luns, 6 de outubro de 2025

PROXECTO: "ROMPENDO ESTEREOTIPOS PARA MEDRAR EN IGUALDADE"


   
Benqueridas familias,

Este ano, de novo, a nosa AFA  beneficiaráse da axuda da Xunta de Galiza en materia de Igualdade.

Esta axuda, dirixida a asociacións de nais e pais de alumnado de todos os centros educativos de Galiza, ten como finalidade potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero; e está financiada pola Dirección Xeral de Promoción da Igualdade e cofinanciada con fondos finalistas do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

        O Programa financiado titulase ROMPENDO ESTEREOPTIPOS PARA MEDRAR EN IGUALDADE e inclúe as 5 seguintes actividades:


ACTIVIDADE 1: "MÁIS ALÓ DO PRATO": Estereotipos, alimentación e Imaxe Corporal.

A cargo de LIDIA FOLGAR, dietista-nutricionista especializada en trastornos alimentarios e nutrición pediátrica.
       
Con ela realizaremos un Obradoiro para familias de dúas horas de duración o vindeiro Mércores 8 de Outubro de 17:30 a 19:30 horas.

Esta actividade ten como obxetivo sensibilizar ás familias sobre o impacto dos estereotipos de xénero na alimentación e na imaxe corporal infantil; así como na cousificación do corpo das mulleres. A través dunha metodoloxía participativa, ofrécense ferramentas para previr problemas e fomentar unha relación positiva coa comida e co corpo dende a casa.

ACTIVIDADE 2: "QUERO PODO E DECIDO": Estereotipos e Sexualidade.

A cargo de HADRIANA ORDÓÑEZ OTERO, psicóloga sanitaria e educadora sexual, facilitadora de LEGO Serious Play e experta en violencia de xénero.

Impartirá unha sesión de tres horas cun grupo de terceiro ciclo de primaria e unha sesión con familias de dúas horas o 29 de Outubro (horario por confirmar).

Esta actividade busca desmontar os estereotipos sobre o amor romántico, a sexualidade, o consentimento e a violencia de xénero; ofrecendo ferramentas ás familias e á comunidade educativa par abordar estes temas con adolescentes.

A través da metodoloxía LEGO Serious Play promévse a reflexión crítica e a toma de consciencia sobre modelos de relación máis sans e respectuosas.

ACTIVIDADE 3: "DESAFÍA OS ESTEREOTIPOS: Unha experiencia para pensar".

A cargo de PATRICIA CANABAL, psicóloga, psicoterapeuta con orientación humanista, emocional, creativa e corporal. Postgrado en conducción de grupos e creatividade.

Realizará 8 obradoiros co alumnado de Infantil e Primaria e unha sesión de 3 horas para familias o 27 de Novembro de 16:30 a 19:30.

Esta actividade busca fomentar a observación, a empatía e a resolución cooperativa de conflitos ante situacións de desigualdade; a través de experimentos sociais de convivencia. Pretende promover o debate, a reflexión e a sensibilización sobre igualdade de xénero e novas masculinidades.

ACTIVIDADE 4: "O ENIGMA DA IGUALDADE: Descubrindo Cangas sen Estereotipos".

Coordinada pola Asociación Illa Dos Ratos.

Esta actividade propón unha xincana polo CEIP A RÚA para desmontar os Estereotipos de Xenéro a través da música, tradicións e gastronomía, poñendo en valor o papel das mulleres na contorna. 

Está dirixida a toda a comunidade educativa, prevista para a semana do 17 de Novembro (data por confirmar).

ACTIVIDADE 5: "SENTIR SEN ETIQUETAS: Rompendo Estereotipos na Xestión das Emocións"

A cargo de NURIA SALGADO, psicóloga sanitaria especialista en ansiedade, estado de ánimo e problemas de relación.

Impartirá un obradoiro de 1,5 horas dirixido a familias o Xoves 6 de Novembro de 17:00 a 18:30 horas.

Esta actividade busca reflexionar sobre cómo as etiquetas e estereotipos de xénero condicionan a percepción e a xestión das emocións; promovendo a comprensión dos sentimentos sen xuízos, e a eliminación de condutas machistas aprendidas.

👉 As inscricións para os obradorios faranse a través dos formularios publicados na canle TELEGRAM desta afa.
👉Todos os obradoiros para familias contan con servizo de canguraxe previa inscrición.
(Lembrade que o custo deste servizo vai en función do número de crianzas, así que se finalmente non o precisades, notificádeo canto antes)
👉Na medida do posible e, sempre que os ponentes de cada obradoiro así o autoricen, faráse conexión online parelelamente, para os que non vos podades desplazar ata aquí.


Ningún comentario: