mércores, 30 de setembro de 2015
Obras e Servizos retira escombros del entorno de A Rúa, aunque carece de medios (Faro de Vigo 30/09/15)
Labels:
Prensa,
Reformas
Ningún comentario:
..."El personal de Obras e Servizos de Cangas lleva tiempo retirando escombros acumulados en las instalaciones de Granxa da Rúa, aunque los trabajos van más lentos de lo que el gobierno tripartito desea porque "carece de medios humanos e materiais suficientes", explica la concejala Mercedes Giráldez, que asegura que, a pesar de estas carencias que atribuye a las bajas médicas y a la "falta de previsión" y el "desmantelamento" de la brigada por el PP, los trabajos se están realizando desde antes de que los populares lo denunciaran publicamente a través de sus concejales Jesús Graña y Francisco Soliño"...Publicados os listados completos de alumnos das escolas deportivas municipais
Xa están dispoñibles os listados completos de alumnos das escolas deportivas municipais según o deporte seleccionado. Aquí a ligazón co listado completo, e aquí as ligazóns cos listados relacionados co noso cole:- ATLETISMO: LISTADO COMPLETO (PDF)
- BALONCESTO:LISTADO COMPLETO (PDF)
- CICLISMO: LISTADO COMPLETO (PDF)
- PATINAXE: LISTADO PARA A RÚA (PDF)
- PIRAGÜISMO: LISTADO COMPLETO (PDF)
- PSICOMOTRICIDADE: LISTADO COMPLETO (PDF)
- TAEKWONDO: LISTADO PARA A RÚA PDF)
- VELA: LISTADO COMPLETO (PDF)
- XADREZ : LISTADO COMPLETO (PDF)
- XIMNASIA: LISTADO PARA A RÚA(PDF)
venres, 25 de setembro de 2015
ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL na que se tratóu o tema dos COMEDORES dos Coles de Cangas (10/08/15)
Labels:
Comedor,
Concello de Cangas
Ningún comentario:
A modo de información aquí tedes para descargar a "ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL REALIZADA O DÍA 10 DE AGOSTO DE 2015"
"LUGAR: Sala de Xuntas do Concello de Cangas
DÍA: 10 de agosto de 2015
HORA DE COMEZO: 20:45 h.
HORA DE REMATE: 21:10 h."
Na proposta 6ª tedes o punto de interese relacionado cos comedores escolares:
"SERVIZOS SOCIAIS, IGUALDADE E SANIDADE-ENSINO E DEPORTE
6º.- PROPOSTA DAS CONCELLERÍAS DE SERVIZOS SOCIAIS, IGUALDADE E SANIDADE-ENSINO E DEPORTE S/APROBACIÓN DE EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DE SERVIZO DE CATERING DE COMEDORES ESCOLARES PARA OS CENTROS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA DO CONCELLO DE CANGAS"
Convocatoria Xeral Ordinaria

Convócase Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación a celebrar o vindeiro martes dia 29 de setembro do 2015 na biblioteca do centro ás 18:45 horas, e en segunda convocatoria ás 19:00 horas.
ORDE DO DIA:
- Lectura e aprobación, se procede da acta anterior.
- Lectura e aprobación de contas
- Anpa, presentación. Para que sirve a Anpa.
- Comedor Escolar
- Aplicación Tokapp, medios de comunicación.
- Actividades extraescolares.
- Proxecto Muro, 25 aniversario.
- Visita do Concellal de Educación ao centro.
- Preguntas e suxestión.
xoves, 24 de setembro de 2015
Aviso: remata o prazo de inscrición nas actividades do ANPA
martes, 22 de setembro de 2015
"Ensino y Policía Local inician en A Rúa una serie de visitas a los colegios de Cangas" (Faro de Vigo 22/09/15)
Labels:
Anpa A Rua,
CEIP a Rua,
Prensa
Ningún comentario:
..."El titular de la Concellería de Ensino, Xoán Chillón, y responsables de la Policía Local de Cangas iniciaron ayer una serie de visitas por los centros educativos del municipio para conocer de primera mano las necesidades de los colegios"...
...Escombros no Parking, sinalizacións, desbrozar, e outras accións pedidas e pendentes...
venres, 18 de setembro de 2015
III Festival das Núbebes en Pontevedra (do 18 ata o 27 deste mes)
Labels:
Recomendacións
Ningún comentario:
Na súa terceira edición, o Teatro Principal será de novo un dos espazos onde se leve a cabo o Festival das Núbebes, de artes escénicas para bebés e familia. A Casa das Campás, a Casa Azul ou a Praza do Teucro serán outros dos emprazamentos. Recomendamos consultar o programa que podedes descargar en PDF neste enlace https://goo.gl/wtYM7W para coñecer os horarios, prezos e particularidades de cada actividade, xa que habéra para público infantil e familiar e para profesionais.
