atletas do clube e 15€ para non soci@s. Cubrir ficha e realizar o pago o día de comezo da actividade. 
Máis información: clubatletismosamertolameu@gmail.com Tlf: 611455454 DATAS: LUNS E XOVES DO MES DE XULLO DE 10 A 12Horas Os mais pequenos (3-4-5 anos) farán de 11 a 12 Horas. COMEZAMOS O 2 DE XULLO.."

mércores, 24 de xuño de 2015

Emotivo documental feito pol@s profes e alumn@s de 5ª de Primaria do curso 2014/15. Parabéns

Ningún comentario:
Precioso documental d@s alumn@s e profes de 5º curso de Primaria deste curso 2014/2015. Consecuencia do proxecto de "Cine en Curso", o documental se titula "Deixando atrás" que ofrece a súa mirada sobre a emigración en Galicia nos anos 50-60:

martes, 23 de xuño de 2015

Obradoiro de cociña para nen@s entre 5 e 10 anos do Concello

Ningún comentario:

A Concellería de Xuventude e a Concellería de Turismo organizan un Obradoiro de Cociña para nenos e nenas de entre os 5 e 10 anos.


Con motivo da V Feira da Tapa “Cangas Sabe ben”, as Concellerías de Xuventude e  de Turismo ofertan un Obradoiro de Cociña para nenos e nenas de entre 5 e 10 anos, ámbolos dous incluídos.

Esta actividade será impartida por Merchi Rodal, reposteira do programa de cociña “Larpeiros”. Este taller culinario terá lugar o día 25 de xuño entre as 10.00 e as 13.00 hs, no 1º Andar da Praza de Abastos de Cangas.

Para anotarse poden pasar pola Casa da Xuventude en horario de 9.00 a 14.00 hs, ata o día 23 de xuño, pagando unha cota de inscrición de 5 €.

As prazas son limitadas e respectarase a orde de inscrición dos cativos/as.

Máis información:
Oficina de Turismo: 986392023
Casa da Xuventude: 986392171

Banco de libros do Concello de Cangas

Ningún comentario:
Informar aos Pais e nais da mensaxe recibida do Concello ao respecto do banco de libros:

"Pola presente comunicámosvos que o Banco de Libros Municipal comezará o seu funcionamento a partires do 15 de xullo. Esperamos contar cos listados de libros de texto do vindeiro curso para poder organizar as solicitudes e doazóns. 

Sen mais, un saúdo
Elisa Barroso Parada
Centro Municipal de Benestar Social
Rúa Andalucía nº3, baixo
986392266/67"

luns, 22 de xuño de 2015

Vídeo/imaxes da festa de fin de curso deste ano (do 06/06/15)

Ningún comentario:
Aquí tedes un vídeo dalgunhas imaxes da festa do 06/06/15...



Un éxito, grazas a tod@s

xoves, 18 de xuño de 2015

Resumo do libro de contabilidade de ingresos pola cota de soci@s

Ningún comentario:
Nesta imaxe presentamos o resumo dos ingresos obtidos pola cota de socios do curso pasado (2014-15). Tamén se mostra a "relación de socios/non socios" por clase. O obxectivo é conseguir a ratio do 100%...  ANIMÁDEVOS PARA ESTE CURSO!!!!


mércores, 17 de xuño de 2015

Relación de nais e pais do novo equipo directivo da nosa ANPA (17/6/15)

Ningún comentario:
Estimadas familias,
Como todos sabedes, o día 06/05/15 renovouse a Xunta Directiva da Anpa A Rúa. Somos un grupo de nais e pais comprometidos coa educación dos nosos fillos e coa mellora da comunidade educativa en xeral. O actual Equipo Directivo, está formado por 17 membros, comezando esta nova etapa con moito ánimo e ilusión:
  • Presidenta: Mª Elena Iglesias
  • Vicepresidenta: Eva Pereira
  • Secretaria: Ángela Sánchez
  • Tesoureira: Sandra Martínez
  • Vogais: Belén Puime, Bruno Dacuña, Carlos Martínez, Mª Carmen Barreiro, Isabel Rodríguez, María Fernández, Patricia Rodríguez, Modesto Fernández, Mª Belén Cabral, Mª Nuria Nuño, Alba Santos, Iris Cordeiro, Andrea Parcero
Un saúdo.

martes, 16 de xuño de 2015

Comunicado de presentación do novo equipo directivo da nosa ANPA 2015

Ningún comentario:
Estimadas familias,
Como todos sabedes, o día 06/05/15 renovouse a Xunta Directiva da Anpa A Rúa, e a modo de presentación, invitámosvos a participar nas actividades e proxectos que se van a levar a cabo.
Somos un grupo de nais e pais comprometidos coa educación dos nosos fillos e coa mellora da comunidade educativa en xeral. O actual Equipo Directivo, está formado por 17 membros, e comezamos esta nova etapa con moito ánimo e ilusión.

Dicir que sen a colaboración dos socios os nosos proxectos carecerían de sentido, xa que as apartacións de todos os socios, tanto en axuda humana como económica (15 €/ anuais/familia), fan que todo isto sexa posible.

Como mostra, indicar que a Festa de Fin de Curso, e a saída a Chan Darquiña (ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLA ANPA) supoñen un grande esforzo humano e económico, do cal se benefician todas as familias do cole (tanto socios coma non socios).

Aproveitamos a ocasión, para agradecer:
  • A dirección do centro e o profesorado, así coma a todo o persoal non docente, pola súa colaboración.
  • A Xunta Directiva cesante, que facilita a transición e nos aporta a súa experiencia.
  • A todas as familias que forman parte da Anpa, e a todas as persoas que colaborar cando se solicita a súa axuda.
Como conclusión, queremos animar a todas as familias do cole, a PARTICIPAR DE ESTA ASOCIACIÓN, xa que así todos poderemos beneficiarnos da súa actividade, sendo máis xusto para todas as familias.

Un saúdo ,

A Xunta Directiva, Anpa a Rúa

Aquí a ligazón para o documento...

Aula matinal para o curso 2015-2016. Pre-inscrición.

Ningún comentario:
Adxuntamos notificación da actividade extraescolar AULA MATINAL, para o vindeiro curso 2015/2016. Esta actividade dará comezo O PRIMEIRO DÍA DE CLASE e rematará o ÚLTIMO DÍA DE CLASE, favorecendo así a conciliación da vida familiar e laboral.

O PREZO é estimado, xa que poderá variar en función do número de nen@s anotados. As cotas serán mensuais e por meses completos, xa que xa están incluídos os descontos dos meses con menos días.

O resto da oferta de actividades extraescolares enviarase en Setembro, xunto con todas as normas.

@s interesad@s tedes a ligazón coa folla para facer a pre-inscrición, e devolver cuberta no buzón da ANPA, por Tokapp ou por Email (anpa.arua@gmail.com), antes do 19 de xuño.

Un saúdo,

A Xunta Directiva.

"Los neandertales regresan a Chan de Arquiña" (faro de Vigo 16/06/15)

Ningún comentario:
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2015/06/16/neandertales-regresan-chan-arquina/1260550.html ...Vexo que tiñamos un "infiltrado" do mundo da prensa... un éxito, en definitiva...