martes, 4 de decembro de 2018
luns, 3 de decembro de 2018
IV CONCURSO DE POSTAIS NAVIERA NABIA
Labels:
Concursos
Ningún comentario:
Ola de novo Piratas !!!
Como dicta a tradición, lanzamos o noso "IV Concurso de Postais"
Tedes as regras para participar.
E agora, si, aquí está o formulario de rexistro. Lembrade que tedes que seguir todos os pasos.
Unha vez recibidos os formularios de inscrición, volo confirmaremos a través deste correo electrónico.
Agardamos todas as tarxetas postais !!
Preparados, listos a debuxar !!!!!!! pd. aproveitamos para lembrarvos as viaxes que temos para escolares, apurade, reserva a túa viaxe e non vos quededes sen praza.
Regras para participar:
Formulario Rexistro:
ENREDOS DE NADAL
https://cangas.gal/portal-cidadan/noticia/gl/461

O
Concello de Cangas a través das Concellarías de Ensino e Deportes,
Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, e Xuventude e Voluntariado
organiza o programa “ENREDOS
DE NADAL 2018”, que ten coma obxectivos principais:
-
Fomentar a igualdade de oportunidades
-
Crear un lugar de encontro entre rapaces e rapazas.
-
Potenciar un modelo de sostenibilidade social.
-
Promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral da cidadanía.
-
Xerar unha rede de servizos sociocomunitarios diversos e flexibles.
-
Desenvolver actividades para nenos e nenas fóra do horario escolar, en períodos vacacionais, tendo en conta a perspectiva de xénero.
Dirixido
a: Nenos/as de 4 a 12
anos .
-
Grupo de 4-6 anos
-
Grupo 7-10 anos
-
Grupo 11-12 anos
Datas:
-
1ª quenda: 26/27/28
-
2ª quenda: 31/2/3/4
-
Actividade completa: 26/27/28 decembro e 31/2/3/4 de xaneiro
Horarios:
Actividades
9:00 – 14:00
Actividades
a desenvolver:
Talleres,
xogos cooperativos,dinámicas de grupo, comedor.
Lugares:
CEIP Nazaret // CEIP Espiñeira (se xuntamos un número para
facer grupo)
Prezo:
Actividades de mañá: 5 €/día
Inscrición
: ata o mércores 12 de
decembro
Información
e inscrición: Casa da
Xuventude Rúa Real 29, teléfono 986392171
A NOTA:
A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade porá a
disposición dos veciños/as
de Cangas axudas para uunidades familiares que por escasez de
recursos económicos non poden afrontar o custo das actividades de
verán. Para máis información dirixirse a Centro Municipal de
Benestar Social- 986392266
martes, 20 de novembro de 2018
mércores, 14 de novembro de 2018
luns, 12 de novembro de 2018
martes, 6 de novembro de 2018
II Romaría MAGOSTO NA RÚA
Labels:
Avisos,
CEIP a Rua
Ningún comentario:
O noso cole está a organizar a II Romaría Magosto de CEIP A Rúa, será o próximo día 12 de Novembro. O cole solicita a nosa participación.
a Idea é facer unha romaría tradicional, coa castaña, os productos de outono e a música galega coma protagonistas. Hai previstas varias actividades coa intención de que os nenos e nenas vaian pasando por todas. Podedes colaborar de diversas formas:
2- Obradoiros de oficios e artesanías tradicionais
3- Obradoiro de manualidades con castañas e landras
4- Obradoiros que vós propoñades e que teña coa temática do Magosto
En función das vosas propostas, elaborarase o programa das actividades e poranse en contacto con vós para organizalo.

- Axudando a asar castañas
- organizando xogos populares
- aportando o voso talento como músicos de música tradicional galega
- elaborando doces típicos do outono para compartir entre todos
- Participando nalgún dos obradoiros seguintes
2- Obradoiros de oficios e artesanías tradicionais
3- Obradoiro de manualidades con castañas e landras
4- Obradoiros que vós propoñades e que teña coa temática do Magosto
En función das vosas propostas, elaborarase o programa das actividades e poranse en contacto con vós para organizalo.
venres, 26 de outubro de 2018
Video
Aqui vos deixamos outro video, esta vez do spicólogo Alberto Soler.
https://youtu.be/OkHgtFmxyfE?t=1663
luns, 22 de outubro de 2018
II FESTA DE OUTONO
Labels:
Anpa A Rua,
Avisos
Ningún comentario:
Os colectivos
socio-culturais de Coiro organizan un Magosto Popular
Será o vindeiro sábado 27 de outubro seguindo este programa:
- 10:00 horas: Saída do Colexio da Retirosa para percorrer os Montes e a Fraga de Coiro para recoller castañas e cogumelos.
Regreso a 13:30 horas (recoméndase levar roupa e calzado cómodo para camiñar).
- 14:00 horas: Comida e magosto popular no entorno do colexio. (cada un deberá levar a súa comida).Haberá castañas e chourizos asados, e espazo para que todos e todas cantedes, toquedes e bailedes ao ritmo da música tradicional.
¡Anotade a data nas vosas axendas!
Aqui vos deixamos o cartel:

venres, 19 de outubro de 2018
Feira Ecoartesá Moaña: Uxía lambona e a Banda Molona

Este domingo 21 de outubro na feira Ecoartesá de moaña, estará "Uxía Lambona e a banda Molona", ás 18:30 no palco da música.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)