venres, 29 de abril de 2016

O Club Atletismo Vila de Cangas organiza a XXII Xornada de Atletismo Base-Trofeo Cangas Dental o venres 6 de maio de 2016 , ás 17:30 horas

Ningún comentario:
  • As probas celebraranse no estadio municipal de atletismo de Cangas de Morrazo.
  • Celebrarase unha competición na modalidade de probas combinadas. (Os rapaces teñen en participar nas tres/catro probas da súa categoría).
  • Os atletas virán acompañados dun responsable maior de idade (pai, nai, delegado …).
  • A inscrición farase a través do correo electrónico do Club: at.viladecangas@gmail.com, antes do mércores 4 de maio de 2016, facendo constar nome, apelidos, data de nacemento e colexio.
  • O horario das probas pode adiantarse dependendo da participación.
  • Categorías de ano de nacemento dos atletas:
a) MINIBENXAMÍN: 2009/2010/2011
b) BENXAMÍN: 2007/2008
c) ALEVÍN:2005/2006

Xornada informativa sobre a aplicación da LOMCE, Luns 2 de Maio ás 19:00 no Concello de Cangas

Ningún comentario:

xoves, 28 de abril de 2016

Comezan as rodaxes das escolas en Cinema en curso do CGAI

Ningún comentario:
..."A edición 2015-2016 de ‘Cinema en curso’ entra na súa recta final coa rodaxe das películas por parte dos alumnos dos catro centros educativos galegos que participan neste programa pedagóxico internacional, coordinado en Galicia polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) dentro do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Culminará así o traballo que os estudantes do CEIP A Rúa de Cangas, CEIP San Xoán de Becerreá, IES Manuel Chamoso Lamas do Carballiño e IES Manuel Murguía de Arteixo veñen desenvolvendo nos seus respectivos talleres cos cineastas galegos Ángel Santos, Jaione Camborda e Marcos Flórez.

Primeiro filme de ficción

A primeira das rodaxe é a que inician hoxe os alumnos de 6º de Primaria do CEIP A Rúa de Cangas, centro que durante dous anos consecutivos obtivo o Premio Nacional de Alfabetización Audiovisual do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte polas súas curtametraxes para ‘Cinema en curso’. O director pontevedrés Ángel Santos acompáñaos na gravación da que será a primeira peza de ficción da sección galega deste programa educativo, ata o de agora centrado exclusivamente no documental. Durante o seu taller co realizador de ‘As altas presións’, o grupo de traballo integrado por nenos e nenas de 11 e 12 anos de idade definiron as situacións emocionais que vive o protagonista do seu filme, ademais de planificar a produción da súa rodaxe"...

Xornadas Educativas no Concello de Cangas, hoxe 28/04 ás 19:00

Ningún comentario:

Menú do mes de Maio 2016

Ningún comentario:
Aquí tedes o menú do próximo mes... saúdos...

mércores, 27 de abril de 2016

Carta de rexeitamento das reválidas de 3º e 6º de primaria proposta pola Confederación de ANPAS Galegas.

Ningún comentario:
Dende a Confederación de ANPAS Galegas s informa o seguinte:

"ANIMAMOS ÁS FAMILIAS A SUMARSE Á INSUBMISIÓN Á REALIZACION DESTAS PROBAS SOBRE OS NOSOS FILLOS E FILLAS, non os enviando ao colexio durante as horas, ou días, da súa realización

• Chamamos ás familias para que manifesten o seu rexeitamento, a través da presentación do escrito que se acompaña.

• Expresamos publicamente o noso rexeitamento como confederación, e invitamos a todas as federacións de ANPAS e a todas as ANPAs a que o fagan así en todos os foros que teñan ao seu alcance, páxinas web, redes sociais, taboleiros de anuncios, difusión aos seus socios,…

• Esiximos nova e constantemente a derrogación da LOMCE, non queremos esa Lei, e non pararemos de dicilo."

Real Club Náutico Rodeira organiza este verán a segunda edición dos English Sailing Camps

Ningún comentario:
Dende o "Real Club Náutico Rodeira" transmitíronnos esta información:

"...estamos desenvolvendo unha campaña informativa e de promoción dos nosos English Sailing Camps que poñeremos en marcha nos meses de xullo e agosto en Cangas, por segundo ano consecutivo.

 Esta actividade mestura deporte, actividades de ocio e tempo libre co uso e practica do ingléspara o cal contamos coa colaboración da academia especializada Dublin English Centre, con máis de 25 anos de experiencia.

 Despois de éxito alcanzado o pasado ano, dende o club estamos traballando para reeditar esta iniciativa co obxectivo de ofrecer as familias unha alternativa de calidade para os seus fillos/as, nos que podan aprender un idioma estranxeiro, practicar deporte, coñecer o mar e o entorno natural da nosa vila.

 Neste sentido gustaríanos destacar que o R.C.N. Rodeira foi recoñecido con galardóns como a Bandeira Azul e a Q de Calidade Turística, que certifican o compromiso da nosa entidade pola calidade e o medio ambiente"...

Aquí tedes a ligazón con toda a información...

venres, 22 de abril de 2016

Vídeo da ONG "YoEstudiéEnLaPública" solicitando o pacto educativo...

Ningún comentario:

Convocatoria Asemblea Extraordinaria (o mércores 27 ás 19:30)

Ningún comentario:
O proximo mércores 27 abril celebrásese unha asemblea xeral extraordinaria, ás 19:30h. e que terá a seguinte orde do día:
1.  Lectura e aprobación acta anterior.
2. Exposición e aprobación presuposto festa fin de curso.
3. Información LOMCE
4. Aprobación contas 2 trimestre.
5. Funcionamento comedor.

Rogamos a asistencia de todos os pais/nais debido á importancia dos puntos para tratar.

Esperámosvos a tod@s.

ANPA A RUA

Información do Cross de Tirán do 8/5/16

Ningún comentario:
Se adxunta inscrición para o Cros de Tirán , que se celebrará o domingo 8 de maio. Tod@s @s interesad@s podedes, facilitando os datos solicitados para inscribirse, deixando na caixa de correos do anpa ou enviando mail a: anpa.arua@gmail.com antes do 27 de abril.


Aquí tedes toda a información...

A Real Academia Galega pon en marcha o proxecto web Primavera das Letras

Ningún comentario:
O CEIP Curros Enríquez da Coruña acolleu esta mañá (11/04/16) a presentación de "Primavera das Letras". A Real Academia Galega presentou na biblioteca deste colexio do barrio coruñés de Monte Alto, no que Manuel María viviu a derradeira etapa da súa vida, este novo proxecto pensado para fornecer o profesorado, a través das novas tecnoloxías, de recursos didácticos que permitan traballar os contidos educativos relacionados co Día das Letras Galegas alén dos días previos ao 17 de maio e desde unha perspectiva interdisciplinar. 

Aquí tedes a ligazón...