Os días 18, 19, 20 e 25, 26 e 27 de setembro, o festival encherá de actividades diferentes lugares da cidade de Pontevedra. O obxectivo é fermoso e sinxelo: ser o punto de encontro no que os nenos e nenas, pais e nais, avos/as... poidan aprender xuntos, compartir experiencias e gozar dun tempo de lecer en familia.
Serán dúas intensas fins de semana cheíñas de cousas bonitas pensadas especialmente para bebés de 0 a 6 anos; teatro, danza, música, obradoiros, contacontos...
martes, 15 de setembro de 2015
Calendario aproximado das actividades ofertadas (2015-16)
Por favor, tede en conta que estes horarios son orientativos, poderá haber algunha modificación en función do número de nen@s anotados ou necesidades organizativas da ANPA.
Actividades extraescolares 2015/16 calendario e propostas...
Aquí tedes nosa proposta de Actividades Extraescolares para este curso (2015-16) que completan as xa publicadas pola Fundación Cangas Deporte. Como veredes, tamén ofertamos algunhas pensando nos país e nais... animádevos!!!!:- AULA MATINAL. Actividade que permite conciliar a vida familiar e laboral, ofrecendo un servizo de recollida dos nen@s dende as 08:00h, e ata o inicio das clases.
- TALLER LÚDICO EN INGLÉS: Clases faladas coas que se pretende que @s nen@s aprendan o idioma naturalmente. Haberá dous grupos no mesmo horario, un para infantil e outro para primaria.
- TEATRO E EXPRESIÓN CORPORAL: Esta actividade permítelle aos nen@s manifestar a súa capacidade creadora e imaxinativa, axudándolle a dominar a expresión corporal e oral, a linguaxe en público, etc.
- LINGUAXE DE SIGNOS: Taller moi dinámico onde a través da interpretación e xogos fan un recorrido por todas as letras neste linguaxe.
- OBRADOIRO MUSICAL (Pandereta/Gaita). A cargo de Tromentelo,
- OBRADOIRO DE ESCRITURA. Iniciación á escritura centrada no desenvolvemento da creatividade, experimentación literaria e o pracer de escribir.
- TALLER LÚDICO ALEMÁN. Xogos e cancións en lingua alemán, onde se iniciaran neste idioma dun xeito lúdico.
- DIVERCIENCIA. Taller moi dinámico onde os nen@s se transformarán en científicos a través do xogo.
- BAILES LATINOS. A cargo da escola Chachachá. Tamén se oferta CLASES PARA ADULTOS, (pais e nais dos alumnos do cole), cun desconto especial para os socios da Anpa (para máis información ESCOLA CHACHACHÁ)
- BALONMÁN: De 6 a 12 anos. GRATUITA. Actividade deportiva Subvencionada pola Deputación de Pontevedra.
- ZUMBA ADULTOS. Actividade deportiva con moito ritmo a través do baile e música.
domingo, 13 de setembro de 2015
PROGRAMA DEPORTIVO ESCOLAR da Fundación Cangas Deporte - Curso 2015/16
RECOLLIDA INSCRIPCIÓNS
O prazo de recollida de inscricións rematará o venres, día 25 de setembro de 2015 (ás 14.00 h). As inscricións deberán formalizarse nas oficinas da Fundación Cangas Deporte, sitas na Casa da Xuventude de Cangas, de luns a venres, en horario de 09.00/14.00 h.
PAGO ACTIVIDADE
Realizarase o pago íntegro no momento de realiza-la inscripción do neno/a
IMPORTANTE
Algunhas das actividades ofertadas teñen as PRAZAS LIMITADAS
VACACIÓNS
Informarlles tamén que os períodos vacacionais deste programa se axustan os propios dos centros escolares: Vacacións de Nadal, Carnaval e Semana Santa, así como tamén as festividades locais, autonómicas, nacionais e propias do centro escolar.
Para máis información: 986 392 166 / fundacion@cangasdeporte.com
Fai CLIC AQUI para obter as FOLLAS DE INSCRIPCIÓN
Aquí tedes a ligazón das actividades que se impartirán no noso centro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

