mércores, 2 de setembro de 2015

Como solicitar as axudas da Xunta de Galicia para comprar material escolar (curso 2015-16)

Ningún comentario:
O próximo mércores 2 de setembro e ata o 2 de outubro, comezará o prazo para que as familias poidan solicitar as axudas para a compra de material escolar. Trátase dun cheque de ata 50 euros destinado ás familias coas rendas máis baixas e que pretende beneficiar entre 60.000 e 70.000 familias galegas cuxa renda por membro da familia non supere os 5.400 euros.


A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, fletará autobuses para a Manifestación de mañá (03/09/15)

Ningún comentario:
Dende o Morrazo fletaranse 4 autobuses.

ÚLTIMAS PRAZAS: Reserve  súa nos teléfonos: 655082249 e 607681279 en Cangas, 669330376 no Hío e 661538656 e 687870864 en Moaña.
​​As Plataformas en Defensa da Sanidade Pública​ de Cangas e Moaña puxéronse​ ao servizo dos interesados en participar na marcha un autobús para facilitar o desprazamento a​ Vigo​ ( Praza España). A recollida será en torno ao Rectorado ao finalizar.
O autobús sairá ás 18:45 da Estación de Autobuses de Cangas e ás 19:00 parará na Praza de Abastos de Moaña. O horario de regreso establecerase no propio autobusús e o prezo por ida e volta será de 3 €.

luns, 24 de agosto de 2015

Destaques das "festas do cristo" deste ano 2015 (do 27/08 ao 6/09)

Ningún comentario:

"... un programa onde non faltará a música de todo tipo creada en Galicia, verbenas, pasarrúas ou as tradicionais atraccións. Como novidade, este ano haberá programación gratuita para os máis pequenos todos os días. As festas arrincará o xoves 27 con actividades para os máis pequenos no parque de Andrea pola mañá e pola tarde..."


venres, 21 de agosto de 2015

Manifestación o 3 de Septembro en Vigo contra os recortes do novo Hospital

Ningún comentario:
A ANPA informa que a plantilla de persoal do CHUVI ten convocada unha manifestación para o día 3 de Septembro ás 20 horas dende o H. Xeral  (rúa Pizarro), contra os recortes no novo Hospital. 

Segundo a "Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública": "Recórtanse drasticamente todas as áreas asistenciais do Novo Hospital de Vigo: As camas de hospitalización convencional redúcense nun 31,8%, os  Quirófanos nun 31,4%, o Servicio de Urxencias nun 55,5% menos,  as sas de Radioloxía nun 45,7% e desaparece proxectado Laboratorio Central".

Para estar informad@s recomendamos:

martes, 18 de agosto de 2015

Xornada de divertimento na Cidade da cultura en Santiago (22 de agosto de 11 da mañá a 21 horas)

Ningún comentario:
Cidade Imaxinaria á Cidade da Cultura en Santiago. Unha xornada para gozar en familia con viaxeiros equilibristas, bombeiros malabaristas, pallasos magos, principiantes de trapecistas e ata dj’s perruqueiros… 

O vindeiro 22 de agosto de 11 da mañá a 21 horas da tarde celébrase esta nova edición centrada na esencia do circo. Diferentes espectáculos combinados con divertidos xogos para todas as idades.

II concurso de fotolectura 2015 (Bibliotecas Municipais de Cangas)

Ningún comentario:
Do 15 de xullo ao 15 de setembro nas bibliotecas públicas de Cangas:

"O Concurso ten por obxecto reflexar mediante imaxes o mundo dos libros e da lectura en calquera das súas dimensións: humana, educativa, anecdótica, cultural, recreativa, familiar, social, etc. O premio d@ gañad@r será un cheque regalo por valor de 150€, para canxear en material bibliográfico e de oficina "

sábado, 15 de agosto de 2015

Axudas Comedor Escolar 2015/16

Ningún comentario:
O servizo de Benestar Social do Concello de Cangas abre o prazo de solicitudes de axudas de comedores escolares para o vindeiro curso 2015-2016. O prazo finaliza o mércores 26 de agosto. Para máis información podedes dirixirvos aos Servizos Sociais (Rúa Andalucía nº3). Teléfonos: 986392266/67

sábado, 25 de xullo de 2015

Obradoiros de verán no Museo Massó (O xoves 30 de xullo ás 12.00 h)

Ningún comentario:
Obradoiros de verán no Museo Massó, O xoves 30 de xullo ás 12 "O QUE O MAR NON QUERE". O que ti non queiras non o tires ó mar. Trae cousas atopadas na praia que o mar devolveu e as reciclaremos como monstro mariño.

Inscrición gratuíta:
Teléfono 986321838
museo.masso@xunta.es

Para nen@s de 5 a 14 anos

mércores, 8 de xullo de 2015

Obradoiro para nen@s de banda deseñada en Pontevedra

Ningún comentario:
9 de xullo, 11:00 na Biblioteca Pública de Pontevedra

O cómic é un tipo de linguaxe plástica á vez que literaria para narrar e transmitir os contidos dos distintos ámbitos da realidade obxectiva e subxectiva. Este obradoiro articúlase en canto á súa temática no aspecto creativo da BD, apostando por entender o funcionamento dos seus diferentes estilos, tendencias artísticas e narrativas.

Para nenos e nenas de 8 a 12 anos, os xoves 9, 16, 23 e 30 de xullo de 11:00 a 12:30 h

A inscrición para estes obradoiros é gratuíta e faise na biblioteca (hai que cubrir unha solicitude). Comeza o 15 de xuño (en horario de 09:00 a 20:30 h.)  e remata o completar as prazas. Límite de  3 solicitudes por persoa, adxudicadas por orden de chegada.

aquí a ligazón coa información...

mércores, 1 de xullo de 2015

"UN DÍA NO CIRCO" Obradoiro da mostra internacional de teatro Cómico e Festivo de Cangas o Sábado, 04 Xullo 2015 11:30

Ningún comentario:
"Un día no circo está deseñado para o achegamento lúdico das técnicas circenses a nenas e nenos de 6 a 11 anos. Nesta experiencia poderán practicar equilibrios, malabares e acrobacias dun xeito dinámico e divertido. Este obradoiro, ademais de permitir que os alumnos aprendan as diferentes técnicas do circo vailles servir, tamén, grazas á expresión corporal, para mellorar a súa autoestima, o traballo da cooperación, a sensibilidade, o desenvolvemento da creatividade e da constancia nas diferentes tarefas, a autosuperación,... En definitiva, preténdese que o mundo do circo serva para favorecer o crecemento do alumno como persoa"

DATAS E DURACIÓN: Sábado 4 de xullo
HORARIO: Pola mañá de 11.30 a 14.00h
LUGAR: Alameda Vella de Cangas
PRAZAS: MÁXIMO 20 prazas. 
PREZO: 10€. As socias de ADICAM están exentas de pago grazas ao patrocinio de Frigoríficos del Morrazo.
INSCRICIÓN: Do 5 ao 16 de xuño. Para facer efectiva a inscrición é necesario enviar o formulario de inscrición debidamente cuberto ao correo electrónico mostra@mostrateatrocangas.org. Tamén se poderá presentar no Audutorio Municipal de Cangas, na Avda de Lugo s/n, de 10 a 13.30h.
SELECCIÓN: A selección realizarase por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia as socias de ADICAM. A organización comunicará a listaxe de participantes o xoves 18 de xuño.