En Galicia cremos que non entra, pero por se acaso, gardalos.
Deixamos esta ligazón con máis información, e comunidades onde si se indica que desgrava
Deixamos esta ligazón con máis información, e comunidades onde si se indica que desgrava

A ANPA informa que a plantilla de persoal do CHUVI ten convocada unha manifestación para o día 3 de Septembro ás 20 horas dende o H. Xeral (rúa Pizarro), contra os recortes no novo Hospital.
Cidade Imaxinaria á Cidade da Cultura en Santiago. Unha xornada para gozar en familia con viaxeiros equilibristas, bombeiros malabaristas, pallasos magos, principiantes de trapecistas e ata dj’s perruqueiros…
Obradoiros de verán no Museo Massó, O xoves 30 de xullo ás 12 "O QUE O MAR NON QUERE". O que ti non queiras non o tires ó mar. Trae cousas atopadas na praia que o mar devolveu e as reciclaremos como monstro mariño.
9 de xullo, 11:00 na Biblioteca Pública de Pontevedra
"Un día no circo está deseñado para o achegamento lúdico das técnicas circenses a nenas e nenos de 6 a 11 anos. Nesta experiencia poderán practicar equilibrios, malabares e acrobacias dun xeito dinámico e divertido. Este obradoiro, ademais de permitir que os alumnos aprendan as diferentes técnicas do circo vailles servir, tamén, grazas á expresión corporal, para mellorar a súa autoestima, o traballo da cooperación, a sensibilidade, o desenvolvemento da creatividade e da constancia nas diferentes tarefas, a autosuperación,... En definitiva, preténdese que o mundo do circo serva para favorecer o crecemento do alumno como persoa"
Tódalas familias que asistiron a ruta de sendeirismo o pasado dia 14 de Xuño, están convidadas a plantar as árbores que quedaron pendentes na ruta, este domingo 28 ás 11:00 horas en Chan d'Arquiña.