venres, 28 de novembro de 2014

Outro premio para o noso cole!!!

Ningún comentario:
Parabéns para o profesorado e ao grupo de 6º de primaria do ano pasado (2013/2014) polo premio conseguido co traballo "VIAXE POLO UNIVERSO".

O noso foi un dos centros que resultaron gañadores no primeiro Concurso de "Traballos por Proxectos", convocado pola Dirección Xeral de Centros e RRHH (da Xunta de Galicia), no contexto do "Plan LÍA" de bibliotecas escolares (Lectura, Información, Aprendizaxe) para experiencias levadas a cabo durante o curso 2013/2014.

Festival benéfico organizado por Cáritas (Sábado, 29 de novembro)

Ningún comentario:
O Auditorio municipal de Cangas acolle o sábado 29 un festival benéfico organizado por Cáritas co obxectivo de recadar fondos para axudar ás persoas e familias con menos recursos. A cita será ás 21.00 horas e polo escenario pasarán a sección xuvenil da banda de música Belas Artes, o grupo de danzas Soavela de la Asociación Cultural San Andrés do Hío, Coral Lestonnac, Asociación Mulleres de Moaña, Boombox-Escuela Urbana, escola Cha, Chá, Chá e Carlota e Xesús.

FESTIVAL SOLIDARIO ESCOLA DE DANZA MAITE QUIÑONES (28/11)

Ningún comentario:
A escola de danza Maite Quiñones organiza o venres día 28 un festival benéfico no que todos os fondos se destinarán a "Entre Culturas", unha organización que traballa no ámbito da educación e a infancia e que agora ten un novo proxecto para desenvolver na república do Chad, na África central. O evento será ás 20.00 horas no Auditorio de Cangas, cun programa variado e a entrada custa 2 euros.

martes, 25 de novembro de 2014

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR (martes 25 de 16:30 a 19:00)

Ningún comentario:
O martes 25 de novembro de 2014, de 16:30 h. a 19:00 h. na  Biblioteca, celebraranse as eleccións ao Consello Escolar do colexio.

Candidaturas presentadas:

• Dona Patricia Barreiro Priego, nai de Sarai (5º).
• Dona Patricia Canabal Rodríguez, nai de Jana (3º) e Elia (5º).
• Dona Eva Cordeiro Pereira, nai de Elena (4 anos)
• Don José Ángel González González, nai de Anxo (5º)
• Don Sergio Alexandre Nunes García, pai de Anxélica (5 anos) e Alexandre (3º).
• Dona Belén María Puime Montero, nai de Alía (4 anos).

Animádevos a participar!

XLI TROFEO DE PEDESTRISMO (7/12/14)

Ningún comentario:
O Club Atletismo Vila de Cangas, co patrocinio do Ilmo. Concello de Cangas, a Fundación Cangas Deporte e a Deputación de Pontevedra, organizan o XLI TROFEO DE PEDESTRISMO - Memorial Pepe Cordeiro, que terá lugar o domingo, día 7 de decembro de 2014. 

martes, 18 de novembro de 2014

Concerto-obradoiro infantil “Brinca vai de aquí a acolá!” en Cangas

Ningún comentario:
A Concellería de Cultura do Ilmo. Concello de Cangas xunto coa Rede de Dinamización Lingüística, da Consellería de Cultura , Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, presentan en Cangas o concerto-obradoiro infantil “Brinca vai de aquí a acolá!”, a sexta proposta de lecer en galego coa que o programa FalaRedes, pechará a edición de 2014 facendo as delicias dos nenos e nenas de 25 concellos. Esta actuación realizarase o venres 21 de novembro as 18:00 horas no Auditorio Municipal de Cangas con entrada gratuíta. https://db.tt/GfpxvkbV

xoves, 13 de novembro de 2014

Escritos enviados á Consellaría de Xefatura Territorial

Ningún comentario:
Como anteriormente non se enviara. Axúntase o escrito que se enviou inicialmente ao consello escolar coa proposta que saíu da reunión do 16 de setembro presentada por Xoán Xosé e Serxio. Adxúntase tamén o escrito que se decidiu na reunión de onte a enviar á Consellaría de Xefatura Territorial, que non é máis que o mesmo escrito de Xoán Xosé e Serxio, pero ampliado. Achegaráselle ás asociacións de veciños para que a lean e nos comuniquen se están de acordo ou non, e así asinala e enviala.
Saúdos
https://db.tt/bIZoErJw
https://db.tt/aHDFsUbl

Actividades Nadal 2004-05 do Concellos de Cangas

Ningún comentario:
Achegamos as bases dos distintos certames e actividades propostas dende a Concellería de Cultura e Xuventude para este NADAL 2014/15, das que se informou onte na reunión e un par de propostas mais. Podedes atopar a información tamén do bloge aquí: "bases para carrozas 2015"; "bases para Beléns"; "bases para decoración de rúas"; "actividade para o 23 de decembro" e "decoración de rúas por escolares".

mércores, 5 de novembro de 2014

Menú do mes de Novembro

Ningún comentario:
Aquí tedes a ligazón onde se presenta a menú proposto para este mes de novembro. O "menú especial magosto" está incluído.

Menú especial magosto

Ningún comentario:
Infórmannos dende o catering que a raíz da reunión mantida a semana pasada e para que non se repitan os menús os mesmos dias, aproveitaran a festividade de San Martiño, para introducir un menú especial magosto, que será o seguinte:
Crema de cabaza, Cocido e Biscoito de castañas

luns, 3 de novembro de 2014