sábado, 28 de novembro de 2015

Vídeo de fotos da Festa de Samaín do 2015

Ningún comentario:
Lambetadas terroríficas, bruxas, momias, vampiros, monstruos, Darth Vader, decapitados, científic@s tol@s, Frankensteins, zombis, esqueletos, demos, pantasmas, descendentes.... tod@s el@s moi divertid@s... grazas a tod@s!!!!

martes, 24 de novembro de 2015

Comeza o Nadal: exposición de dinosaurios en Vigo

Ningún comentario:
Arrinca a campaña de Nadal en Vigo e faio coa exhibición duns grandes e antigos animais. Non se trata de renos, senón de algo máis 'autóctono', os dinosauros. Ata 20 exemplares destes reptiles expóñense na explanada do Club Náutico, Porto e Zona Franca. Os animais serán colocados en diferentes puntos e rúas e un tren eléctrico para nenos percorreraos a modo de visita turística-jurásica.

25 N: Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

Ningún comentario:

Menú do mes de Decembro

Ningún comentario:
Aquí tedes a ligazón co Menú do mes de Decembro...

martes, 17 de novembro de 2015

Baile galego d@s nos@s artistas!!!

Ningún comentario:
Aquí tedes un vídeo co baile que fixeron os alumnos do noso Cole na convivencia que tiveron co Colexio Santa Mariña de Magán (Toledo) e da Escola de Bordils (Xirona). Bo traballo!!! Grazas profes!!!!

"Outro comedor é posible" (documental sobre un comedor dun Cole de Granada)

Ningún comentario:
A sopa en estado de fermentación ou os recipientes que se desfán ao quentar a comida aparecidos nos comedores escolares de Culleredo ou Cambre son a noticia vergonzante destes días e obrígannos a facer unha reflexión. Os comedores escolares non deberían ser só o lugar onde quedan as nenas e nenos tras as clases para comer ata o momento en que podemos ir recollelos. Deben ser o lugar onde os meniños en crecemento nútrense e aprenden a comer. Non deberían ser un negocio con custo á baixa. Deberían ser un servizo que garantise calidade óptima e presentación razoable, porque elas e eles van aprender do que esteamos dispostos a tolerar que se lles sirva... (aquí a ligazón coa noticia completa).

Aquí deixamos, para continuar coa reflexión, o documental sobre o comedor ecolóxico xestionado pola asociación de nais e pai do Colexio de Educación Infantil e Primaria "Gomez Moreno" en Granada.

sábado, 14 de novembro de 2015

Convocatoria de asemblea extraordinaria para o xoves 19/11 ás 19:30

Ningún comentario:
Estimad@s nais e pais,

Co Nadal ás portas, convocámosvos a unha reunión o vindeiro xoves 19 de novembro ás 19:30h, para explicarvos varios asuntos:
  • Cambios na Xunta Directiva
  • Visita dos Reis Magos
  • Programación e posibles actividades co motivo do Nadal
  • Festa de Nadal no cole
  • Axudas cara o Cross
  • Suxestión
Esperámosvos e saúdavos

A Xunta Directiva

venres, 13 de novembro de 2015

A visita de alumnos manchegos e cataláns en Cangas (faro de Vigo 13/11/15)

Ningún comentario:
Os alumnos do Colexio Santa Mariña de Magán de Toledo e da Escola de Bordils (Xirona) que traballan no proxecto audiovisual interescolar "Pensa, crea...acción!" con estudantes do C.E..I.P A Rúa de Cangas, xa están de visita na localidade morracense, nunha xira de tres días de convivencia con actividades culturais en grao sumo variado.

Artigo moi interesante: "cultura científica ou cultura humanística para @s nen@s???"

Ningún comentario:
O 7 de maio de 1959, C. P. Snow (1905-1980) impartiu unha conferencia en Cambridge titulada As dúas culturas, que posteriormente se publicou como libro. Nestes escritos, Snow reflexionaba sobre a brecha existente entre o que entón se denominaban cultura científica e cultura humanística, anticipando que, se non se poñía remedio, estas diferenzas acentuaríanse co paso do tempo. Snow era un erudito que podía falar con autoridade deste tema. Tiña formación e experiencias docentes e investigadoras como físico, pero era un recoñecido literato que exercera diversos cargos en distintas administracións políticas e universitarias. O texto completo (en inglés) da conferencia pódese descargar aquí.

xoves, 12 de novembro de 2015

Educación abre unha nova convocatoria de axudas para material escolar (noticia de onte 11/11/15)

Ningún comentario:
Educación abre unha nova convocatoria de axudas para material escolar

Está dirixida a aquelas familias con fillos en primaria ou secundaria obrigatoria e cuxa renda per cápita non supere os 5.400 euros anuais...

Aquí tedes a ligazón coa información...

Aquí a ligazón da Xunta... "(Xúntase a Orde do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia)".

Cuestionario sobre a convivencia nas aulas

Ningún comentario:
A comunidade educativa galega pode acceder desde mañá ao cuestionario on line sobre convivencia nas aulas que impulsa a Consellería de Cultura e Educación.

Está dirixido tanto ao alumnado como a docentes, familias e persoal non docente vinculado aos centros educativos, que dispoñen de prazo ata o 30 de novembro para cubrilo

Accédese a el a través dunha aplicación informática e cunhas claves aleatorias que a dirección de cada centro entrega aos seus membros

Hai sete tipos de cuestionarios distintos en función do colectivo aos que vai dirixido, cunhas 20 preguntas sinxelas e directas por documento

A Consellería fai un chamamento á participación, xa que canta máis información se dispoña, máis preciso será o diagnóstico e máis efectivas serán as medidas a implementar

...aquí a ligazón