venres, 12 de abril de 2019

Tecendo fíos

Ningún comentario:
                                   TECENDO FIOS

Exposición Artística dos alumnos e alumnas de Educación infantildo colexio CEIP "A RÚA"

Datas:

Dende o 11 de Abril ata o 28 de Abril

Lugar:

Sala de exposicións "Ángel Botello"


Casa da cultura

domingo, 7 de abril de 2019

Bosquinenos en Primaveira

Ningún comentario:
Xa está aberto o prazo de inscricións para as actividades dos bosquinenos.


https://www.alados.es/bosquinenos

https://www.facebook.com/aladosmedioamb

Festa Miudiña.

Ningún comentario:

O próximo 21 de Abril no Monte dos Pozos (Vigo) terá lugar a 2ª Festa Miudiña, con moitas actividades para toda a familia. Animádevos.



Menú Mes de Abril

Ningún comentario:

martes, 19 de marzo de 2019

Charla informativa Servizo de comedor

Ningún comentario:
                 Boas tardes familias, este mércores día 20 ás 18:30h terá lugar  unha reunión informativa do servizo do comedor.

O comedor é responsabilidade do Concello e as ANPAS teñen a labor de supervisar o servizo.

                 Asistirán responsables do concello que falarán da situación actual do servizo, a inmediata licitación para o vindeiro curso, número de prazas, prezos do menú... , representantes da ANPA que explicarán os controis que estamos levando a cabo... controis de temperaturas, calidade do menú, organización dentro do comedor... , a dirección do colexio e as monitoras do comedor.

                 O responsable de velar polo correcto funcionamento do comedor é o consello escolar, por este motivo, aprobáronse unhas normas de convivencia para este curso 2018/2019. Enviamos documento para o voso coñecemento e tamén hai unha copia na entrada do colexio para consultar.

 Se eres usuaria/o ou se podes chegar a selo, achégate!!!

 https://www.dropbox.com/s/6ubgcreejtkznnp/Normas_convivencia_Aprobadas.20190318123842.pdf?dl=0



Saúdos

ANPA A RÚA

luns, 11 de marzo de 2019

CROSS ESCOLAR CEIP A RÚA

Ningún comentario:
Aqui vos deixamos o cartel e toda a información sobre o cross do noso cole que terá lugar o próximo domingo 17 de Marzo












Menú Marzo

Ningún comentario:




sábado, 2 de marzo de 2019

Entroido Cangas

Ningún comentario:




Aqui vos deixamos o cartel e a programacion do entroido da nosa vila.

un saúdo








domingo, 23 de decembro de 2018

Adornos Navideños Rúa SOL

Ningún comentario:


Aqui vos deixamos unhas fotos de cómo quedou a rúa Sol cos adornos que fixeron os nenos os profes e o ANPA do noso cole!!!!!!
Felices Festas!!
 E lembramosvos que índa queda a nosa carroza!!! Non a perdades o día 5 na cabalgata de REIS.






martes, 18 de decembro de 2018

Mercadillo Do Nadal

Ningún comentario:
O vindeiro sábado día 22 de Decembro terá lugar o 5º Mercadillo Solidario organizado pola Escola Infantil caracol . Será de 10H ata as 15H na plaza do eirado do sinal.
 Se pide a colaboración de todas as persoas que poidan:

- Donando xoguetes en bó estado e con pilas aqueles xoguetes que o precisen

-Donando libros, contos...

- Facendo aportacións económicas as empresas que así o crean oportuno ( a cambio de saír na carteleira e flyers do evento), ou a través de bonos-regalo para sortear no mesmo día do mercadillo.

Todo o recadado irá destinado á asociación BICOS DE PAPEL de Vigo, que acompañaa familias e nenos enfermos de cáncer ingresados no Hospital álvaro Cunqueiro.



sábado, 8 de decembro de 2018

Adornos Navideños e carroza de Reis

Ningún comentario:
OLA familias!!!
Seguimos traballando na decoración do Nadal e da elaboracion da carroza!!
Vos recordamos que mañá domingo a partires das 11h da mañá quedaremos no cole para continuar coa carroza para a cabalgata dos reis. xa queda moi pouco pra rematala, pero seguimos precisando a vosa axuda.
Tamén precisamos un sitio para poder montar a carroza, e deixala ata o día da cabalgata. No noso cole non podemos porque non temos unha entrada para as dimensión que ten a  nosa carroza.(2,5m de alto e 5mde largo e 2,5m de ancho) Se alguén dispón dalgún local, garaxe etcc porfavor poñerse en contacto con nós.

Tamén vos recordamos que ó longo desta semá quedaremos para rematar os adornos do Nadal que adornarán unha rúa de Cangas.

esperamos a vosa colaboración
 Un saúdo





XII CONCURSO POSTAIS CONCELLO DE CANGAS

Ningún comentario:



 Xa deu comezo o "XII concurso de postais de Nadal" que cada ano organizan as bibliotecas do noso concello.
Está dirixido para nenas e nenos de entre 3 a 15 anos, e a temática xira en torno ó Nadal e a lectura.
a data última pra presentar as postais é o 21 de decembro.
Pra máis información deixamosvos o enlace do concello



 



 ENLACE

https://cangas.gal/portal-cidadan/evento/gl/476