A Confederación de Anpas Galegas está en contra do sistema de elección dos directores dos centros educativos que recolle a LOMCE. Segundo o colectivo, "se lle dean as voltas que se lle dean, a realidade é que a administración educativa vai nomear a máis do 50% dos electores do director. Eso é tanto como escoller o director directamente". Así o explicaba nunha entrevista este mércores en Radio Obradoiro o vicepresidente de Anpas Galegas.
xoves, 13 de marzo de 2014
sábado, 1 de marzo de 2014
ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA ANPA A RUA 25/02/2014
Comenza a asamblea as 17:00h
Asisten 11 persoas
Unico punto da orde do día “Campaña de promoción da gratuidade universal dos libros de texto no ensino público obrigatorio galego”
venres, 28 de febreiro de 2014
MATRÍCULA 2014-2015
Labels:
Anpa A Rua,
Matrícula
Ningún comentario:
Comeza o período de matrícula para o curso 2014-2015
Os postos escolares vacantes están publicados no taboleiro de anuncios do centro.
luns, 9 de decembro de 2013
ANPAS GALEGAS
Por fin, despois de anos de reunión a nova Confederación de Anpas de centros publicos galegos, ANPAS GALEGAS, presentarase maña as 11h ante a prensa en Santiago.
Un boa nova para rematar o ano!!
Deixamosvos o enlace por se queredes votarlle unha ollada, xa que estamos confederados nela: http://www.anpasgalegas.org/
mércores, 23 de outubro de 2013
FOLGA XERAL NO ENSINO 24 OUTUBRO
En relación coa convocatoria de folga no ensino público do vindeiro xoves 24 de outubro, a Federación de Anpas de Centros Públicos de Cangas mantivo o pasado mércores 16 de outubro unha reunión extraordinaria, na que se decidiu por maioría secundar a citada folga. Como ANPA integrada nesta federación, convocamos a toda a comunidade escolar do Ceip A Rúa a secundar a folga xeral do vindeiro xoves, nais e pais, alumnos e alumnas, avoas e avós, mestras e mestres, tías e tíos, etc. Asimesmo, convocámosvos a participar nunha CONCENTRACIÓN na praza do Concello de Cangas, ás 19:30h e posible marcha dependendo do nº de manifestantes.
venres, 20 de setembro de 2013
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2013/2014
Coa finalidade de poñer en marcha as actividades extraescolares do curso 2013-2014 rogámosvos que devolvades, por medio dos vosos fillos, o formulario debidamente cumprimentado antes do 25 de setembro, co nome do alumno/a, curso e actividades xestionadas pola Anpa nas que esté interesado en participar.Os nenos/as poden votar o formulario no buzón da ANPA.
Este ano algunhas das actividades irán a cargo da empresa Imaxina e intentarase que den comenzo o vindeiro mes de outubro. Para que as actividades se poidan levar a cabo, deberán estar anotados un mínimo de 8 nen@s en cada actividade.
venres, 13 de setembro de 2013
xoves, 12 de setembro de 2013
COTA ANPA 2013
Labels:
Anpa A Rua,
Cota
Ningún comentario:
Informamos a tódolos pais e nais que queiran seguir sendo soci@s ou iniciarse como soci@s da A.N.P.A este curso 2013/2014, que o importe da cota anual é de 15€ por familia, e que a forma de pago farase mediante ingreso bancario nunha oficina de Caixanova, no seguinte nº de conta: 2080 5079 83 3040001135.
No ingreso porase en concepto COTA ANPA, NOME DO NENO E O CURSO.
martes, 10 de setembro de 2013
SUBVENCION COMEDORES
Labels:
Comedor,
Solicitude Axudas
Ningún comentario:
AMPLÍASE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE AXUDAS PARA O COMEDOR ESCOLAR ATA O VINDEIRO DIA 14 DE SETEMBRO
venres, 23 de agosto de 2013
COMEDOR ESCOLAR 2013/14
Labels:
Comedor,
Solicitude Axudas
Ningún comentario:
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR
Dende o 21 de agosto ábrese o prazo de solicitude de axudas do servizo de comedor escolar destinado a alumnos/as de infantil-2ªetapa e Educación Primaria dos Ceip Nazaret, Ceip do Hio, Ceip Espiñeira e Ceip A Rúa para o curso 2013-2014. As bases están expostas no Concello de Cangas,no Centro Municipal de Benestar Social e na páxina web do Concello. As solicitudes podense recoller no Centro Municipal de Benestar Social e deberanse entregar no Rexistro Xeral do Concello ata o 4 de setembro.
Para ver as bases pincha aquí
martes, 4 de xuño de 2013
CAMPAMENTO MAIA
IX XORNADAS INTERCULTURAIS
CAMPAMENTO MAIA
PARA NENOS E NENAS DE 4 A 10 ANOS
"Coñecendo os pobos, achegando culturas"
SABADO 8 DE XUÑO DE 2013
No CEIP Nazaret de 11:00 a 18:00h (3 €)
CAMPAMENTOS DE VERÁN NO CONCELLO DE CANGAS
Labels:
Campamentos
Ningún comentario:
Este ano a Federación colabora co concello de Cangas que fará os campamentos de día de verán no antigo colexio da retirosa. Organiza a Asociación Xirasol. O prazo de inscripcion é ata o 15 de xuño.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
