O Equipo Directivo e a A.N.P.A. do CE.I.P. A Rúa conxuntamente estamos a organizar un día de convivencia para toda a comunidade do centro, que terá lugar o vindeiro sábado 17 de abril e consistirá en facer unha ruta de sendeirismo seguindo o curso do río Xabriña, situado no concello de Covelo.
O Clube de Atletismo Vila de Cangas, organiza as XVI Xornadas de Atletismo Base, que terán lugar o vindeiro venres 9 de abril nas pistas municipais de atletismo, como a informacion chegounos moi tarde, os que queiran asistir as xornadas poderán facelo o mesmo día media hora antes da proba.
Onte día 30 de marzo, tiña cita con valedor do pobo ás 10:30h da mañá a "Plataforma galega pola gratuidade", á cal asistiu unha pequena representación da mesma con membros do Barbanza, Ourense, Vigo e O Morrazo.
Presentamos e deixamos alí 22.850 firmas, recollidas ata agora. Tamén tivemos a oportunidade de reunirnos con Valedor e explicarlle cal é a nosa postura e por qué defendemos a gratuidade dos libros de texto polo sistema de préstamo.
Decirvos que se seguen recollendo sinaturas, se alguén ten e as quere enviar a seguinte dirección:
Apartado de correos 70
Pobra do Caramiñal
Aquí mais abaixo deixovos algúns titulares sobre este encontro:
Como ven di Ana no enlace do blog do Ceip A Rúa sobre o noso 1º Cross, case 400 participantes, pois nada mais e nada menos que 375 inscrit@s.
Amaneceu un día estupendo, a organización estabamos moi animados como podedes ver, e ás 9:00h xa tiñamos case todo (menos os bocatas je, je que susto!!) preparado...
(Falta Patri que está sacando a foto, podedes mirar a súa sombra.)
e rematou igual.
Deixovos coa entrada publicada no blog do cole, que na miña opinión descrive a nosa 1ª experiencia a perfección, gracias Ana :-)
Este domingo, ás 7:30 da mañá pais e nais da ANPA chegaban ó colexio ilusionados/as pola iniciativa de levar a cabo o 1º cross do CEIP A Rúa pero, á vez, coa tensión de que todo saíse á perfección.
Houbo unha grande afluencia de público, que queremos agradecer dende aquí. Nenos/as de todas as idades dos diferentes centros do Morrazo, pais, nais, avós/avoas , exalumnos/as...
Participaron case 400 atletas.
Climatoloxicamente, o día presentaba a súa mellor cara, lucía un sol radiante que, desgraciadamente, os eucaliptos ocultaban nalgúns tramos do percorrido.
Foi fantástico ver as caras de felicidade dos cativos/as correndo e recibindo as medallas!!
Contamos co mellor reporteiro, alma de toda a festa deportiva!!
Carlos, grazas por ser como es!! :-)
Na modalidade de adultos participaron máis de 30 persoas: pais, nais, exalumnos...
A organización, impecable!! O cross foi áxil, animado, divertido... unha gozada!!
Dende aquí, queremos darlle as grazas á ANPA, a tódolos pais e nais que colaboraron, á Fundación Cangas Deporte, ó Clube de Atletismo Vila de Cangas, a Calvar (Director Técnico Deportivo), á Deputación, a Protección Civil, ó Concello e a todas as empresas que contribuíron dunha forma ou outra para que este cross fose posible.
Finalmente, salientar a colaboración e participación no cross de Adrián e Nerea, dous exalumnos dos que estamos superorgullosos/as.
Por certo, para o cross do vindeiro ano, igual hai unha sorpresa para os exalumnos/as!! Estade atentos/as!!
De hoxe nun ano, máis e (aínda que vai ser difícil) mellor!!
Parabéns a todos os nosos e as nosas atletas
e a seguir correndo "cun pé aquí e outro acolá"!!
CLASIFICACIÓNS
Deixovos ademáis cunha pequena recopilación de fotos estupendísima que nos fixo a nosa outra reporteira, moitas gracias Carolina:-)
A Asociación de Nais e Pais do Ceip A Rúa, coa colaboración do Clube de Atletismo Vila de Cangas e o propio centro, pon no seu coñecemento que o vindeiro día 14 de marzo, a partir das 10:30 horas da mañá, celebrarase o noso I Cross Escolar.
XI PREMIO DE RELATOS CURTOS E CONTOS “XAQUINA TRILLO”
Está destinado a fomentar a escritura e lectura en galego entre @s moz@s. Convócase entre estudiantes de ata dezaoito anos dos Institutos de Ensinanza Secundaria e os Centros de Ensinanza Infantil e Primaria. Establecéndose dúas categorías por idades.
O fallo do premio correspóndelle ao Xurado, composto por intelectuais galegos de recoñecido prestixio e farase público o Día das Letras Galegas en Vilagarcía de Arousa.
Tíralle da lingua é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, co obxectivo de normalizar o uso oral da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias...de lingua de uso do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde.
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra chega de novo á cidade para facernos gozar da literatura e o amplo universo que a rodea.
O Salón do Libro está pensado para o goce compartido. Nenos e adultos que se divirten e descobren xuntos o mundo dos libros. Por iso preparamos un amplo programa de actividades para toda a familia. Para os máis cativos e tamén para os maiores..
Con esta nova atopamonos onte, o Sr. Vázquez reúnese cos libreiros, pero nin por asomo se lle ocorre reunirse cos pais e nais afectados por este tema ou profesores, por qué será??? Será porque os libreiros son os unicos beneficiados?... Porque non se preocupan das familias que aínda non cobraron o cheque?, o prazo de 6 meses para dar as resolucións remata o 30 de marzo