luns, 13 de marzo de 2017

Campamentos Depo Aventura A Lanzada 2017. Diputación de pontevedra

Ningún comentario:
www.campamentos.info






 Inscripción  Campamentos da Lanzada dende mañá día 14 de marzo ata o día 7 abril.


Máis información na Casa da Xuventude-Cangas.


Tlfno: 986392171


Deixámosvo-lo enlace para máis información:





VIII CROSS ESCOLAR CEIP "A RÚA"

Ningún comentario:
Aquí deixamosvo-lo cartel e a folla de inscripción:







CROSS ESCOLAR CEIP A RÚA

Ningún comentario:
Aquí vos deixamos o  cartel , o mapa do percorrido e a folla  de inscripción para o cross, que terá lugar el vindeiro domingo 26 de marzo a partires das 10:30 da mañá.







venres, 3 de marzo de 2017

Horta Escolar na "Rúa"

Ningún comentario:


           O vindeiro martes día 7 de marzo ás 17:00, terá lugar una reunión no colexio para organizar os grupos de traballo disponibles para poner o proxecto da horta en funcionamiento.


Todos os que queiran participar será ben recibidos.


Un saúdo







Folga Xeral do ensino.

Ningún comentario:
O xoves 9 de marzo está convocada una folga xeral de educación.




xoves, 2 de marzo de 2017

martes, 28 de febreiro de 2017

Menú Comedor mes Marzo

Ningún comentario:
Aquí  deixámosvo-lo menú correspondente ó mes de marzo.





mércores, 22 de febreiro de 2017

Festa do Entroido na RÚA

Ningún comentario:
Este venres 24, de 5 a 7 da tarde, chocolatada no cole. Traede algo para tomar co chocolate.
As Actividades extraescolares quedan suspendidas ese día.
Animádevos a participar.







martes, 21 de febreiro de 2017

Convocatoria concurso deseño escolar

Ningún comentario:







Apreciado Señor, apreciada Señora:



A Federación Galega De Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros, en colaboración co Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia (Coxga) convoca o VIII Certame de Deseño Escolar “Deseña unha Xoia para a túa Nai”, dirixido a escolares de educación infantil e primaria de Galicia, con idades comprendidas entre os 0 e 12 anos (inclusive), con ocasión da celebración do Día da Nai.

Esta iniciativa, que acadou un gran éxito nas pasadas edicións, ten como obxectivo impulsar a expresión artística dende unha idade temperán e despertar nos nenos e nas nenas a curiosidade polo mundo do deseño, ademais de achegar ao conxunto da sociedade unha profesión de gran arraigo e tradición en Galicia.

Ademais, este divertido proceso de creación, que culmina coa execución dos deseños gañadores polos nosos profesionais, permítelle aos pequenos deseñadores ver unha aplicación práctica á súa creatividade, servindo de apoio á súa formación.
Pode consultar as bases completas do concurso premendo aquí.
Tamén pode consultar os deseños finalistas e gañadores da pasada edición, un álbum do acto de entrega de premios de 2016 e un vídeo de todo  o proceso do concurso:






Para ver os deseños finalistas da edición pasada, prema aquí.
- Para ver os deseños gañadores da edición pasada, prema aquí.
- Para ver o álbum do acto de entrega de premios 2016, prema aquí.
- Para ver un vídeo de todo o proceso do concurso (convocatoria, reunión xurado, fabricación xoias e acto de entrega de premios), prema aquí.








Os dípticos de participación pódense:



O prazo de presentación dos deseños remata o venres 31 de marzo e pódense entregar en:

  • calquera dos establecementos colaboradores. Consultar listado aquí.
  • oficina do Colexio, persoalmente, por correo postal ou mensaxería:

COXGA (Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia)

rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B

15701 Santiago de Compostela



Sen máis, desexamos que esta actividade resulte do seu interese para vostede e o seu grupo de traballo.
Quedamos a súa enteira disposición.
Reciba un cordial saúdo,






sábado, 18 de febreiro de 2017